Actualidad y noticias

01/12/2015
ACTO POLA INTEGRACIÓN DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

O acto contou coa asistencia dunha nutrida representación de alumnado dos centros que integran a Plataforma (Conservatorio Superior de Música de Coruña, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra). Tamén participaron representantes das forzas sindicais que integran a Plataforma (FETE-UGT, Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), Comisións Obreiras (Federación do ensino) e Sindicato Galego de Traballadoras e Traballadoras do Ensino), así coma dos partidos políticos que apoian a reivindicación desta plataforma e asinaron o manifesto: AGE, BNG, Compromiso por Galicia, Podemos, PSdeG-PSOE e UPyD.

 

DECLARACIÓN DO 27 DE NOVEMBRO DE 2016
POLA ADSCRICIÓN DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES Á UNIVERSIDADE

 

Desde hai varios anos, a Plataforma Galega pola Adscrición e Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no sistema universitario galego, na que se integran centros superiores de titularidade pública como os Conservatorios Superiores de Música da Coruña e de Vigo, a Escola Superior de Arte Dramática e a Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais (atendendo ao mandato expresado polas respectivas comunidades educativas), vén reclamando iniciar o proceso voluntario de adscrición universitaria de tales ensinanzas.
Entendendo que se trata dunha reclamación lexítima, que só pode redundar na posta en valor das ditas ensinanzas, e na mellora da situación do alumnado, do profesorado, dos centros e dos servizos que estes prestan á sociedade, as forzas políticas que máis abaixo subscriben, acordan trasladar esta demanda ao Congreso dos Deputados e Deputadas e propoñer unha normativa que articule esta posibilidade xa contemplada na LOE, e ao mesmo tempo iniciar o proceso de adscrición en Galicia no curso escolar 2016-2017 no suposto de que as mesmas teñan maioría suficiente no Parlamento de Galicia tralas eleccións autonómicas de 2016.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia