Actualidad y noticias

03/03/2016
O contrato de obra e servizo

O Contrato para a realización dunha obra ou servizo determinado regúlase a través do Art 15 do Estatuto dos Traballadores (ET), aínda que nos convenios sectoriais poden especificarse aspectos non recollidos no ET. Expoñemos os aspectos máis sinalables establecidos no ET.

 

Poderán celebrarse contratos de duración determinada nos seguintes supostos:

 

- Cando se contrate ao traballador para a realización dunha obra ou servizo determinados, con autonomía e sustantividade propia dentro da actividade da empresa e cuxa execución, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta. Estes contratos non deben ter unha duración superior a tres anos.

 

- Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos asi o esixan, aínda tratándose da actividade normal da empresa. Estes contratos poderán ter unha duración máxima de seis meses dentro dun período de doce meses, contados a partir do momento en que se produzan ditas causas.

 

- Cando se trate de substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no contrato de traballo se especifique o nome do substituído e a causa da substitución.

 

Sen prexuízo de exposto máis arriba os traballadores que nun período de trinta meses foran contratados durante un prazo superior a vintecatro meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dous ou máis contratos temporais (…), adquirirán a condición de traballadores fixos.

 

Para calquera dúbida ponte en contacto connosco. Ten en conta que o teu convenio pode introducir algunha especifidade que modifique o exposto máis arriba.


Documentos adxuntos a este artigo: O contrato de obra e servizo  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia