Actualidad y noticias

08/06/2018 - Mesa Sectorial
HOMOLOGACIÓN SALARIAL: AS NEGOCIACIÓNS COA CONSELLERÍA EN PUNTO MORTO

  

 

FeSP-UGT denuncia a actitude inmobilista da Administración que dificulta enormemente a consecución dun acordo de Homologación Salarial que a propia Administración sempre recoñeceu que era necesario.  

 

 

 

Ler máis »
01/06/2018 - Mesa Sectorial
HOMOLOGACIÓN SALARIAL: REALMENTE A CONSELLERÍA QUERE ACADAR UN ACORDO?

No día de hoxe tivo lugar a 5ª reunión sen que chegara a un acordo. A Consellería négalle ó profesorado algo que é de xustiza: a homologación co resto do profesorado do Estado.

Ler máis »
29/05/2018 - Mesa Sectorial
HOMOLOGACIÓN SALARIAL: A CONSELLERÍA SEGUE A DARLLE A ESPALDA Ó PROFESORADO

No día de hoxe tivo lugar a cuarta reunión co obxectivo de alcanzar un acordo retributivo en Galicia que permita ó profesorado galego homologarse co resto do profesorado do Estado. A posición da Consellería complica a consecución do Acordo.

Ler máis »
22/05/2018 - Mesa Sectorial
HOMOLOGACION SALARIAL: A CONSELLERÍA DALLE A ESPALDA Ó PROFESORADO. A FeSP-UGT NON ACEPTA A PROPOSTA DA CONSELLERÍA

No día de hoxe produciuse a segunda e terceira xuntanza coa Administración co obxectivo de acadar un acordo de HOMOLOGACIÓN SALARIAL co resto dos compañeiros do ESTADO. Lamentablemente isto non foi posible xa que a Administración non nos fixo unha proposta seria como punto de partida da NEGOCIACIÓN. 

Ler máis »
17/05/2018 - Mesa Sectorial
A FeSP UGT NEGOCIARÁ UN ACORDO DE HOMOLOGACIÓN SALARIAL COA ADMINISTRACIÓN

A FeSP-UGT negociará unha homologación salarial do profesorado galego coas seguintes condicións: en primeiro lugar, que manteñan o espírito dos acordos salariais autonómicos asinados por esta organización sindical nos anos 2003 e 2006; en segundo lugar,  que dito acordo nos permita situar no terzo alto das retribucións de todas as CCAA; en terceiro lugar,  que manteña a cláusula de revisión para que unha vez finalice a  temporalización da aplicación do acordo se proceda á súa revisión.

 

Ler máis »
15/05/2018 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL DO 15 DE MAIO DE 2018

No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial na que se abordaron entre outros aspectos a Orde de Elección de Destinos Provisionais para o curso 2018/19. Pola súa importancia e novidade recomendamos a súa lectura.

 

Ler máis »
02/05/2018 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL: Proxecto de Orde de Adxudicación de Destinos Provisionais

Podedes consultar como documento adxunto o Borrador do texto da Orde da Adxudicación de Destinos Provisional do ano 2018 que se negociará na vindeira Mesa Sectorial, para a que aínda non temos fixada data de celebración.

Ler máis »
13/04/2018 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL DO 10 DE ABRIL DE 2018

O Martes 10 de abril levouse a cabo a continuación da Mesa Sectorial do 20 de marzo de 2018 onde se trataron oas seguintes puntos:

  • Piale
  • Licenzas de formación
  • Reintegro de gastos
  • Rogos e preguntas
Ler máis »
20/03/2018 - Mesa Sectorial
RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 20 DE MARZO

Por acordo entre a administración e todas as Organizacións Sindicais tomouse a decisión de adiar a reunión ata despois de Semana Santa despois de tratar os sete primeiros puntos da orde do día. FeSP-UGT no seu escrito do pasado venres xa denunciábamos o feito de convocar unha Mesa de Negociación con tantos puntos na orde do día. Achéganse Informa-t dalgúns puntos tratados.

Ler máis »
16/03/2018 - Mesa Sectorial
CONVOCATORIA VINDEIRA MESA SECTORIAL

Convocada a vindeira Mesa Sectorial con 11 puntos na orde do día. FeSP-UGT, CCOO e ANPE vimos de presentar un escrito manifestando a nosa queixa formal por este feito que incide gravemente na negociación da Administración cos representantes do profesorado. Máis información e borradores no interior.

Ler máis »
20/02/2018 - Mesa Sectorial
RESUMO DA MESA SECTORIAL DO 20 DE FEBREIRO DE 2018

Na Mesa sectorial de hoxe 20 de febreiro de 2018 a FeSP-UGT reivindicou unha apertura de diálogo para a recuperación dos dereitos perdidos do profesorado, un aumento de vacantes para o CXT e a cobertura de todas as resultas e unha equiparación nos dereitos das familias, entre outros aspectos.

Podedes ler o resumo da Mesa Sectorial no Informa-t adxunto.

Ler máis »
14/02/2018 - Mesa Sectorial
CONVOCATORIA VINDEIRA MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA
Ler máis »
13/02/2018 - Mesa Sectorial
ANTEPROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DAS ENSINAZAS DE IDIOMAS DE RÉXIME ESPECIAL
Ler máis »
31/01/2018 - Mesa Sectorial
CONVOCATORIA DA MESA SECTORIAL DOCENTE PARA O MARTES 6

A xuntanza terá lugar o vindeiro Martes 6 de febreiro ás 10:30

Ler máis »
24/10/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 24-10-17: CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

A FeSP – UGT alega que nesta orde debemos prestar especial atención pola casuística que se deu na última convocatoria. Tentando mellorar a norma provocouse, en moitos casos, unha imposibilidade de conciliación por horarios nocturnos, xornadas partidas, CEE, EPAPU … e, pola dificultade á hora de facer as peticións. No interese de subsanar todos os erros entendemos e agradecemos que se abrira a man, tal e como solicitou esta organización sindical, para poder repetir as peticións. Aínda así, consideramos que a norma debería reescribirse novamente en base a estas premisas:
- A distancia tomada como referencia desde o lugar de residencia. (Aceptada)
- Poder omitir das peticións obrigatorias, e que se reflicta así na norma, os centros nos que se imparte nocturno ó igual que as xornadas partidas, Centros de eninanzas para adultos, CEE ... (Aceptada)
- Eliminar a necesidade de solicitar TODOS os centros do concello dentro das excepcións antes comentadas e de pedir como primeira opción o concello. Deixar ó arbitrio do solicitante os destinos que queira solicitar, tal e como se facía coa normativa anterior dentro da premisa dos 20 km, podendo solicitar así concellos limítrofes (Redondela antes de Vigo aínda que residas en Vigo; por exemplo) . (Aceptada)

Ler máis »
24/10/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 24-10-17: CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

FeSP-UGT demanda un concurso de traslados de carácter autonómico que permita a mobilidade do profesorado galego q que prime a máxima que vimos defendendo desde hai anos: a estabilidade laboral do profesorado galego e dos cadros de persoal dos centros educativos reducindo a taxa de profesorado en expectativa de destino na nosa Comunidade Autónoma.
Ademais esta organización esixe á administración a reposición no CXT de todas as xubilacións ata abril do 2018 e a inclusión de, como mínimo, o número de vacantes por especialidade que salgan na vindeira OPE para poder dar resposta ó colectivo de profesorado en expectativa de destino máis damnificado.
En canto as vacantes é unha demanda reiterada vacantes definitivas de AL para a Etapa de Secundaria para poder atender as necesidades do alumnado neae dun xeito estable e continuado. Do mesmo xeito, lembramos que se deben ofertar vacantes para mestres que imparten na ESO, de xeito que se lles favoreza a mobilidade e máis tendo en conta que existen mestres que imparten na ESO afectados pola reorganización de centros que tivo lugar este final de curso.
Novamente solicitamos a creación dun catálogo para os centros de Secundaria que axude á organización dos mesmos e á estabilidade dos cadros de persoal docente.

Ler máis »
24/10/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 24-10-17: CONCURSO DE TRASLADOS DE ORIENTACIÓN

Desde a filosofía desta organización sindical e a defensa para cos dereitos do alumnado neae e o profesorado que atende á diversidade nos centros educativos galegos FeSP-UGT NON pode aceptar prazas de orientación compartidas e non negociadas nas XP e que esconden centros adscritos non coñecidos polos docentes que concursan que non cobren as necesidades da comunidade educativa. A FeSP-UGT reta e esixe a esta consellería a que aposte pola atención á diversidade mediante un cambio na Rede de Orientación Educativa Galega e na normativa que concirne á mesma que data da época da LOGSE de 1998, onde as premisas que a rexen aínda son as da integración e non a inclusión, que é á que temos que dar resposta nos centros educativos. A raíz da inclusión como valor nos centros educativos galegos o alumnado e o profesorado gañou en experiencias e en valores pero tamén en carga laboral para a que os Departamentos de orientación non están preparados por falta de horas. O alumnado neae merece unha resposta educativa axeitada ás súas capacidades e ós seus intereses e con un 70% de prazas de orientación compartidas no CADP (algunhas agora no CXT), un 55% de ALs e de 57% PTs itinerantes é inviable.

Ler máis »
24/10/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 24-10-17: POSTOS DE DIFÍCIL DESEMPEÑO

Agradecemos a modificación desta orde; xa que a FeSP-UGT Ensino solicitouno nunha Mesa Sectorial o pasado curso debido á cantidade de prazas que non se contemplaban. Aínda así, cabe analizar a perda de unidades no ensino público observable nos 67 centros menos en toda Galicia catalogados de difícil desempeño: na provincia de Pontevedra (26 menos) e na provincia de A Coruña (39 centros menos) tendo Lugo ganancia de 3 e Ourense de 1.
Esta organización non pode aceptar a proposta das Unidade específicas de Educación Especial dada a súa escaseza. De aceptala estaríamos abocando estas unidades a un proceso de habilitación anual das mesmas; co que non estamos de acordo en determinados centros que, ano tras ano, escolarizan alumnado NEE.

Ler máis »
17/10/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL DOCENTE CONVOCADA PARA O MARTES 24 DE OUTUBRO

O martes 24 de outubro ás 10:00 terá lugar a primeira Mesa Sectorial Docente Non Universitaria deste curso coa seguinte Orde do día:

- Concurso xeral de Traslados 2017.

- Concurso Xeral de Orientación.

- Orde pola que se modifica parcialmente a Orde que regula a Concicliación da vida familiar e laboral.

- Orde pola que se actualiza os anexos que establecen os centros e os postos de especial dificultade.

Rogos e preguntas.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

Ler máis »
09/10/2017 - Mesa Sectorial
PROXECTO DE ORDE DO CONXURSO XERAL DE TRASLADOS

No día de hoxe a administración achegou ás OOSS o Proxecto de Orde para o Concurso Xeral de Traslados do 2017 que se negociará na vindeira Mesa Sectorial, prevista para a segunda quincena do mes de Outubro.

A FeSP - UGT Ensino demanda un Concurso Xeral de Traslados de ámbito autonómico que premita a mobilidade ó profesorado galego e que prime a máxima que vimos reclamando desde hai tempo: a estabilidade dos docentes galegos reducindo a taxa de profesorado en expectativa de destino na nosa Comunidade Autónoma.

Previo á Mesa Sectorial solicitaremos á administración que convoque outros concursos que axuden a dar estabilidade nas plantillas dos centros facendo fincapé no Concurso de Orientación de Primaria e o Concurso para cubrir vacantes nos centros de adultos; onde se dean cobertura real á atención á diversidade adxudicando as prazas de orientación con centros compartidos; como xa pedimos en anteriores ocasións.

Ler máis »
07/06/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL: VACACIÓNS DE PRIMAVERA, MATERIAS AFÍNS E MOITO MÁIS

Na mesa sectorial de hoxe non se tratou a orde de calendario escolar, pero deuse por rematada a mesma. Solicitamos á administración que se entregue a documentación das mesas con tempo suficiente e que as ordes do día sexan menos extensas para poder debatelas en profundidade e con tempo suficiente.
Esta organización, previamente á mesa, xa propuxo por escrito á administración modificar o calendario escolar para racionalizar os períodos lectivos apelando ó criterio pedagóxico, mantendo un descanso fixo entre o 1 e o 10 de abril (VACACIÓNS DE PRIMAVERA), sen alterar o número de días lectivos, pero desvinculando as vacacións da semana santa, que son as que xeran disparidade nas datas.
En relación coas afíns e destinos de oficio na orde de mestres, solicitamos que non se inclúan as especialidades de Educación Infantil, francés, PT e AL, para dar unha resposta educativa máis axeitada ó alumnado con neae e de máis curta idade. E seguimos insistindo en que se  regulen as materias afíns para a mellora da calidade educativa do alumnado e laboral do profesorado na etapa de secundaria por ámbitos e na creación de comisións provinciais que revisen os perfís de estas vacantes
A FeSP-UGT solicitou ademais que sexan xenerosos coas prazas dos profesionais que atenden alumnado neae (PT, AL e Orientación) e que na medida do posible sexan, sen itinerancia ou con itinerancia, coherentes
Na mesma liña esta organización solicita que a itinerancia en secundaria e primaria sexa soamente entres dous centros; ó que a administración afirma que intentará facelo como norma xeral.
E moita máis información que podedes ler en "ler máis".

Ler máis »
02/06/2017 - Mesa Sectorial
CONVOCADA MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA O VINDEIRO MARTES 6 DE XUÑO DE 2017

O vindeiro martes 6 de xuño de 2017 terá lugar a mesa sectorial docente non universitaria coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 6 de abril.

2. Proxecto de orde pola que se ditan as normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2017/2018, entre o persoal docente pertencente ao corpo de mestres.

3. Proxecto de orde pola que se ditan as normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2017/2018, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de fp ...

4. Orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de asesoría do Servizo de Formación do Profesorado, Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos Centros de Formación e Recursos.

5. Concurso de prazas de persoal Asesor nesta Consellería.

6. Calendario escolar.

7. Rogos e preguntas.

 

Ler máis »
09/05/2017 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL: MELLORAS NA CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

Na longa Mesa Sectorial de hoxe (que continuará o martes próximo) tratáronse os seguintes temas: ordes sobre escolarización de alumnado de atención preferente, prazas sometidas a convenio,comisións de servizo por conciliación da vida laboral e familiar e recoñecemento de oficio das vacacións aboadas, non recoñecidas como servizos prestados, e varios.
FeSP-UGT Ensino defendeu o dereito a conciliar de todos os colectivos e de ambos proxenitores. Propuxemos que a adxudicación debe ser por bloques ou colectivos ordenados do seguinte xeito:
- Funcionarios/as de carreira.
- Funcionarios/as en prácticas.
- Funcionarios/as interinos/as.
Sendo esta proposta aceptada pola administración

Ler máis »
09/05/2017 - Mesa Sectorial
DOCUMENTOS PARA A MESA SECTORIAL DOCENTE

Achegamos os documentos da mesa sectorial docente:

- MODIFICACIÓN DO ACORDO DE INTERINOS

- PROXECTO DE ORDE DAS COMISIÓNS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR.

- DOCUMENTO NO QUE SE RECOLLE O PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO COMO SERVIZOS PRESTADOS DOS DÍAS CORRESPONDENTES ÁS VACACIÓNS ABOADAS NON GOZADAS.

- PERMUTAS.

-PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO E PROGRAMAS ESPECÍFICOS DESTA CONSELLERÍA

CONCURSO DE MÉRITOS ESPECÍFICOS PARA CUBRIR PRAZAS EN POSTOS DE ESCOLARIZACIÓN PREFERENTE.

Ler máis »
09/04/2017 - Mesa Sectorial
INFORMA-t DE ROGOS E PREGUNTAS DA MESA SECTORIAL DO 6 DE ABRIL DE 2107

A FeSP-UGT denuncia a DESINFORMACIÓN ás OOSS por parte da Consellería. A ausencia do presidente da Mesa Sectorial supuxo a NON CONTESTACIÓN da meirande parte dos rogos e preguntas presentados vetando o dereito á información do profesorado en cuestións tan relevanes como o CXT ou as Oposicións.

 

 

Ler máis »
30/03/2017 - Mesa Sectorial
XOVES 6 DE ABRIL VINDEIRA MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA

O vindeiro xoves 6 abril ás 11:00 terá lugar a vindeira mesa sectorial docente coa orde do día:

- Lectura e aprobación da acta anterior.

- Orde de licenzas por formación.

- PIALE.

- Orde de reintegros.

-  Decreto de prooción de igualdade

Ler máis »
16/02/2017 - Mesa Sectorial
APRAZADA A MESA SECTORIAL ATA O 2 DE MARZO

Sen motivo xustificado, hoxe, a Consellería de Educación comunicou que a Mesa Sectorial na que se tratará a oferta de emprego terá lugar o próximo 2 de marzo ás 10.00h.

ORDE DO DÍA

1. Oferta de emprego

2. Proxecto de orde, pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

3. Rogos e preguntas.

 

11/10/2016 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 11 DE OUTUBRO DE 2016

Resumimos os puntos da Mesa Sectorial do día de hoxe na que se tratou; entre outras, a Orde que regula o CXT.

Ler máis »
15/03/2016 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL DE 15 DE MARZO

INFORME SOBRE A MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA  DE HOXE, 15/03/2016.

Ler máis »
10/03/2016 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA

PROXECTOS DE ORDES A TRATAR NA MESA SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA CONVOCADA PARA O MARTES 15 DE MARZO:

-ORDE PIALE 2016

-ORDE SELECCIÓN E NOMEAMENTO DA DIRECCIÓN DOS CENTROS DOCENTES

-ORDE PARA CUBRIR POSTOS NOS EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICOS

-ORDE CONCURSO DE MÉRITOS PARA CUBRIR PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO

Ler máis »
20/01/2016 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 19-01-2016

ORDE DO DÍA: PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE REGULA O RÉXIME DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE

Ler máis »
08/01/2016 - Mesa Sectorial
CONVOCATORIA MESA SECTORIAL : CXT, OFERTA EMPREGO PÚBLICO, ORDE PERMISOS E LICENZAS

Convocada mesa sectorial para o martes 12 de xaneiro as 10:00 h. na que os principais temas a tratar son:

- CXT.

- OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: OFERTA QUE NON SE NOS COMUNICOU, E QUE NON FOI NEGOCIADA NIN CONSENSUADA.

- ORDE DE PERMISOS E LICENZAS: QUE  SUPRIME O PERMISO POR AUSENCIAS POR INDISPOSICIÓN OU ENFERMIDADE LEVE SUPERIOR A TRES DÍAS .

 

Ler máis »
24/06/2015 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 23-06-2015

REFERENCIA MESA SECTORIAL DO 23-06-2015

Ler máis »
03/06/2015 - Mesa Sectorial
REFERENCIA MESA SECTORIAL 02/06/2015 .Adscripción funcional mestres curso 2015-2016.É obrigatoria a continuidade de ciclo.

Referencia da mesa sectorial do ensino do 02/06/2015

Ler máis »
29/05/2015 - Mesa Sectorial
CONVOCADA MESA SECTORIAL: CALENDARIO ESCOLAR,ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS PRIMARIA E SECUNDARIA E CREACIÓN DUN IES EN CULLEREDO

A Consellería de Educación convocou Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para o próximo martes dia 02 de xuño as 10.00 no que se tratarán:

- Calendario Escolar
- Proxecto de Orde para adxudicación de destinos provisionais primaria e secundaria
- Creación dun instituto de educación secundaria en Culleredo
 

Ler máis »
28/04/2015 - Mesa Sectorial
Referencia mesa sectorial

Referencia da reunión da mesa sectorial celebrada hoxe na que se tratou:

  • Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

 

  • Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

 

  •  Orde pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas ao funcionario docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión
Ler máis »
23/04/2015 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 28 DE ABRIL

Convocada mesa sectorial que terá lugar o martes 28 de abril, ás 10:00 h.

Ler máis »
08/04/2015 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 07/04/2015

INFORME DA ULTIMA MESA SECTORIAL

Ler máis »
25/03/2015 - Mesa Sectorial
ANTEPROXECTO DE CURRICULO DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO

Anteproxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. A presentar na próxima mesa sectorial.

Ler máis »
26/02/2015 - Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL: NOVOS CURRICULOS FP

A Consellería de Educación presenta os borradores de novos currículos de FP, para tratar na próxima Mesa Sectorial (data ainda por confirmar).

Ler máis »
10/02/2015 - Mesa Sectorial
Referencia mesa sectorial 10/02/15

Referencia da mesa sectorial celebrada hoxe e na que se trataron:

- a Oferta de Emprego Público,

- o Proxecto Orde pola que se regula o procedemento de consolidación do complemento específico de directores dos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

- a Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

- a Orde pola que convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específico,

- a Orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio,  para cubrir  postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia