Actualidad y noticias

25/05/2016
ENTREGA DOS PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

Hoxe 25 de maio celebrouse en Santiago o acto de entrega da IV edición dos premios á innovación educativa “Escola Viva”, convocados por FETE-UGT Galicia e Escola Viva. O proxecto “Kale/Kela: Al son de las ciencias y las letras. Arte inclusiva”, do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín recibiu o primeiro premio.

O acto foi presentado polo secretario xeral de FETE-UGT Galicia e presidente da Asociación Escola Viva, Raúl Gómez Farto, quen fixo un pequeno percorrido pola historia de Escola Viva, un movemento educativo que naceu no ano 1993. Estes premios teñen o obxectivo de recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado. En total presentáronse 42 traballos de centros de toda Galicia e o xurado outorgou dous premios e cinco accesits.O xurado destacou o magnífico nivel dos proxectos e anima aos docentes a seguir nesa liña de traballo. Precisamente un dos obxectivos deste premio, que pretende continuar no tempo, é incentivar e recoñecer o gran traballo do colectivo docente.

O primeiro premio, que foi para IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, ten unha contía de 2.000 euros, mentres que o segundo premio (1.000 euros) foi para o traballo “Escola deportiva a tempo” dos profesores José Ignacio Salgado López e Manuel Axeitos Pérez do  IES Leliadoura (Frións, Ribeira)

PREMIOS:

1º premio: Para o proxecto “Kale/Kela: Al son de las ciencias y las letras. Arte inclusiva”, do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín.

 

2º premio: Para o traballo “Escola deportiva a tempo” dos profesores José Ignacio Salgado López e Manuel Axeitos Pérez do  IES Leliadoura (Frións, Ribeira)

 

Ademais, o xurado concedeu as seguintes mencións:

1ª MENCIÓN HONORÍFICA:

“Descubrindo o noso máxico patrimonio natural”, do CPI de Castroverde (Lugo). María José García García.

 

2ª MENCIÓN HONORÍFICA:

“Dixitalizamos Tui”, do CEIP Plurilingüe nº1 de  Tui.

Nuria Garabal González

 

3ª MENCIÓN HONORÍFICA:

“O fomento da convivencia escolar a través da producción dun film: A mosenda”, do CEIP Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives)

María Lamelas Fernández

Jennifer Fernández Rodríguez

 

4ª MENCIÓN HONORÍFICA:

“Arte e xogo feminino ao longo da historia”, do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).

 

5ª MENCIÓN HONORÍFICA:

“A miña escola, a miña familia”, do CEIP Plurilingüe San Xoán Filgueira (Ferrol)

María Amparo López Romalde

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia