Actualidad y noticias

07/03/2016
Certificado de delitos de natureza sexual

Para exercer profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores  é requisito  non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para acred¡talo debe presentarse un certificado que permita acreditar a carencia de delitos de natureza sexual ou, no seu caso, a existencia dos mesmos. 

 

O certificado de Delitos de Natureza Sexual, de carácter gratuito, expídese en cumprimento da normativa española e é válido únicamente en España.

 

Procedemento para solicitalo

Quen dispoña de certificado electrónico pode solicitalo a través da Sé Electrónica do Ministerio de Xustiza entrando na páxina web http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/tramites-gestiones-personales/certificado-delitos e pinchando en “Por internet”, debaixo do epígrafe  “Como solicitalo/presentalo” .

 

Forma presencial ou por correo postal

Na páxina web http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/tramites-gestiones-personales/certificado-delitos pode descargarse o modelo de solicitude  que se presentará debidamente cumprimentada na Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza sita na Coruña, debendo presentar o DNI (Rúa Emilia Pardo Bazán, 1, 1º;CP: 15071; Tfno: 981 246 231) 

Pode enviarse por correo ordinario adxuntando fotocopia compulsada do DNI, Tarxeta de Residencia, Pasaporte, Carné de conducir ou documento de identificación comunitario ou equivalente. 

Con posterioridade enviaráselle ao solicitante un sms cunha clave para descargar o certificado na páxina web.

 

Tramitación agrupada

As empresas ou organizacións cuxo ámbito de traballo implique o contacto habitual con menores poderán autorizar a un representante para tramitar de maneira agrupada todos os certificados do cadro de persoal da devandita empresa ou organización.

 

 

Para máis información consulta na mencionada páxina web ou infórmate nos tfnos 902 007 214 e 91 837 22 95 do Ministerio de Xustiza. Tamén podes poñerte en contacto connosco.

 


Documentos adxuntos a este artigo: Certficado de delitos de natureza sexual  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia