Actualidad y noticias

22/07/2015
FETE-UGT GALICIA ESIXE MELLORAS PARA OS PROFESIONAIS NO SECTOR DA ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

 

Accións. Tralo análise dos datos da enquisa, FETE-UGT insiste na necesidade imperiosa de crear de forma urxente en todas as comunidades as mesas da discapacidade, formadas polas administracións, sindicatos e patronais. Ademais o sindicato solicita “a creación dun novo complemento salarial específico vinculado á especial necesidade de quen está desempeñando o seu posto de traballo en situación de especial vulnerabilidade”. Por último, a organización sindical insiste na necesidade de que a administración faga un estudo do custe real por usuario nestes centros, co obxecto de dar a resposta adecuada a todos e cada unha das persoas con discapacidade.

FETE-UGT realizou esta enquisa a preto de 700 traballadores e traballadoras do sector da Atención á Discapacidade para valorar a incidencia das situacións conflitivas no traballo e sempre partindo da premisa da plena exoneración dos usuarios pola involuntariedade dos seus actos na práctica totalidade dos casos. Ademais, dende FETE-UGT queremos destacar a gran profesionalidade mostrada, de xeito prácticamente xeneralizada, polos traballadores e as entidades e asociacións nas que desempeñan o seu labor.

Despois de estudar os datos da enquisa, preto dun 30 % dos traballadores e traballadoras do sector sofren algún tipo de agresión física con certa frecuencia, e sobre o 10 % case todos os días. Entre as medidas que propoñen os propios afectados están: Mellor catalogación do posto de traballo, maior control das situacións de violencia, creación de protocolos de actuación, identificación de riscos, formación adecuada e correcta actuación, plus de perigosidade ou formación en técnicas de contención.

 


Documentos adxuntos a este artigo: NP DISCAPACIDADE  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia