Actualidad y noticias

03/03/2016
Acumulación interanual da xornada na xubilación parcial

O Tribunal Supremo (TS) considera que a acumulación, por parte dun traballador relevado, da súa xornada reducida do 15% nos nove meses seguintes á celebración do contrato de substitución e á xubilación parcial, sen prestar servizos logo diso pero manténdose en alta na empresa, a cal continuou cotizando por el ata a data da súa xubilación total, nón é fraudulenta aínda que se trata dunha situación anómala

 

 

Esta cuestión parece que se resolveu na Sentenza do Tribunal Supremo (TS) de 19 de xaneiro de 2015, na que se analiza a validez da extinción dun contrato de substitución nun suposto no que o traballador relevado concentrou a súa xornada reducida do 15% nos nove meses seguintes á celebración do contrato de substitución e a xubilación parcial, sen prestar servizos logo diso pero manténdose en alta na empresa, a cal continuou cotizando por el ata a data da súa xubilación total.

 

A regulación legal da figura da xubilación parcial non dá resposta a esta situación, pois, a norma admite expresamente a acumulación anual da xornada, pero non di nada sobre a acumulación interanual.

 

O TS neste caso (confirmando o criterio sostido polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña en sentenza de 3 de outubro de 2013) dá validez á extinción do contrato de substitución unha vez alcanzada polo relevado a idade de xubilación ordinaria.

 

O TS considera que aínda que se trata dunha situación anómala (non é normal que o traballador concentre en 9 meses a súa xornada e logo pase todo o resto do tempo ata o momento da súa xubilación sen traballar) non é fraudulenta. 

Para alcanzar tal convicción o Tribunal Supremo parte do concepto propio de “xubilación”, segundo o cal consiste nunha situación de necesidade xerada pola ausencia de rendas salariais determinada polo cese no traballo por mor da idade e acompañada do cese nas cotizacións.

 

O Alto Tribunal conclúe no caso debatido que non pode entenderse que exista unha xubilación anticipada do traballador relevado porque continuou o cobro da retribución, o traballador relevado persistiu en alta na Seguridade Social e mantívose o ingreso das correspondentes cotizacións durante o período que media entre a xubilación parcial e a idade ordinaria de xubilación.

 

A resolución é relevante porque, pese a que tiña por obxecto analizar a validez e posterior cese do contrato do traballador relevista, descarta a existencia dunha fraude de lei derivada da práctica da acumulación interanual da xornada do xubilado parcial, aínda que cualifica esta práctica como un “suposto anómalo”.

 


Documentos adxuntos a este artigo: Acumulación interanual xornada en xubilación parcial  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia