Actualidad y noticias

15/12/2015
Sobre os permisos hospitalarios no ensino privado

A aplicación dos permisos hospitalarios adoita ser fonte de conflito debido ás diferentes interpretacións que se fan sobre os mesmos. Con este FETE-INFORMA pretendemos clarificar algúns aspectos que veñen referendados por diversas sentenzas dos Tribunais da orde social.

1) Non é obligatorio comezar o permiso o primeiro día da hospitalización. Pódese gozar en calquera momento mentres dure a hospitalización, salvo que por convenio se fixe o prazo que se ten para inicialo: (Sentenza Tribunal Superior de Xustiza de Castilla León 00247/2008, SentenzaTribunal Superior de Xustiza de Aragón EDJ 62642 21-11-2002, Sentenza Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco 271/1998 27-01-1998)

2) A alta hospitalaria non supón a finalización do permiso se non hai alta médica e o familiar permanece en repouso domiciliario. (Sentenza Tribunal Supremo 5 marzo de 2012)

3) O permiso é por cada hospitalización e por cada familiar e tense dereito a novo permiso cando se repita a hospitalización e aínda que sexa pola mesma enfermidade e sobre un mesmo familiar. (STCT 29-8-1983 [RTCT 1983, 7303])

4) A falta de indicación expresa en convenio colectivo os días de permiso deben ser días efectivos de traballo, sen incluír, por tanto os días non laborables. (SJS nº 33  de Madrid, 9-6-2015). Unha matización: os días son seguidos. O convenio pode mellorar estas regras.

5) As parellas de feito recibirán o mesmo trato no que se refire ao parentesco por consanguinidade (fillos e netos), pero non respecto do de afinidade.

6) Cando se produce un desprazamento, para establecer o número de días correspondente non só se debe ter en conta o número de quilómetros senón outros criterios como a dificultade para o traslado, medios de transporte, etc. (STS 4476/2012)

 


Documentos adxuntos a este artigo: Sobre os permisos hospitalarios  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia