Actualidad y noticias

03/08/2015
FETE-UGT GALICIA ESIXE AO ALCALDE DE A BAÑA A RECTIFICACIÓN PÚBLICA DAS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE O PROFESORADO

 

O mandatario, no transcurso dun pleno, fixo afirmacións tales coma "O meu salario é o correcto, os que cobran de máis son os profesores que teñen moitas vacacións e traballan pouco" ou "os profesores están alí lendo o periódico, [...] botan alí tres horas e o resto do día non fan nada". Estas afirmacións para defender o soldo do político amosan, a xuízo de FETE-UGT “o menosprezo a un colectivo que traballa pola educación e o futuro da xuventude  non é xustificable de ningún xeito, e moito menos cando esta aldraxe parte do teórico máximo responsable político do seu concello”. Esta organización sindical considera que “o desprezo amosado ao profesorado e ao seu labor pon en dúbida a súa capacidade para estar ao fronte dun goberno municipal que debe fomentar a educación entre a poboación do seu concello”.

Ademais, José Andrés García   amosa o absoluto descoñecemento da nosa profesión e a súa regulación, pero o máis importante é que “contribúe de xeito especial a unha desvalorización social tanto da institución coma do labor educativo”.

Por todo isto, FETE-UGT solicita ao alcalde “que  rectifique publicamente  as súas manifestacións e que pida desculpas a un colectivo que traballa arreo por un mundo máis xusto, pola igualdade e pola educación, e que non merece ter como dirixentes políticos a persoas que, por ignorancia ou por mala fe, vomitan o seu desprezo”.

 


Documentos adxuntos a este artigo: alcalde a baña  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia