Actualidad y noticias

20/02/2016
FETE-UGT REXEITA O MÉTODO DA XUNTA PARA DOTAR DE PERSOAL ADMINISTRATIVO AOS CENTROS DE PRIMARIA

FETE-UGT Galicia manifestou o seu rexeitamento ao método proposto pola Xunta de Galicia para dotar de persoal administrativo aos centros de Educación Primaria.

 

Este sindicato, que leva tempo solicitando persoal non docente para cubrir as tarefas administrativas dos centros, que son cada vez maiores e máis complexas, non entende nin comparte a proposta da Xunta de Galicia que pretende cubrir os centros de Primaria “a costa de recortar o persoal dos centros de Secundaria”.

 

FETE-UGT insiste na necesidade de contar con persoal non docente nos centros de ensinanza para a realización do traballo administrativo, pero sen desmantelar outros centros: “O que lle pedimos á Consellería é un proxecto para dotar aos centros de Primaria de persoal administrativo, pero sen que iso sexa a cargo dos centros de Educación Secundaria, tal e como propón a Xunta”. Ademais, esta organización sindical considera que non só se pode falar de números: “non pode ser o único criterio a ter en conta, xa que hai máis variantes. Cómo se pode diferenciar a carga de traballo dun centro de 395 alumnos con outro de 400?”. FETE-UGT continuará esixindo que todos os centros educativos conten con persoal non docente necesario, para evitar o emprego precario e carencias funcionais.

 


Documentos adxuntos a este artigo: NP PERSOAL ADMINISTRATIVO  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia