Actualidad y noticias

10/04/2015
SENTENZA DO TSXG SOBRE O CAPÍTULO VI

Acabamos de recibir a sentenza pola demanda presentada por FETE-UGT en relación coa disposición adicional primeira do "Acordo sobre contratatación profesional, etc." do persoal contratado con cargo ao capítulo VI. Lembramos que durante as negociacións UGT defendeu a elaboración dun acordo propio para todo o persoal dese colectivo, pero, aínda así, estivo de acordo na clasificación profesional e na aplicación parcial do convenio colectivo de PDI laboral ás categorías A1 e A2, mais non na inclusión deses grupos no censo electoral de PDI laboral, que se recolle na disposición adicional primeira.


A sentenza do TSXG declara a nulidade da disposición adicional primeira por non axustarse a dereito. Ademais, sorprendentemente, entra no fondo da cuestión e declara que o persoal dos grupos A entra no ámbito de aplicación do convenio colectivo de PDI e o dos grupos B e C non entra no ámbito de aplicación do convenio de PAS, determinando de xeito claro o estatuto laboral deses colectivos. É dicir que, grazas á demanda interposta por FETE-UGT o persoal dos grupos A pasará a ter mellores condicións que as pactadas por CIG e CCOO na mesa negociadora, xa que é plenamente recoñecido no ámito de aplicación do convenio colectivo de PDI. A realidade ás veces é así de sorprendente e irónica.


Ante esta nova situación, UGT esixe que se lle aplique ao persoal dos grupos A o convenio colectivo de PDI laboral en todo o que non especifique o seu contrato ou programa. Tamén se pon a disposición deses traballadores e traballadoras en todo o que teña que ver cos dereitos emanados da aplicación do convenio mencionado.


Polo que respecta aos grupos B e C, promoveremos elecións sindicais para asegurar a súa representatividade.


O texto da sentenza está ao voso dispor neste enlace:


Documentos adxuntos a este artigo: Sentenza Completa   
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia