Actualidad y noticias

04/06/2015
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ESIXE A RETIRADA DA REVÁLIDA DE TERCEIRO DA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- celebrou hoxe unha rolda de prensa para avaliar o resultado da proba realizada os días 27 e 28 de maio cun absentismo superior ao 50%, segundo os datos que baralla a Plataforma, porque “a pesar de que solicitamos información á Consellería, non se nos facilitou”, explicou o secretario xeral de FETE-UGT Galicia, Raúl Gómez Farto, quen se pregunta que pasos podería dar a consellería agora para manter esta proba, ante o fracaso de participación. Por iso, a Plataforma solicita á Consellería que paralice e retire a devandita proba ante “a mostra do máis profundo rexeitamento por parte da comunidade educativa a esta proba inútil”.

Na comparecencia ante os medios de comunicación estiveron presentes o secretario xeral de FETE-UGT; José Fuentes, de Ensino CCOO; a presidenta da CONFAPA, Helena Gómez; Lois Taboada, voceiro de CONFAPA; e Rogelio Carballo, vicepresidente de CONFAPA.

Os representantes da Plataforma tamén manifestaron o seu rexeitamento a ordes de axudas de libros de texto e creación de bancos de libros publicadas no DOG o pasado luns, deixando sen axudas ao material dos cursos de 3º e 5º de primaria. José Fuentes insistiu en reclamar o “sistema de préstamo gratuíto universais que garante a todas as familias o acceso ao material escolar e rexeitamos as restricións marcadas pola consellería, que incrementarán as diferenzas “, mentres que Lois Taboada cualificou esta medida coma “unha nova ocorrencia da consellería” e recordou que foron as ANPAS as que puxeron en marcha o sistema de Banco de Libros Solidarios, despois de que o Goberno da Xunta retirara a gratuidade dos libros de texto, pero que a orde da Xunta nada ten que ver co sistema por eles creado para solucionar un problema e ser solidarios con aquelas familias que están en peores condicións.

 

*A continuación tedes o manifesto da Plataforma.

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Comunicado Plataforma  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia