Actualidad y noticias

07/05/2015
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Tras o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e O.U., a través da Resolución do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da realización da proba de avaliación individual a todo o alumnado de terceiro curso de educación primaria, a Plataforma en defensa do ensino público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva, que representan á comunidade escolar de Galicia- manifesta a súa oposición á dita proba porque:

 

1.- Dita proba pódese ter en conta para a repetición do alumnado.

2.- Avalía unicamente as competencias de lingua e matemáticas en detrimento das outras materias do currículo.

3.-  Clasifica ao alumnado desde idades temperás, ao reflectirse o seu resultado no expediente.

4.- Non se adapta ao alumnado con máis dificultades ao propor soamente adaptacións de tempo e técnicas.

5 - Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización 

6.- Non terá en conta as variables contextuais dos centros, ao centrarse nun único aspecto do sistema de aprendizaxe. 

7.- Desconfía da profesionalidade do profesorado sometendo a verificación a valoración da proba externa..

8.- Desautoriza ao profesorado rompendo a avaliación continua que xa fai do seu alumnado

9.- Incrementa a carga de  traballo nos centros no final de curso, polas tarefas propias de execución e valoración desta proba individual.

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público esixe da administración educativa a paralización e a retirada da devandita proba en Galicia. 

 

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, apoia a proposta plantexada por CONFAPA pola que as  familias do alumnado tratan de evitar consecuencias negativas para o mesmo negándose á realización destas probas por parte dos seus fillos/as e/ou titorandos/as.

 

Esta Plataforma reitera o seu compromiso na loita pola derrogación desta Lei partidista e que conta coa oposición de toda a comunidade educativa e esixe a PARALIZACIÓN da implantación da mesma nesta comunidade

 

 

 


Documentos adxuntos a este artigo: Comunicado Plataforma  
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia