Actualidad y noticias

03/02/2015
As funcións dos traballadores no ensino concertado e as actividades complementarias e extraescolares


Toda a lexislación coincide en que as actividades extraescolares deben realizarse fóra do horario lectivo e  en que son de carácter voluntario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97,  Decreto 324/1996, do 26 de xullo, DOG 02/09/97) e en que o comedor escolar é un servizo complementario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97, Decreto 132/2013, de 1 de agosto).

 

“Profesor ou profesor titular.- É o que, reunindo as condicións e títulos académicos esixidos pola normativa en vigor, exerce a súa actividade educativa, (na que se inclúe a titoría e a orientación dos alumnos), para o adecuado desenvolvemento do currículo dentro do marco organizativo, pedagóxico e didáctico establecido pola empresa educativa, con respecto ao seu carácter propio e de acordo coa lexislación vixente. Educación.” (Anexo I do VI Convenio)

Aínda que non veñen moi especificadas podemos asegurarvos sen medo a quivocarnos que NON son funcións dun profesor pintar aulas, varrer aulas, trasladar mesas, pupitres e demais material dun lugar para outro do centro; arranxar desperfectos varios e demais actividades máis ou menos variopintas

Tamén podemos asegurar que atender aos nenos durante o servizo de comedor non é unha actividade nin lectiva nin complementaria nin extraescolar senón un servizo complementario, segundo establece  o RD 1694/1995 de 20 de outubro polo que se regulan as actividades complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros concertados, que di:

“Son actividades escolares complementarias as establecidas polo centro con carácter gratuito dentro do horario de permanencia obrigada dos alumnos no mesmo e como complemento da actividade escolar, nas que poida participar o conxunto dos alumnos do grupo, curso, ciclo, etapa ou nivel.

Son actividades extraescolares as establecidas polo centro que se realicen no intervalo de tempo comprendido entre a sesión de mañá e de tarde do horario de permanencia no mesmo dos alumnos, así como as que se realicen antes ou despois do citado horario, dirixidas aos alumnos do centro.
As actividades extraescolares non poderán conter ensinanzas incluídas na programación docente de cada curso, nin poderán ser susceptibles de avaliación a efectos académicos dos alumnos.

Son servizos complementarios dos centros o comedor, o transporte escolar, o gabinete médico ou psicopedagóxico ou calquera outro de natureza análoga.”

Toda a lexislación coincide en que as actividades extraescolares deben realizarse fóra do horario lectivo e  en que son de carácter voluntario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97,  Decreto 324/1996, do 26 de xullo, DOG 02/09/97) e en que o comedor escolar é un servizo complementario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97, Decreto 132/2013, de 1 de agosto).

Conclusión: as actividades extraescolares deben realizarse fóra do horario lectivo e non son obrigatorias para o profesorado dos centros. O comedor é un servizo complementario e o profesorado tampouco está obrigado a atender aos alumnos que se sirvan del.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia