Actualidad y noticias

19/06/2015
FETE-UGT GALICIA SOLICITA Á XUNTA UN ORZAMENTO PARA O PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Na reunión que celebrou o 17 de xuño a Comisión Permanente do Consello Galego de Convivencia Escolar, a Consellería de Cultura, Educación e O.U.(CCEOU) por medio do director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa manifestou que as comisións de convivencia que se teñen que constituír nos centros carecerán de dedicación horaria do profesorado e tamén de partida de recursos económicos.

 

Nesta sesión debateuse sobre o contido do documento educonvives.gal presentado polo conselleiro no acto de constitución do Consello. O representante do profesorado Raúl Gómez Farto en nome dos sindicatos do ensino: UGT, CCOO, CIG e ANPE; presentou unha proposta para que este plan de Convivencia Escolar tivese unha partida orzamentaria, ou polo menos unha referencia á mesma para que figurara nos orzamentos de Galicia. O director xeral puxo de manifesto que as dotacións económicas e recursos para este plan terían que cargarse aos gastos de funcionamento dos centros e o profesorado adicado ás funcións da convivencia escolar de cada centro non se vería incrementado senón que dentro do horario laboral actual realizará estas funcións.

 

O representante do profesorado deixou constancia da súa desconformidade alegando que non se podía acometer un plan de tanta transcendencia e sensibilidade como a convivencia escolar a custe cero e incrementando as tarefas propias do profesorado.

 

A pesar da insistencia, a Comisión Permanente do Consello Galego de Convivencia Escolar non aceptou a enmenda e por maioría acordou non incluír este enmenda do documento denominado "educonvives.gal: Estratexia Galega-Convivencia Escolar 2015-2020".

 

A representación do profesorado no Consello da Convivencia de Galicia insta á CCEOU a responsabilizarse da Convivencia Escolar seriamente e non escatime medios e recursos para este fin.

 

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: plan de convivencia escolar  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia