Actualidad y noticias

26/01/2016
No Convenio da Concertada non existen horas complementarias

Algúns colexios de ensino privado concertado pretenden que certos traballadores contratados a tempo parcial asinen un pacto de horas complementarias, polo que procede realizar algunhas aclaracións ao respecto:

 

En primeiro lugar, é imprescindible saber que no VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensino Privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos NON EXISTEN AS HORAS COMPLEMENTARIAS aínda que coloquialmente e de forma incorrecta ás horas NON LECTIVAS chamáselles “horas complementarias”. 

 

Que son as horas complementarias?

 

As horas complementarias son unha porcentaxe adicional de horas de traballo sobre a xornada ordinaria pactada nos contratos a tempo parcial de vixencia indefinida ou temporal, que pode proporcionar ás empresas unha certa marxe de flexibilidade ou dispoñibilidade na determinación e distribución do tempo de traballo dos traballadores a tempo parcial, conforme ao previsto legalmente, en convenio colectivo e no pacto individual sobre a súa fixación ( art. 12.5   ET).

 

As horas complementarias deben pactarse sempre expresamente, ben no momento da celebración do contrato a tempo parcial, ben nun momento posterior, pero sempre mediante un pacto expreso e específico respecto do contrato, formalizándose por escrito, facendo constar a súa contía, a súa distribución e a súa forma de realización [ art. 12.5.a)   ET]. O pacto é un acordo entre dúas ou máis persoas ou entidades, polo tanto, O TRABALLADOR NON ESTÁ OBRIGADO A ASINAR UN PACTO DE HORAS COMPLEMENTARIAS CO EMPRESARIO. Iso si, unha vez pactada, a realización das horas complementarias será obrigatoria para o traballador. 

 

POLO TANTO, non deben confundirse as horas complementarias pactadas conforme ao devandito anteriormente, coas coñecidas comunmente como “horas complementarias” dentro da xornada establecida no convenio colectivo do ensino concertado, que se corresponden coas horas de xornada non lectiva, segundo o establecido no art. 25 e seguinte do convenio colectivo. (art. 26: “Salvo para o persoal docente do Primeiro Ciclo de Educación Infantil que se estará ao disposto no artigo seguinte, a xornada anual total será de 1.180 horas, das cales se dedicarán a actividade lectiva, como máximo, 850 horas, dedicándose o resto a actividades non lectivas”).

 

Finalmente, dadas as características específicas do ensino concertado, que non se regula na lexislación xeral sobre a materia que se trata neste informe, preséntase a particularidade da conexión do pacto de horas complementarias co pago delegado. 

 

Dado que a Administración educativa unicamente asumirá o pago delegado dos profesores que cumpran coas ratios que correspondan ao centro, na nosa opinión, as horas pactadas como complementarias non entrarían en réxime de pago delegado, polo que os salarios correrían exclusivamente a cargo da empresa e o traballo desempeñado non podería desempeñarse en horas lectivas do ensino en réxime concertado.

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia