Actualidad y noticias

08/03/2018 - Executiva
8 DE MARZO: #VivasLibresUnidas
Ler máis »
23/01/2018 - Executiva
ABERTA A CONVOCATORIA PARA A SEXTA EDICIÓN DO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva anunciaron hoxe en rolda de prensa a convocatoria da sexta edición do Premio á Innovación Educativa Escola Viva. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto ata o próximo día 26 de abril.

 

Ler máis »
05/12/2017 - Executiva
DÍA DO ENSINO

Desde a FeSP-UGT Ensino queremos agradecervos o traballo e implicación de todos os docentes no voso traballo diario.

#DíaDoEnsino
#DocentesImprescindibles

04/12/2017 - Executiva
INFORMACIÓN PROFESORES VISITANTES EN USA, CANADÁ E UK

Para o curso 2018-2019 haberá 777 prazas de profesores visitantes en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido.
O prazo de presentación vai desde o o 27 de novembro de 2017 ata o 14 de decembro de 2017.
Para máis información pincha en Ler máis.

Ler máis »
28/11/2017 - Executiva
REFERENCIA DO PLENO DO CONSELLO PARA A CONVIVENCIA ESCOLAR EN GALICIA

Hoxe ás 12 h. e presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., reuniuse o Pleno do Consello para a Convivencia Escolar de Galicia, no seminario do Museo da Cidade da Cultura-Gaiás.
Logo de máis de 20 meses sen reunirse tanto en pleno como en comisión permanente, fomos convocados os membros do Consello que pertencemos a distintos sectores da comunidade escolar galega, e das consellerías de Sanidade e Presidencia. Este Consello está constituído por unha maioría de representantes da administración e únicamente representamos ao profesorado os catro membros dos sindicatos do ensino que formamos da mesa sectorial docente de profesoras e profesores que imparten no ensino non universitario, un destes a UGT.

Ler máis »
22/11/2017 - Executiva
O GRUPO PARLAMENTARIO DA MAREA CUMPRIU O SEU COMPROMISO COS TRABALLADORES DA CONCERTADA

Como vos informamos recentemente a pasada semana as OOSS FSIE, FeSP UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino mantivemos xuntanzas con todos os grupos parlamentarios galegos para manifestarlles as nosas inquedanzas co proxecto de orzamentos do ano 2018, darlles a coñecer a problemática dos traballadores do ensino concertado e solicitarlles apoio na derrogación  do parágrafo terceiro do artigo 53.2 e da disposición adicional novena do citado proxecto de orzamentos.

Pois ben, o Grupo Parlamentario de En Marea,  cumprindo o compromiso realizado na reunión da semana pasada, presentou dúas emendas solicitando a súpresión dos parágrafos que impiden que percibamos a PEA (unha media de 12.000 que a Xunta debe a moitos traballadores) e que recuperemos os incrementos salariais suprimidos en 2010.

22/11/2017 - Executiva
A CONSELLERÍA LÁVASE AS MANS DE NOVO

Un novo temporal de vento e auga percorre a nosa terra e a Consellería limítase, unha vez máis, a derivar a súa responsabilidade ás direccións dos Centros Educativos.

Se hai decretada unha alerta laranxa a Consellería non pode limitarse a suspender as actividades ao aire libre en Escolas e Institutos.

UGT denuncia publicamente esta situación e actuará con contundencia esixindo responsabilidades á Consellería en caso de accidente.

En todo caso, Sr. Conselleiro, gustaríanos saber que ocorre se…

• Hai un accidente nas paradas ou nas viaxes do transporte escolar
• Ocorre algo nas entradas e/ou saídas dos Centros.

Ler máis »
22/11/2017 - Executiva
EN 2019 A SELECTIVIDADE SERÁ EN XULLO POR DECISIÓN IMPERATIVA DO CONSELLEIRO

Unha vez máis o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria toma decisións que afectan ao conxunto da sociedade sen establecer previamente canles de diálogo coa cidadanía.
O conselleiro reuniuse onte coa CIUG e anunciou que a proba extraordinaria de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) pasará a celebrarse en 2019 a mediados de xullo, manténdose a ordinaria en xuño.

Ler máis »
16/11/2017 - Executiva
A PRÓRROGA DOS PXE NON É ESCUSA PARA CONXELAR SALARIOS

A prórroga dos PXE non é escusa para conxelar salarios, é negar a negociación da recuperación de dereitos e salarios dos empregados e empregadas públicos. Hai precedentes de exercicios nos que se incorporaron cuestións laborais independentemente de que se aprobaran ou non os orzamentos xerais do Estado. Sen orzamentos podería haber incrementos salariais, hai antecedentes. Non hai vontade política de negociación.

 

Ler máis »
09/11/2017 - Executiva
ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO EN EDUCACIÓN: O MECD PRETENDE IGNORAR Á MAIORÍA SINDICAL E A COMISIÓN DE EDUCACIÓN DO CONGRESO

Na reunión da Mesa Sectorial do Persoal Docente de Niveis non Universitarios, UGT e a maioría dos sindicatos representativos fixemos un esforzo para achegar as nosas posicións e defendemos, unha vez máis, un sistema transitorio de ingreso á Función Pública Docente que faga posible o cumprimento do Acordo do 29 de marzo, sobre estabilización do emprego no ámbito educativo.
Mentres tanto, a Comisión de Educación do Congreso dos Deputados, cos votos en contra do PP (que se quedou só) aprobaba unha proposición non de lei que, facéndose eco da problemática e das posicións de UGT e outros sindicatos, insta o Goberno á negociación dun sistema transitorio no que si debe recollerse o carácter non eliminatorio das probas.

Ler máis »
07/11/2017 - Executiva
OS ORZAMENTOS DO 2018 NON PERMITEN MELLORAR NIN O PODER ADQUISITIVO DOS TRABALLADORES NIN A CALIDADE DO ENSINO

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017. FeSP-UGT Ensino Galicia, despois de estudar o borrador dos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  para o ano 2018 asegurou que “se ben non podemos dicir que o borrador de orzamentos para 2018 sexa negativo, pois non son negativas as cifras, si que podemos dicir que son uns orzamentos conservadores que en ningún momento van permitir mellorar o poder adquisitivo dos traballadores dependentes da Consellería nin a calidade da mesma”. Por este motivo, esta organización sindical non pode entender a actitude do conselleiro presumindo deste orzamento, xa que a realidade “contrasta coa fachenda que o presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación falan das melloras económicas que estamos a vivir no noso país. Haber haberaas, pero ao ensino non chegan”.

Ler máis »
24/10/2017 - Executiva
EXPOSICIÓN E XORNADAS

Continuando co proxecto das mestras e a escola da II República seguimos o fío da memoria, rescatando do esquecemento os seus nomes, achegas e reflexións. Unhas reflexións que quedaron impresas na escritura e os debuxos dos seus diarios, onde recollían acontecementos vividos e educativos.
Moitos destes diarios desapareceron nos anos do silencio. A pesar do pretendido esquecemento, as súas achegas pedagóxicas continúan hoxe sendo innovadoras, así como necesarias para a construción dun sistema educativo integral, baseado nos ideais de xustiza, igualdade e solidariedade.

Ler máis »
19/10/2017 - Executiva
-ASINADO ACORDO PLAN ESTABILIDADE EMPREGO PÚBLICO 2017-2020

A Xunta de Galicia e as Organizacións sindicais UGT, CCOO e CSIF asinan o Acordo de Plan de estabilidade de emprego público 2017-2018.
Co obxectivo de incrementar a estabilidade e reducir a taxa de temporalidade no emprego público dependente da Xunta de Galicia, e aplicando as medidas do Acordo de Emprego asinado polo Ministerio de Facenda e os sindicatos UGT, CCOO e CSIF, ACORDASE:
1. Ámbito: ENSINO, SERGAS, XUSTIZA, PERSOAL LABORAL, PERSOAL FUNCIONARIO, ENTES.
2. Vixencia: 2017-2020
3. Taxa xeral do 7% ou inferior nos ámbitos sectoriais.
4. 14.750 prazas mínimo, provisional e orientativo
5. Prazas de promoción interna, de indefinidos por sentenza xudicial, ou dotadas orzamentariamente e ocupadas ininterrumpidamente antes do 1/01/2005, non computan na taxa.
6. Fomento da promoción interna a negociar nas Mesas sectoriais.
7. O tempo de servizos prestados suporá a porcentaxe máxima legalmente establecida
8. Traslados previo ó desenvolvemento do correspondente proceso selectivo
9. Negociación dos procesos selectivos nas Mesas sectoriais.
10. Comisión de seguimento para interpretación e control do Acordo.
11. Ampliación do Acordo si se amplía o Acordo estatal.
12. As certificacións de prazas que a Xunta debe remitir o Ministerio será de coñecemento da Comisión

Ler máis »
16/10/2017 - Executiva
Centros escolares sen clase hoxe luns 16 de outubro por mor dos incendios forestais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro (haberá nova actualización de información cando haxa novidades).

Concello de Baiona

    IES Primeiro de Marzo
    CPI de Cova Terreña
    CEIP Fontes Baíña
    CEP de Belesar

Concello de Vigo

    CEIP de Sobreira-Valadares
    IES Valadares

Concello de Pazos de Borbén

    CPI Curros Enríquez

Concello das Neves

    CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
    IES Pazo da Mercé

Concello de Gondomar

    CEIP Serra-Vincios

09/10/2017 - Executiva
REUNIÓN DE FACENDA DOS SINDICATOS PARA ANUNCIAR BORRADOR DE PLAN DE ESTABILIDADE E PREVISIÓN DE ORZAMENTOS

Hoxe, 9 de outubro, a consellería de Facenda convocou aos sindicatos da Mesa Xeral FeSP-UGT demanda que ademais da negociación do plan de estabilidade, se poida abrir unha negociación da restitución dos dereitos xerais e comúns substraídos a todos os empregados públicos e habilitar a negociación nas Mesas Sectoriais no que lles é propio.

04/10/2017 - Executiva
5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

O 5 de outubro, Día Mundial dos Docentes (DMD), que se celebra cada ano en todo o mundo, converte esta xornada na ocasión idónea para facer un balance dos logros e reflexionar acerca dos medios necesarios para facer fronte ás dificultades que perduran na promoción da docencia, fundamentalmente no relativo á grave escaseza de docentes. De feito, segundo os cálculos do Instituto de Estatística da Unesco, o mundo necesitará 69 millóns de docentes para lograr a universalización do ensino primario e secundario de aquí a 2030.

Ler máis »
04/10/2017 - Executiva
FeSP-UGT EMPRAZA Á XUNTA A ABRIR UN PROCESO DE NEGOCIACIÓN DE EMPREGO E DE RECUPERACIÓN DE DEREITOS SALARIAIS E LABORAIS

O Sindicato espera que de cara aos Orzamentos autonómicos de 2018, se abra un proceso negociador no ámbito da Mesa xeral de negociación dos empregados e empregadas públicos de Galicia, proceso se xa se abriu noutras Comunidades autónomas a raíz do Acordo polo emprego asinado con data 29 de marzo de 2017 polo Goberno estatal e os sindicatos UGT, CCOO e CSIF, e que mandataba a o seu desenvolvemento nas Comunidades Autónomas e na Administración Local.

 

Ler máis »
25/09/2017 - Executiva
EMPREGADOS PÚBLICOS: NON HABERÁ ACORDO SE O GOBERNO NON MELLORA SALARIOS E XORNADA

O anuncio feito hoxe polo Goberno de atrasar a presentación dos Orzamentos Xerais do Estado dá unha semana máis de marxe para a negociación dun Acordo cos empregados públicos. Aínda que Facenda incrementou levemente a súa oferta de subida salarial para o próximo trienio (entre o 5,34% e o 8%) a cifra segue sendo claramente insuficiente para poder falar dunha recuperación do poder adquisitivo perdido durante anos de recorte e conxelación.

Para máis información pincha en "Ler máis"

Ler máis »
08/09/2017 - Executiva
CADP CURSO 2017/18 PES

Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Se queres consultar as listas e as instrucións pincha en "Ler máis"

Ler máis »
31/08/2017 - Executiva
FeSP-UGT REXEITA QUE OS BUSES ESCOLARES SEXAN COMPARTIDOS.

En declaracións de Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e vivenda están traballando no relativo a autoridade dos acompañantes e segundo indica algún medio de comunicación os anteditos responsables elaboraron unha instrución de obrigado cumprimento para os monitores que acompañen aos alumnos nos autobuses.
Na devandita instrucción outórgase ao acompañante e tamén ao condutor de autobús a autoridade necesaria para vetar ás persoas que queiran usar este servizo e poidan supoñer un perigo para os rapaces.

Aos monitores e condutores dáselles o regalo envelenado da autoridade, que leva implícita a responsabilidade,  para evitar e resolver conflitos sen proporcionarlles instrumentos para elo.

Compartir o transporte os alumnos con outros usuarios por aforrar uns cartos é unha medida potencialmente perigosa que atenta contra o sentido común e que FeSP-UGT rexeita rotundamente.

Ler máis »
31/07/2017 - Executiva
A ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CADA DE PRIMARIA PUBLICARASE O DÍA 3 DE AGOSTO

A resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2017/2018 do persoal docente do corpo de mestres publicarase o próximo día 3 de agosto.

19/07/2017 - Executiva
CURSOS DE FORO FORMACIÓN

Adxuntámosvos información  sobre cursos GRATUITOS que poden resultar do voso interese. Podedes consultala na seguinte páxina  http://www.forodeformacion.org/cursos-gratuitos/cursos-gratuitos

 

29/06/2017 - Executiva
MESA SECTORIAL ESTATAL: É NECESARIO ARTICULAR UN SISTEMA TRANSITORIO

FeSP-UGT Ensino insiste na necesidade de articular un sistema transitorio que apoie a consolidación do emprego que recolle o Acordo Goberno-Sindicatos.
Desde o noso sindicato celebramos a convocatoria da mesa sectorial e manifestamos que se debería ter convocado antes, como solicitamos reiteradamente, dado que hai tres meses que se asinou o Acordo e poderíase ter gañado  tempo para canalizar o procedemento e a situación extraordinaria que se expón. Para esta situación, que se considera extraordinaria, UGT reclama unha solución que pasa pola modificación do RD 276/2007, co que nunca estivemos conformes e considera que non responde en nada ao espírito do acordo asinado. Propoñemos  un sistema transitorio ou un novo sistema que permita o ingreso tanto para interinos como para novos opositores.

UGT valora positivamente o establecer tres convocatorias por corpo e considera que o sistema debería dar máis valor á fase de concurso e, dentro desta fase, maior
valor á experiencia docente, dentro do que a lei permita. Coincidimos con outras organizacións sindicais en que as probas que se articulen para a fase de oposición non deben ter carácter eliminatorio e, por tanto, todos os opositores participen en todo o proceso de oposición. Tamén fixemos unha chamada de atención sobre o colectivo de maiores de 55 anos para que se articulen medidas de estabilidade.

Por outra banda, e facendo referencia ao anuncio dun posible cambio de temarios, a UGT afirmou que non era o momento oportuno para realizar cambios e sinalamos a conveniencia de revisalos co obxectivo de ilos modernizando e adaptando, respectando sempre a negociación e o tempo que unha modificación deste tipo require.

O resultado desta negociación deberá aclarar as regras que rexan os procesos selectivos e, segundo manifestou o Subsecretario, están abertos a modificacións aínda que ven complicado cambiar o actual RD 276/2007.

Ler máis »
29/06/2017 - Executiva
A FUNDACIÓN LUIS TILVE OUTORGA O PREMIO TRABALLO DIGNO A ESCOLA VIVA

A Fundación Luis Tilve outorga o premio Traballo Digno desta edición ao Movemento de Renovación Pedagóxica  Escola Viva, pola súa contribución, dende 1983, á formación do profesorado e á mellora do sistema educativo.   

Escola viva é un movemento de renovación pedagóxica que ten como obxectivo mellorar a práctica docente e os procesos de ensinanza-aprendizaxe nos centros educativos e nese noble empeño levan traballando desde 1983. Por este motivo a Fundación Luis Tilve outorga o premio Traballo digno desta edición a Escola Viva, que foi recollido polo seu presidente, o noso compañeiro Raúl Gómez Farto. O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia quere personalizar en Raúl o agradecemento a Escola Viva polo labor realizado durante treinta e cinco anos a prol da renovación e mellora do Ensino en Galicia.

22/06/2017 - Executiva
FeSP -UGT CRITICA A “CHANTAXE” DA CONSELLERÍA CON RESPECTO AOS PROXECTOS ABALAR E EDIXGAL

FeSP- UGT Ensino denuncia e rexeita a postura ameazante e autoritaria da Consellería na comunicación aos centros educativos públicos no que se refire á participación no proxecto Abalar-Edixgal. O noso sindicato esixe o mantemento da atención de tódolos centros da rede Abalar, independente da súa participación en E-Dixgal.

Ler máis »
15/06/2017 - Executiva
FeSP-UGT REXISTRA SOLICITUDE DE PAGO DELEGADO PARA O PAS DA CONCERTADA

O sector de ensino da FeSP-UGT esixe o pago delegado para a totalidade do persoal que desempeñe o seu posto de traballo no Ensino Concertado.

Consideramos necesario incorporar a figura xurídica do “pago delegado” ao Persoal de Administración e Servizos Xerais, ao Persoal Complementario así como á totalidade de traballadores que desempeñen o seu posto de traballo no Ensino Concertado. O modelo xa existe e xa está contrastado polos docentes do Ensino Concertado. A Unión Xeral de Traballadores foi a impulsora daquel proceso na década dos oitenta e desenvolveuse de xeito satisfactorio ata o día de hoxe.

Ler máis »
07/06/2017 - Executiva
O PAS DAS UNIVERSIDADES TAMÉN REQUIRE ESTABILIZACIÓN

O Congreso dos Deputados incorporou parcialmente na Lei de Presupostos a proposta de UGT sobre estabilización do persoal temporal das universidades. Agora o artigo 19.6 da Lei PXE prevé que, entre outros sectores da administración, tamén “o persoal docente e investigador” das universidades, “ademais da taxa” correspondente do 100% de reposición, poderá “dispoñer dunha taxa adicional para estabilización de emprego temporal que incluirá ata o 90 por cento das prazas que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016”.

Desde FeSP-UGT defendemos que calquera praza ocupada por un PDI interino (tanto laboral como funcionario) durante almenos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016 sexa considerada dentro deste 90%.
Desde FeSP-UGT Universidade estamos totalmente en contra de que non se inclúa nesta emenda ao persoal de administración e servizos das universidades e cremos que non é de xustiza nin ecuánime que haxa diferente trato para os traballadores da universidade.
Esiximos á Administración e aos partidos políticos que atendan esta xusta demanda: O Persoal de Administración e Servizos das Universidades (PAS) tamén é UNIVERSIDADE e require ser incorporado ás previsións orzamentarias sobre estabilización.

23/05/2017 - Executiva
FeSP-UGT reitérase na defensa dos traballadores do Ensino Concertado

O compromiso da FeSP-UGT cos traballadores do ensino concertado é inequívoco e indiscutible.

FeSP-UGT sempre se opuxo ao peche de unidades escolares tanto no Ensino Público como no Ensino Concertado. Sempre defendemos o mantemento dos cadros de persoal propoñendo medidas escolares que melloren a calidade do ensino como desdobres educativos, baixadas de ratios, incremento de profesorado para atención á diversidade, etc.

Sempre mantivemos este posicionamento con firmeza, nos Consellos Escolares, nas Comisións Provinciais de Concertos e nas Mesas da Concertada.

Que organizacións sindicais coas que colaboramos na negociación colectiva terxiversen informacións para cuestionar este posicionamento só pode ter unha finalidade: menoscabar a nosa imaxe entre os traballadores do sector. Pero non todo vale na acción sindical e a realidade dos feitos acabará poñendo a cada un no lugar que lle corresponde.

Adxuntamos o posicionamento claro e rotundo da nosa executiva federal a prol da defensa dos traballadores do ensino concertado.

Ler máis »
22/05/2017 - Executiva
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada .
 Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:
 a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es
 b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

Ler máis »
16/05/2017 - Executiva
LETRAS GALEGAS. Carlos Casares, gran escritor e axente normalizador da nosa lingua

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Carlos Casares, que nos deixou unha obra considerable que abrangue distintos xéneros. Os intelixentes e eruditos contos dos Escuros soños de Clío, o entrañable conto infantil A galiña azul,  incontables artigos xornalísticos, novelas como Ilustrísma e biografías sobre insignes escritores galegos son parte destacada da súa obra. Ademais participou na redacción da lei de normalización lingüística en 1983 e tamén na creación do Consello da Cultura Galega do que chegou a ser presidente. Tamén foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial.
En suma un gran axente normalizador que deu un pulo inmenso á nosa lingua e que algúns hoxe en día están empeñados en contrarrestar. Non o consintamos.

Ler máis »
10/05/2017 - Executiva
O PROXECTO A VIDA NO ACUARIO, DO CEIP PLURILINGÜE DA SERRA DE OUTES, ACADA O PRIMEIRO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O proxecto “A vida no acuario” de Sonia Sánchez Guerra, do CEIP Plurilingüe da Serra de Outes,  acadou o primeiro premio á innovación educativa “Escola Viva”, convocado por FeSP-UGT Ensino e o movemento educativo Escola Viva. Raúl Gómez Farto, presidente de Escola Viva, e a secretaria provincial da Coruña do Sector de Ensino de FeSP-UGT, Paula Rodríguez, deron a coñecer hoxe en rolda de prensa o fallo do xurado, reunido o pasado día 5 de maio. 

Ler máis »
09/05/2017 - Executiva
AS

As "reválidas" serán aplicadas no centro  por profesores que non imparten clase aos alumnos avaliados. Para corrixir as probas, crearanse unhas comisións de avaliación provinciais integradas por profesores funcionarios do sistema educativo público alleos aos centros seleccionados.

Como vén sendo habitual, as organizacións sindicais que representamos ao conxunto dos traballadores do ensino temos que enterarnos polos medios de comunicación de cousas como esta, o que indica moi claramente o respecto que ten a administración educativa polos traballadores e os seus representantes.

De todos os xeitos, FeSP-UGT rexeita que o MECD, ao non establecer a este respecto nada, na Orde  ECD/393/2017 de 4 de maio, pola que se regulan as probas da avaliación final  de ESO para o curso 2016/2017, deixe ao libre albedrío da administración educativa das comunidades autónomas esta cuestión.

Ler máis »
31/03/2017 - Executiva
RD-lei 6/2017, de 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público

Real Decreto-ley 6/2017, de 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público nos ámbitos de persoal docente non universitario e universitario, Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Corpos de Policía dependentes das Comunidades Autónomas para 2017.

30/03/2017 - Executiva
ACORDO PARA A MELLORA DO EMPREGO PÚBLICO

Só desde a negativa situación de partida (masiva destrución de emprego público e abusivo aumento da temporalidade) se pode comprender a natureza do Acordo.

Case seis anos costou que o goberno recoñecera o erróneo das políticas en materia de emprego público e rectificase. Seis anos de notable e profundo retroceso na calidade da atención á cidadanía. Seis anos nos que a destrución e precarización do emprego público foi a principal medida para combater a crise. Seis anos de vulneración sistemática do dereito á negociación colectiva (como recoñeceron a OIT e o CEDS). Seis anos de loita, mobilización e iniciativas por parte de FeSP-UGT. En suma, seis anos de grandes desacordos que rematan coa rectificación do goberno.

Ler máis »
28/03/2017 - Executiva
UNHA SELECTIVIDADE MÁIS RESTRITIVA

A resolución conxunta do 21 de febreiro de 2017 publicada no DOG de onte pola que se ditan instrucións da avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18 restrinxe a capacidade de elección do alumnado e pode causar a sensación de que hai materias que non vale a pena cursar por non ter cabida na proba de acceso.

Ler máis »
17/03/2017 - Executiva
POLO EMPREGO ESTABLE E A RECUPERACIÓN DE DEREITOS SALARIAIS: ÚNETE
09/03/2017 - Executiva
ROTUNDO ÉXITO O SEGUiMENTO DA FOLGA XERAL NO ENSINO

FE-CCOO DE GALICIA, FESP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDANTES, IESGA E STEG, VALORAN COMO UN ROTUNDO EXITO O SEGUIMENTO DE MODO MAIORITARIO DA CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL NO SISTEMA EDUCATIVO


FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes, IESGA e STEG, valoran como un rotundo exito o seguimento de modo maioritario da convocatoria de Folga Xeral no sistema educativo na data de hoxe, supón un duro castigo ás políticas restritivas do goberno do Partido Popular no eido educativo.
O seguimento da convocatoria de folga, que se cifra nun 63% no colectivo de docentes, e de mais do 90% no alumnado da secundaria e da universidade. Isto visualizouse na masiva asistencia ás mobilizacións convocadas nas cidades e vilas da nosa comunidade rexeitando de modo unánime ás contrarreformas educativas e as políticas de recortes deseñadas polo goberno do PP.

Ler máis »
09/03/2017 - Executiva
9 MARZO FOLGA XERAL NO ENSINO

. Derrogación da LOMCE e do RD 3-2
· Diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente;
· A reversión dos recortes;
· O incremento dos orzamentos dedicados a educación;
· A recuperación dun sistema de becas que garanta a igualdade de oportunidades;
· A eliminación das prácticas non remuneradas en FP;
· A recuperación dos cadros de persoal docentes;
· A dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino;
· O freo á privatización do sistema educativo...

08/03/2017 - Executiva
MANIFESTO FOLGA XERAL NO ENSINO 9 MARZO

MANIFESTO XORNADA DE LOITA E FOLGA XERAL NO SECTOR EDUCATIVO DO 9 DE MARZO

 

A FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDIANTES, IESGA e STEG xa advertimos en decembro que se non se percibían cambios na política educativa do goberno convocaríamos outra folga no primeiro trimestre deste ano. Hoxe 9 de marzo cumprimos co prometido.
Non é admisible que un goberno en minoría continúe desenvolvendo a LOMCE despois de que o parlamento aprobara por ampla maioría unha proposición de lei para derrogala. De nada valen as boas palabras e promesas dun pacto educativo cando os feitos van en camiño contrario. Sobran as razóns para terse mobilizado no día de hoxe.

Ler máis »
08/03/2017 - Executiva
8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A FeSP-UGT Ensino quere conmemorar o día da muller agradecendo o traballo das docentes que día a día aportan calidade ó noso ensino.

"A Liberdade é unha conquista

á que o home chega

por medio da educación 

e a cultura"

Rosa Sensat

07/03/2017 - Executiva
CXT: ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS DE SECUNDARIA E DE ADULTOS

Adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2017, e adxudicación provisional do concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

Ler máis »
09/02/2017 - Executiva
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CONVOCA FOLGA NO SECTOR EDUCATIVO O 9 DE MARZO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

Ler máis »
09/02/2017 - Executiva
REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DE ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CO PARTIDO POPULAR

Continúan os contactos da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia. Os representantes deste colectivo, do que forma parte FeSP-UGT, reuníronse onte co grupo parlamentario popular para informarlle sobre a convocatoria de folga xeral no sector educativo para o día 9 de marzo.

 

Ler máis »
09/02/2017 - Executiva
OFERTA FORMATIVA EXTERIOR

Dentro da oferta formativa o vindeiro día 18 de febreiro, a Federación de Empregados e Empregadas Públicos (FeSP-UGT) realizará na Avda. de América o congreso “Auxiliares de conversación, profesores visitantes e profesores en seccións bilingües de español”.

Ler máis »
30/01/2017 - Executiva
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O sector de Ensino de FeSP-UGT no Día Escolar da Paz e non violencia que se celebra cada ano, de forma especial nas nosas escolas, quere resaltar a importancia da educación en valores de paz e cidadanía para a convivencia e a erradicación da violencia.

 

Ler máis »
30/01/2017 - Executiva
RETENCIÓNS DE IRPF

As empresas que non practicaron correctamente a retención de IRPF NON poden efectuar deducción algunha dos ingresos aos traballadores nin reclamar cantidades aos mesmos que se deban a retencións no practicadas no seu momento.

Ler máis »
25/01/2017 - Executiva
REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CO GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA

Continúan os contactos da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia. Os representantes deste colectivo, do que forma parte FeSP-UGT, reuníronse hoxe co grupo parlamentario socialista para informarlle sobre a posibilidade de que se convoque para o día 9 de marzo unha xornada de folga xeral no sector educativo.

Ler máis »
23/01/2017 - Executiva
Recorrida a convocatoria da Mesa Xeral de negociación dos empregados públicos da Xunta de Galicia

UGT, CCOO e CIG recorren a actuación administrativa da Xunta de Galicia de data 29/11/2016 pola que se convoca reunión da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos para o día 1/12/2016 

Ler máis »
14/01/2017 - Executiva
FeSP-UGT valora como necesario que se derrogue a taxa de reposición en todas as administracións

A supresión da taxa de reposición non é suficiente para recuperar o emprego perdido nos últimos anos.

FeSP-UGT Galicia considera que a taxa de reposición debe derrogarse para o conxunto das administracións públicas, posto que se se limita só aos ámbitos de saúde, ensino e servizos sociais non podería aplicarse na Administración Xeral do Estado e nas Administracións Locais.

 

 

28/12/2016 - Executiva
Orde ECD/1941/2016 que determina as características, deseño e contido da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade

Orde ECD/1941/2016, de 22 de decembro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das calificacións obtidas, para o curso 2016/2017.

Ler máis »
15/12/2016 - Executiva
A FeSP-UGT ENSINO SOLICITA UNHA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO ACORDO DE INTERINOS

A FesP-UGT Ensino solicita unha reunión da comisión de seguemento do acordo de interinos.

Ler máis »
07/12/2016 - Executiva
Informe PISA: a clave da mellora está no esforzo e no compromiso do profesorado nos centros

No último informe PISA 2015, o noso país supera a media da OCDE en lectura, iguálaa en ciencias e quédase a catro puntos en matemáticas.

UGT resalta que a mellora dos resultados obtidos en PISA se debe, en gran parte, ao labor,  esforzo e  compromiso do profesorado nos centros.

Diminuiu o gasto público en educación -cunha perda de 7.300 millóns de euros nos últimos anos- recortáronse os cadros de persoal docente, recortáronse os salarios, cargouse aos docentes con máis tarefas burocráticas e organizativas,  non se puxeron os medios necesarios para  a tención ao alumnado con necesidades educativas especiais e aínda así melloraron os resultados. Isto só pode ser debido ao gran compromiso educativo que a inmensa maioría dos docentes teñen cos seus alumnos e os seus centros o que pon de manifesto que é fundamental que o Goberno conte co profesorado para o deseño de políticas educativas máis eficaces.

Ler máis »
02/12/2016 - Executiva
MESA XERAL DE EMPREGADOS E EMPREGADAS PÚBLICAS DE GALICIA 01/12/2016

FeSP-UGT Galicia demanda que se restitúa o dereito a negociación dos empregados e empregadas públicos de Galicia e unha temporalización de materias a negociar para repoñer dereitos e salarios e ademais rexeita a forma e contidos desta convocatoria, remitida cun prazo de 48 horas e sen aportar ningunha documentación sobre as materias a tratar, o Capítulo I (orzamento de persoal da Xunta de Galicia).

Ler máis »
30/11/2016 - Executiva
Valoramos positivamente a reforma das reválidas e lamentamos que o goberno non escoitara antes á comunidade educativa

Nos últimos meses ante as esixencias da comunidade educativa, que reclamaba a retirada das reválidas, o ministro reconsiderou a súa postura e na reunión da Conferencia Sectorial de Educación mantida o día 28 comprometeuse a modificar as probas de avaliación de final de etapa, coñecidas como reválidasO acordo alcanzado coas comunidades autónomas incorpora  as seguintes modificacións:

 • as probas de Primaria e de 4º de ESO terán un carácter de mostra (non obrigatoria para todos os alumnos), sen efectos académico e con carácter de diagnóstico

• a reválida de Bacharelato contará cunha estrutura prácticamente igual á Proba de Acceso á Universidade e manterase o distrito único

• o alumnado de FP básica poderá a obter o título da ESO, de tal forma que todos os estudantes que acaben esta etapa obterán unha mesma titulación, independentemente do itinerario cursado. 

 

Ler máis »
22/11/2016 - Executiva
REVÁLIDAS: O GOBERNO RECTIFICA

As modificacións previstas no Proxecto de Real Decreto-Lei de medidas urxentes para a ampliación da Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro para a mellora da calidade educativa (LOMCE) que se vai debater na conferencia sectorial do 28 de novembro para adaptalo ás autonomías supoñen, por parte de Goberno do Partido Popular, o recoñecemento implícito de que perdeu a batalla das reválidas.

Ler máis »
21/11/2016 - Executiva
COMUNICADO PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA SOBRE PROXECTO RDL QUE MODIFICA AS REVÁLIDAS

O Goberno do Partido Popular fixo público un borrador de Real Decreto Lei co que da marcha atrás ao seu prantexamento inicial de reválidas na ESO e Bacharelato.

Ler máis »
16/11/2016 - Executiva
O Parlamento rexeita as reválidas

A aprobación no Pleno do Congreso dunha proposición lexislativa socialista para suspender o calendario de implantación da Lomce supón un paso adiante para paralizar definitivamente as reválidas, aínda que é insuficiente.
FeSP-UGT  defende a avaliación continua e considera que as reválidas son probas segregadoras que non reflicten o rendemento académico e impiden a continuidade no sistema ao alumnado que non as superen. Por iso abogamos pola retirada definitiva do RD de reválidas e pola reposición da Proba de Acceso á Universidadde (PAU).

Ler máis »
16/11/2016 - Executiva
VALORACIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA DO REXEITAMENTO DAS REVÁLIDAS NO PARLAMENTO

As organizacións CONFAPA-GALICIA, Federación de Ensino de CCOO de Galicia, FESP-UGT, IESGA e Escola Viva, integradas na Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, e STEG e despois das pasadas mobilizacións do 26 de outubro nas que esiximos a eliminación definitiva das reválidas, a derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes queremos compartir co conxunto da comunidade educativa e da cidadanía en xeral a nosa valoración sobre a aprobación polo Congreso dos Deputados na súa sesión plenaria de onte para iniciar a tramitación da Proposición de Lei sobre a suspensión do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, coñecida como LOMCE.

A proposición  presentada aprobouse por 208 votos a favor, 133 en contra e 2 abstencións. O parlamento reflicte desta forma o rexeitamento maioritario da sociedade contra as reválidas en particular e contra a LOMCE en xeral

Ler máis »
15/11/2016 - Executiva
VACANTES PROVISIONAIS CONCURSO TRASLADOS PARA O ANO 2017

Resolución do 8 de novembro pola que se publican as vacantes provisionais do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación para o ano 2017.

Ler máis »
11/11/2016 - Executiva
TEMPORAL, INTERINO, RECLAMA!! UGT, AXÚDACHE
Ler máis »
27/10/2016 - Executiva
COMUNICADO DE FeSP-UGT ENSINO TRALO ANUNCIO REALIZADO POR RAJOY SOBRE AS REVÁLIDAS

O sector de ensino de FeSP-UGT non admite a chantaxe anunciada polo candidato do PP ao goberno, de suspender as reválidas ata que se conclúa o Pacto pola Educación. Se realmente ten esa intención, o que debe facer, de inmediato, é a retirada do RD de reválidas e máis tralas numerosas mobilizacións contra a súa política levadas a cabo no día de onte pola comunidade educativa.

Ler máis »
18/10/2016 - Executiva
A UNIVERSIDADE ESPAÑOLA EN CIFRAS

Este informe ten o propósito de facilitar unha síntese, en relación cos máis de 1.049.490 datos recolleitos en máis de 257 cadros que contén a edición de "LA UNIVERSIDAD ESPAÑOLA EN CIFRAS. AÑO 2014 Y Curso académico 2014/2015" (UEC 2014/2015). A totalidade da información recompilada nesta edición é relevante nun triplo sentido: Aporta unha base informativa para a transparencia institucional e a rendición de contas, e facilita a comunicación do sistema universitario coa sociedade.
Permite unha análise dinámica da evolución da demanda, a oferta, os recursos e os resultados do sistema universitario por comparación con outros informes da Universidade Española en Cifras de edicións anteriores e outros datos dispoñibles.
Proporciona información para o coñecemento institucional interno de cada universidade e do sistema universitario, sendo da máxima utilidade para os seus directivos institucionais, académicos e de xestión.

Ler máis »
18/10/2016 - Executiva
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA REÚNESE CO GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA

Nova reunión da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia para explicar as mobilizacións do día 26 de outubro contra as reválidas. Hoxe os representantes da Plataforma estiveron reunidos co grupo parlamentario socialista, que lles manifestou o seu apoio nesta loita contra a LOMCE e as reválidas.

Ler máis »
06/10/2016 - Executiva
MESA SECTORIAL MARTES 11 DE OUTUBRO

O vindeiro martes 11 de outubro terá lugar a Mesa Sectorial para tratar a seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 31 de maio e 7 de xuño.

2. Concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, ...

3. Concurso de traslados específico, prazas de educación e promoción de adultos.

4. Concurso de orientación.

5. Resolución pola que se convoca bolsa de profesores especialistas para o ciclo formativo de grao superior de mantemento aeromecánico a impartir no CIFP As Mercedes de Lugo.

6. Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Organización e Control de Obras de Construción.

7. Rogos e preguntas.

Ler máis »
05/10/2016 - Executiva
Publicada no BOE orde normas concursos de traslado de ámbito estatal

Publicada no BOE a Orde ECD/1596/2016, de 23 de setembro pola que se establecen as normas procedimentais aplicables aos concursos de traslado de ámbito estatal, que deben convocarse durante o curso 2016/2017, para persoal funcionario dos corpos docentes contemplados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, modificada por la Lei Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa. (BOE) 

Ler máis »
26/09/2016 - Executiva
Entrevista co Ministro de Educación: UGT demanda, como inicio de calquera diálogo para un Pacto de Educación, a retirada das reválidas

O sector de ensino de UGT trasladou ao Ministro de Educación, na reunión mantida esta mañá, a necesidade de retirar o RD de reválidas como xesto de vontade para iniciar calquera negociación referida a un Pacto de Educación. UGT reiterou que non existe “clima” nin condicións para iso, debido á interinidade na que se atopa o goberno.

Recordámoslle ao Ministro que o noso sindicato vén reivindicando un Pacto pola Educación desde o 1996 e que se desperdiciaron as oportunidades que houbo para logralo no anterior goberno socialista polo bloqueo do grupo popular.

Ler máis »
09/09/2016 - Executiva
Adxudicación definitiva de destino para o próximo curso académico 2016/2017 de secundaria

Adxudicación definitiva de destino para o próximo curso académico 2016/2017, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...

Ler máis »
01/09/2016 - Executiva
Os compromisos firmados por PP e Ciudadanos non impedirán que a LOMCE entre en vigor.

O sector de Ensino de FeSP-UGT considera que o acordo asinado entre o PP e Cidadáns en materia educativa, que prevé a conxelación do calendario de implementación da LOMCE en todos os aspectos que non entren en vigor, non terá ningunha repercusión práctica porque a LOMCE xa está implantada nas cuestións máis relevantes da mesma.

Ler máis »
18/08/2016 - Executiva
INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE CICLOS FORMATIVOS DE FP

Resolución de 4 agosto da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións plara o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2016/15.

Ler máis »
17/08/2016 - Executiva
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DESTINOS PROVISIONAIS CURSO 2016/17

Resolución de 1 de agosto de 2016 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos provisionais para o curso 2016/17 ao perosal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizo por concelleiro/a, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2016, ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

Ler máis »
08/08/2016 - Executiva
Devolución de parte das extras e salario recortados na nómina de agosto aos traballadores do ensino público e concertado

Aos traballadores do ensino público aboaráselles o 25% pendente da paga extra de 2012 e a parte proporcional do complemento específico correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2012 e aos traballadores do ensino concertado o 1'12% do salario pendente de 2012 e a parte correspondente de xaneiro e febreiro de 2013.

Ler máis »
05/08/2016 - Executiva
Novas materias de libre configuración autonómica

Publicouse a orde de 13 de xullo no DOG do 4 de agosto pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de ESO e Bacharelato e regula o seu currículo e oferta.

Ler máis »
01/08/2016 - Executiva
Decreto que regula as reválidas

O 30 de xullo publicouse no BOE o Real Decreto 310/2016 de 19 de xullo polo que se regulan as avaliacións finais de ESO e Bacharelato.

 

 

Ler máis »
29/07/2016 - Executiva
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL CADP SECUNDARIA

Adxudicación provisional de destino para o próximo curso académico 2016/2017, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...

Ler máis »
27/07/2016 - Executiva
RESOLUCIÓN CONCURSO MÉRITOS PERSOAL DOCENTE EN PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO OU PROGRAMAS ESPECÍFICOS

ORDE do 14 de xullo de 2016 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Ler máis »
20/07/2016 - Executiva
INSTRUCIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN DO CURRÍCULO DE ESO E BACHARELATO NO CURSO 2016/17

Resolución de 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a implantación no curso académico 2016/17 do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis »
18/07/2016 - Executiva
FeSP-UGT Ensino DENUNCIA A SUPRESIÓN DE UNIDADES E POSTOS DE TRABALLO NO ENSINO PÚBLICO

No DOG do pasado 15 de xullo publicouse a ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

A aplicación desta orde terá como consecuencia a supresión dos seguintes recursos educativos:

- 5 unidades dos Centros Rurais Agrupados

- 12 escolas unitarias

- 66 unidades e 115 postos de traballo en Centros de Educación Infantil e Primaria.

Ler máis »
02/06/2016 - Executiva
RECUPERACIÓN PAGAS EXTRAS

ASINADO O ACORDO DE DEVOLUCIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO, OU EQUIVALENTE, DA PARTE DEVINDICADA DA PAGA EXTRA DO ANO 2013, (1-xaneiro a 28-febreiro) E A RECUPERACIÓN ÍNTEGRA DAS EXTRAS NO 2017

Ler máis »
02/06/2016 - Executiva
OPOSICIÓNS 2016:PUBLICACIÓN EN DOG LISTAXES ADMITIDOS E EXCLUIDOS.

PUBLICADA NO DOG DE HOXE A RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis »
01/06/2016 - Executiva
MESA SECTORIAL EDUCACIÓN, 31 de maio 2016.

A Consellería traslada nesta Mesa Sectorial que as oposicións comezarán o 23 de xuño. 

CADP

•A FETE-UGT demanda que se devolva o complemento da ESO para os mestres de PT e AL que imparten docencia na etapa de secundaria.

•En relación coas afíns e destinos de oficio, solicitamos que non se inclúan as especialidades de Educación Infantil, PT e AL.

•Solicítase que se  regulen as materias afíns para a mellora da calidade educativa 

do alumnado e laboral do profesorado.

•Solicitamos información á administración  das datas das adxudicacións provisionais para  o curso 2016 – 2017

Ler máis »
25/05/2016 - Executiva
MESA SECTORIAL: DOCUMENTACIÓN

CONVOCADA MESA SECTORIAL PARA O VINDEIRO 31 DE MAIO.

Ler máis »
23/05/2016 - Executiva
O MÉRCORES 25 DE MAIO CELEBRARASE O ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O mércores 25 de maio celebrarase en Santiago o acto de entrega da cuarta edición dos premios á innovación educativa “Escola Viva”, convocados por FETE-UGT Galicia e Escola Viva. O proxecto “Kale/Kela: Al son de las ciencias y las letras. Arte inclusiva”, do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín recibirá o premio no transcurso da entrega que se celebrará o mércores a partir das 16:30 horas no Hotel Congreso de Teo.

Ler máis »
19/04/2016 - Executiva
CONCURSO MÉRITOS EQUIPOS ORIENTACIÓN ESPECIFICOS

Convocado o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos (2016)

Ler máis »
04/03/2016 - Executiva
FETE INFORMA PUBLICA: COMPROMISO GRUPOS PARLAMENTARIOS

Hoxe FETE-UGT Galicia xunto as organizacións representativas dos distintos sectores da comunidade educativa galega, CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDANTES e IESGA, (organizacións integradas na Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia), máis STEG e NOVA ESCOLA GALEGA, vimos de acadar o compromiso asinado polos actuais grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia para PARALIZAR, DERROGAR E REVERTIR A APLICACIÓN DA LOMCE E OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA.

Ler máis »
12/01/2016 - Executiva
PENSIÓNS 2016. HABER REGULADOR ANUAL

A Lei de Orzamentos Xerais do Estado fixa anualmente os haberes reguladores, as bases para o cálculo das pensións de Clases Pasivas, para cada grupo, subgrupo de clasificación en que se encadran os distintos Corpos, escalas, prazas ou empregos de funcionarios.

Calcúlase a pensión tendo en conta os anos cotizados e o grupo ao que se pertence.

 

Ler máis »
26/10/2015 - Executiva
FUNCIÓN PÚBLICA: ORZAMENTOS 2016

FETE INFORMA DA REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE O CAPÍTULO I DOS ORZAMENTOS DE 2016 (15-10-2015)E DA MESA XERAL EXTRAORDINARIA (16-10-2015).

Ler máis »
20/10/2015 - Executiva
A Consellería devolve 131 euros en novembro aos traballadores da concertada

Segundo información da Consellería, na nómina de outubro percibiremos 0,63 por cento do salario e complemento de antigüidade que percibiamos antes da aplicación da Lei 5 de 2012 de 3 de agosto de adaptación ás disposicións básicas do RDL 20 de 2012 de 13 de xullo, é dicir, antes do recorte do 4,5 por cento.

Ler máis »
17/09/2015 - Executiva
PAGA EXTRA 2012

Restitución do 26,23% da paga extraordinaria de decembro de 2012 no mes de novembro.

Ler máis »
10/09/2015 - Executiva
POR UNHA EUROPA SOLIDARIA: REFUXIADOS BENVIDOS

MOBILIZACIÓNS 13 DE SETEMBRO.

SOLIDARIEDADE GALEGA COS REFUXIADOS.

Ler máis »
21/06/2015 - Executiva
Curso:

"El teatro, motor del cambio social" é o título do novo curso que FETE-UGT ten previsto desenvolver do 16 ao 18 de xullo no marco do Festival Internacional de Teatro de Almagro

Ler máis »
13/05/2015 - Executiva
COMISIÓNS DE SERVIZOS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL 2015

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación  da vida familiar e laboral para o curso académico 2015-16.

Ler máis »
21/04/2015 - Executiva
Solidariedade co IES Joan Fuster

FETE-UGT lamenta e manifesta o seu total rexeitamento pola morte do profesor do IES Joan Fuster, de Barcelona.

O sindicato amosa o seu apoio e solidariedade ao centro e ás familias afectadas.

O lamentable suceso hai que enmarcalo no ámbito da enfermidade mental do alumno e afastarnos neste momento de formulacións demagóxicas ao buscar as causas fáciles da súa explicación.

Son os profesionais do comportamento humano, xunto a toda a comunidade educativa, os que deben orientar aos docentes para arbitrar as medidas necesarias que impidan que se volvan producir feitos como estes.

Se algo podemos aprender é que debería terse en consideración calquera aviso do alumnado neste sentido.

12/03/2015 - Executiva
BORRADOR CONCURSO PARA PROFESORES ESPECIAIS DE ITEM(INSTITUTOS TÉCNICOS DE ENSINANZAS MEDIAS

Engadimos convocatoria

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia