Actualidad y noticias

25/05/2021
Solicitada a reunión da comisión de seguemento do acordo de interinos.

UGT Servizos públicos defende e defendou sempre que sen emprego de calidade non existe a educación de calidade.

 

O anuncio das administracións  de reducir a distancia de seguridade entre alumnado e aumentar as ratios de cara o vindeiro curso escolar  preocúpanos pola posible perda de emprego público que poida implicar.

 

As prazas incrementadas polas exixencias sanitarias debido á pandemia deberíanse manter o ano que vén. Doutro xeito estaríamos a xogar coa calidade da educación e incluso coa seguridade dos alumnos e docentes.

 

Por iso, CCOO ensino, ANPE, UGT Servizos Públicos e CSIF, organizacións asinantes do acordo polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, vimos de solicitar de xeito oficial unha reunión da da Comisión de seguimento do acordo de interinos.

 

Darémosvos cumprida conta das novidades que se produzan ó respecto.

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia