Actualidad y noticias

06/04/2016
OBEDECER TODAS AS ORDES DA EMPRESA?

O Artigo 5 do Estatuto dos Traballadores, Deberes laborais, no apartado c establece que un deber básico do traballador é:
“Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas.”     
En case todos os convenios hai algún artigo que reforza isto. Por exemplo, no VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensino Privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, no seu Art 9, Organización do traballo, establécese que “A disciplina e organización do traballo é facultade específica do empresario e axustaranse ao previsto no Estatuto dos Traballadores e demais disposicións de ámbito laboral.”
Lóxicamente hai límites neste “poder” que se lle supón á empresa, pero, en principio, todas as ordes do empresario ou dirección, teñen a presunción de legalidade. O incumprimento destas ordes pode ter, como consecuencia, unha amonestación, sanción, ou, nos casos máis graves, un despido disciplinario.
E SE A ORDE É INXUSTA?
A recomendación é cumprir a orde emitida e posteriormente reclamar xudicialmente.
DEBEMOS CUMPRIR TODO TIPO DE ORDES?
Non, por suposto. A xustiza está xustificando algunhas desobediencias nalgúns supostos, sobre todo ante aquelas ordes que atenten contra a dignidade  ou contra a saúde e integridade física do traballador.
Lembremos que, no caso de sanción ou despido, o traballador dispón de 20 días hábiles para recurrir ante a xustiza esa decisión.


Documentos adxuntos a este artigo: Obedecer todas as ordes da empresa?  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia