Actualidad y noticias

22/09/2015
Recurso contra a normativa de dedicación do profesorado na UDC

UGT INFORMA

Recurso contra a normativa de dedicación do profesorado na UDC
Como lembraredes, UGT non respaldou a actual normativa de dedicación do profesorado por considerala ilegal e lesiva dos dereitos dos traballadores e traballadoras. A nosa primeira proposta foi que non se implantase o decreto Wert (como fixeron outras universidades, mesmo no SUG) ou, en último caso, que non se superase a dedicación docente máxima de 240 horas anuais que establece o decreto 898/1985.
Unha vez aprobada a normativa en Consello de Goberno, UGT presentou recurso contencioso-administrativo contra a mesma. Cómpre salientar que, de prosperar ese recurso ao noso favor, ningún traballador ou traballadora se vería nunha situación peor que a actual, senón todo o contrario.
No contencioso persoáronse a UDC e o sindicato CCOO. Hai algúns días recibimos as contestacións de ambos á nosa demanda, coincidindo os dous en solicitar que non se admita a trámite o recurso contencioso-administrativo de UGT.
En ocasións anteriores achegámosvos as alegacións de UGT contra a normativa en cuestión. Para completardes a información sobre a marcha deste recurso achegámosvos agora a contestación de CCOO.
José C. Santos Paz
Secretario Xeral da Sección Sindical de FETE-UGT na UDC

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia