Actualidad y noticias

12/05/2016
PARA FETE-UGT GALICIA, O ALTO ABSENTISMO NA REVALIDA DE 6º DE PRIMARIA AMOSA O REXEITAMENTO Á LOMCE

FETE-UGT Galicia afirma que o alto absentismo do alumnado galego na proba de 6º de Primaria amosa “o rexeitamento da sociedade á LOMCE”. Esta é a valoración que fai o noso sindicato despois da celebración desta proba, á que sempre amosamos a nosa total oposición, despois de coñecer os datos de absentismo do alumnado, superior ao 67%.

 

Por todos é ben coñecida a total oposición de FTE-UGT Galicia á LOMCE por ser unha lei non consensuada coa comunidade educativa e imposta pola administración a pesar da firme oposición de todos os implicados (profesorado, pais e nais e alumnado). E un dos aspectos que denunciabamos de forma rotunda eran as reválidas xa que consideramos que “non aporta nada ao proceso formativo, supón un desprezo ao profesorado e son a antítese da formación continúa”.

 

A resposta do alumnado á reválida de 6º de Primaria ven a confirmar o que levamos anos denunciando: Que a LOMCE é unha lei imposta e non consensuada e que ese non é o camiño polo que debe avanzar á política educativa. Segundo os datos que barallamos e que foron recollidos nos propios centros educativos polas Anpas das catro provincias galegas integradas na CONFAPA, o absentismo do alumnado galego na proba de revalida de 6º de Primaria foi do 67,2%.

 

Este dato ven reafirmar a oposición da comunidade educativa a estas reválidas (os próximos días 24 e 25 deste mes celebraranse as probas de 3º de Primaria) e á LOMCE na súa totalidade, polo que reiteramos dende FETE-UGT unha vez máis á nosa esixencia de que se derrogue esta lei.

 


Documentos adxuntos a este artigo: np revalida  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia