Actualidad y noticias

17/08/2015
FETE-UGT GALICIA SOLICITA A XUNTA A RECOLOCACIÓN DOS TRABALLADORES QUE PERDAN O SEU POSTO TRALA MODIFICACIÓN DOS CONCERTOS EDUCATIVOS

No DOG de hoxe, 17 de xullo, aparece publicada a orde de 10 de agosto de 2015 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional. FETE-UGT entende que por falta de alumnado se poidan suprimir unidades concertadas pero insiste na necesidade de atopar unha solución xa que “os traballadores dos centros concertados non son material desechable do que se poida prescindir cando lle interesa a administración educativa”.

 

FET-UGT valora positivamente o concerto de unidades do segundo curso de Formación Profesional Básica para aqueles centros que xa tiñan concertado o primeiro curso polo que supón para a viabilidade destes e, o que é fundamental, o mantemento dos postos de traballo.

 

Nos demais niveis educativos obsérvase un equilibrio entre a supresión de unidades concertadas e a concesión de novas unidades concertadas. Non obstante, a supresión de unidades concertadas nalgúns centros pode comprometer a viabilidade económica destes e o mantemento dos postos de traballo, como sucede no centro San Francisco Javier de Santiago.

 


Documentos adxuntos a este artigo: orde concertos  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia