Actualidad y noticias

27/11/2015
GRAN SEGUIMENTO Á MESA REDONDA CONVOCADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

O xoves 26 de novembro celebrouse en Santiago a mesa redonda "Perspectivas da Educación en Galicia", na que os voceiros dos partidos políticos con presenza no Parlamento Galego deron a coñecer os plans dos seus partidos para a educación galega. Este evento foi convocado pola Plataforma en Defensa do Ensino Público.

Foi un debate con moita participación por parte dos asistentes que interrogaron aos políticos sobre os seus programas electorais no sector da educación.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia