Actualidad y noticias

09/09/2015
FETE-UGT GALICIA CONFÍA EN QUE ESTE CURSO SEXA O DA DERROGACIÓN DA LOMCE

Os representantes de FETE-UGT recordaron que este é o segundo curso de implantación desta nova lei e fixeron un percorrido por todos os problemas de implantación que se atoparon no primeiro e “que se esperan da mesma forma no segundo, porque se están a cometer os mesmos erros”.

 

Por iso, Gómez Farto manifestou a súa confianza en que “este sexa o curso no que se derrogue a LOMCE e se aposte por un ensino público de consenso”. Ademais FETE-UGT esixe á Consellería de Cultura, Educación e O.U. que “repoña as condicións retributivas e laborais do profesorado do ensino público, actualizando o poder adquisitivo e volvendo á carga lectiva que tiña antes do ano 2009”. Neste inicio do curso escolar están implicados uns 30.000 profesores e apreciouse un importante incremento no número de profesores interinos, “que pasou dun 4% a un 11% do total”, unha proba máis dos recortes en materia educativa.

 

Esta organización sindical considera prioritario que se recupere o investimento en educación perdido nos últimos anos en Galicia (máis de 500 millóns de euros) , así coma que a consellería presente un  mapa de Formación Profesional en Galicia que “garante unha oferta acorde co tecido produtivo nas distintas comarcas e cidades, mapa que debe emendar a cantidade de alumnado que non pode optar as matrículas de FP por falla de oferta (uns 5.000 potenciais alumnos e alumnas)”.

 


Documentos adxuntos a este artigo: MANIFESTO INICIO CURSO  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia