Actualidad y noticias

03/06/2015
FETE-UGT DENUNCIA O PECHE DA ESCOLA INFANTIL DO SAGRADO CORAZÓN DE LUGO POR ABANCA

O Presidente da Xunta de Galicia, en xuño de 2014, presentou un acordo con Banesco, propietario do entón NOVAGALICIA BANCO (hoxe, Abanca), polo que se garantía a continuidade da Obra Social das antigas Caixas coa achega anual mínima de 5 millóns de euros anuais durante 30 anos.

 

Un ano despois, a empresa comunícalle aos traballadores da Escola Infantil o Sagrado Corazón de Lugo o peche por perdas económicas  a 31 de xullo de 2015.  Para o vindeiro ano, farán o mesmo coa  Escola Infantil de Campelo no Concello de Poio (Pontevedra).

 

Solicitamos á Xunta de Galicia que esixa a Abanca o cumprimento do acordado, evitando a destrución de emprego e a diminución de prazas de educación infantil, o que dificulta aínda máis a conciliación da vida familiar e laboral a moitas familias.

 

FETE UGT denuncia a insensibilidade social de Abanca, comunicando o peche á comunidade educativa co prazo de solicitudes nas escolas infantís pechado.

 

Por último, lamentamos que primen os criterios económicos sobre a responsabilidade social que debe ter calquera empresa.

 

 

 

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia