Actualidad y noticias

25/05/2021
MANIFESTACIÓN POLA DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA.

As organizacións sindicais pertencentes á Plataforma conseguimos visibilizar a indignación contra o mercantilismo no ensino superior.

Na foto de portada , abaixo á dereita, vemos á Secretaria Xeral de UGT Servizos Públicos, á Secretaria do Sector de Ensino e ó Secretario de Organización encabezando a protesta frente ó Parlamento de Galicia en Santiago.

Benjamín Rey, responsable de ensino superior de UGT Servizos Públicos explicou ós medios como o proxecto privado pode implicar unha merma na calidade do profesorado ó non existir procesos públicos de selección.

Tamén suporía unha ameaza para os campus periféricos e as bondades socioeconómicas que, ata o de agora, conlevan para as zonas de Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense. Por último, a oferta de grados de tres anos supón un agravio comparativo coa universidade pública.

Esta contundente mensaxe volveráse visibilizar o próximo 2 de xuño nos campus galegos. Únete!

 

FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia