Actualidad y noticias

28/09/2018 - Noticias
O MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCOU A MESA SECTORIAL DO ENISO CONCERTADO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, convocou a Mesa sectorial do Ensino Concertado para o próximo 5 de outubro.

Cabe recordar que a última convocatoria da Mesa Sectorial do Ensino Concertado produciuse nada menos que en 2011, sendo aínda ministro de Educación Anxo Gabilondo.

Ler máis »
11/01/2018 - Noticias
HABILITACIÓNS PARA O MES DE XANEIRO
20/11/2017 - Noticias
O GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA CUMPRIU O SEU COMPROMISO COS TRABALLADORES DA CONCERTADA

Como vos informamos recentemente a pasada semana as OOSS FSIE, FeSP UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino mantivemos xuntanzas con todos os grupos parlamentarios galegos para manifestarlles as nosas inquedanzas co proxecto de orzamentos do ano 2018, darlles a coñecer a problemática dos traballadores do ensino concertado e solicitarlles apoio na derrogación  do parágrafo terceiro do artigo 53.2 e da disposición adicional novena do citado proxecto de orzamentos.

Pois ben, o Grupo Parlamentario Socialista  cumprindo o compromiso realizado na reunión da semana pasada, presentou dúas emendas solicitando a súpresión dos parágrafos que impiden que percibamos a PEA (unha media de 12.000 que a Xunta debe a moitos traballadores) e que recuperemos os incrementos salariais suprimidos en 2010.

Ler máis »
14/11/2017 - Noticias
REUNIÓN COS GRUPOS PARLAMENTARIOS DE EN MAREA, BNG E PP PARA TRATAR SOBRE A SITUACIÓN DO ENSINO CONCERTADO

As organizacións sindicais FeSP-UGT, CCOO Ensino, FSIE, FEUSO e CIG Ensino reuníronse hoxe coS responsable de Educación do grupos parlamentarios e En Marea, BNG e PP para tratar sobre a "insostible situación na que se atopan as traballadoras e traballadores do Ensino Concertado".

Ler máis »
01/09/2017 - Noticias
CONCERTADA: FeSP-UGT reúnese co MECD na procura do pago delegado para todos

O responsable do Sindicato de Enseñanza Privada de FeSP-UGT e o Director Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do MECD mantiveron o 26 de xullo unha xuntanza para  tratar a proposta de FeSP-UGT de incorporar á figura xurídica do pago delegado á totalidade dos Traballadores (sexan docentes, PAS ou persoal complementario) de todos os centros concertados e/ou subvencionados que regulen as súas condicións de traballo polo convenio de Ensino Concertado, Educación Especial ou Educación Infantil.

Na foto Jesús Gualix, responsable do Sindicato Enseñanza Privada de FeSP-UGT

Ler máis »
21/08/2017 - Noticias
NOVA ORDE DE CONCERTOS EDUCATIVOS

Hoxe publicouse no DOG a  ORDE do 9 de agosto de 2013 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior.

SE QUERES LER A ORDE E INFORMARTE MÁIS PINCHA EN "LER MÁIS"

Ler máis »
13/06/2017 - Noticias
FeSP-UGT rexistra no MECD a solicitude de pago delegado para discapacidade

O sector de ensino da FeSP-UGT esixe o pago delegado para a totalidade do persoal dos centros de atención especializada e dos centros de educación especial do ámbito Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade.

Ler máis »
01/06/2017 - Noticias
HABILITACIÓNS: ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES ENTRE O 1 e o 3O DE XUÑO

Lembramos que desde o día 1 ao 30 de xuño poderán facerse as solicitudes  de habilitacións.
Só se poderá presentar unha instancia por tipo de solicitude. No caso de presentar máis dunha instancia do mesmo tipo de solicitude, a xefatura territorial correspondente unicamente tramitará a última instancia rexistrada.
Aquelas persoas que xa solicitaron en convocatorias anteriores e xa acreditaron a documentación necesaria para ser habilitadas: Celga 4, formación pedagóxica e didáctica e a certificación académica, non terán que presentala de novo.
As  persoas xa habilitadas en materias LOE que teñen correspondencia con materias LOMCE deberían recibir a/s certificación/s que lles correspondan no seu correo electrónico e polo tanto non terían que solicitalas. Comprobade que isto sucedeu así.

Débese facer a solicitude a través da aplicación informática da páxina
https://www.edu.xunta.es/habilitacions/

Posteriormente presentarase o documento xerado pola aplicación e fotocopia compulsada da documentación precisa nos rexistros das xefaturas territoriais ou no rexistro central da Xunta.

Ler máis »
01/03/2017 - Noticias
HABILITACIÓNS

Lembramos que desde o día 1 ao 31 de marzo poderán facerse as solicitudes de habilitacións. Só se poderá presentar unha instancia por tipo de solicitude. No caso de presentar máis dunha instancia do mesmo tipo de solicitude, a xefatura territorial correspondente unicamente tramitará a última instancia rexistrada.

Aquelas persoas que xa solicitaron en convocatorias anteriores e xa acreditaron a documentación necesaria para ser habilitadas: Celga 4, formación pedagóxica e didáctica e a certificación académica, non terán que presentala de novo.

Ler máis »
16/02/2017 - Noticias
RISCOS LABORAIS

Desde o Sector de Ensino da FeSP-UGT   realizamos distintos proxectos de Saúde Laboral gracias a diversas subvencións da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais . Dentro destes proxectos levamos realizado os seguintes produtos electrónicos. Podedes acceder polas ligazóns.

Ler máis »
02/02/2017 - Noticias
Reunión da Comisión Negociadora do Convenio de Ensino Concertado

O pasado luns 23 de xaneiro, reuniuse a Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do Ensino Concertado para tratar o punto único das táboas salariais tanto do persoal docente en pago delegado como do PAS e persoal docente de niveis non concertados.

Ler máis »
12/08/2016 - Noticias
Modificación de concertos educativos

Publicada hoxe no DOG a orde de 9 de agosto pola que se modifican os concertos educativos en centros privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria , educación especial e de formación profesional.

Ler máis »
14/06/2016 - Noticias
INCREMENTO DE RATIOS PARA CENTROS CONCERTADOS

 

No DOG de 31 de decembro de 2015 vén publicada a Lei 12/2015, de 24 de decembro, de Orzamentos Xerais de Galicia para o ano 2016, pola que se incrementan as ratios para 3º e 4º de ESO (Anexo IV) e que entrarán en vigor a partir de 1 de setembro de 2016.

Este incremento de ratio vén dado pola necesidade de cubrir o incremento horario que supón o desdobre das matemáticas académicas e aplicadas en 3º de ESO e para os itinerarios de 4º de ESO, ensinanzas académicas e aplicadas, dando así cumprimento á LOMCE

Ler máis »
12/01/2016 - Noticias
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS, NOVA CONVOCATORIA

A XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL, EN DETERMINADAS UNIDADES DE COMPETENCIA. Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG 11-1-2016)

 

Ler máis »
08/01/2016 - Noticias
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL, EN DETERMINADAS UNIDADES DE COMPETENCIA  (DOG 8-1-2016)

 

Ler máis »
08/10/2015 - Noticias
PUBLICADA NO DOG A RECUPERACIÓN DO 1,18% RECORTADO EN 2012

Publicada No DOG de 5 outubre a LEI 11/2015, do 1 de outubro, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

Ler máis »
22/05/2015 - Noticias
FETE-UGT gaña na Audiencia Nacional o xuizo pola impugnación do convenio colectivo de Ana Naya

FETE-UGT gañou na Audiencia Nacional o xuízo pola impugnación do Convenio Colectivo da empresa Ana Naya García S.L. polo que se anula o Convenio Colectivo de devandita empresa.

Ler máis »
04/05/2015 - Noticias
FETE-UGT IMPUGNA O CONVENIO COLECTIVO DE ANA NAYA (CATIVOS)

Onte celebrouse o xuízo na Audiencia Nacional pola impugnación de FETE-UGT ao Convenio Colectivo da empresa ANA NAYA GARCÍA S.L por consideralo fraudulento.

Ler máis »
29/01/2015 - Noticias
Jesús Gualix Secretario Federal de Ensino Privado de FETE-UGT:

Preto de cen persoas participaron na Asemblea que celebramos onte no Colegio Lasalle en Santiago de Compostela. Nela Raúl Gómez Farto, Secretario Xeral de FETE-UGT Galicia, destacou o carácter plurisectorial do sindicato, que defende por igual os intereses de todos os traballadores do ensino (público, concertado, universidade, escolas infantís...) o que fai  de FETE-UGT o sindicato con maior representación no ensino en Galicia.

Ler máis »
17/12/2014 - Noticias
Incremento de 6'7€ ao mes na concertada?

O Conselleiro de Educación parece ser que decidiu subir aos traballadores en pago delegado un 0,45% no salario, o que suporía 6,7 € ao mes nuns casos e 7,88 € noutros.

Dicimos parece ser porque o Conselleiro de educación non se puxo en contacto cos sindicatos que temos representación no ensino concertado, polo menos non con FETE-UGT o segundo sindicato máis representativo do sector.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia