Actualidad y noticias

22/03/2018 - Apuntamentos Xurídicos
INFORMA-T: DECLARACIÓN DA RENDA 2017

RETENCIÓNS IRPF: é unha obriga das empresas, independientemente da obrigación que poida ter o traballador de presentar ou non presentar declaración.

Ler máis »
22/03/2018 - Apuntamentos Xurídicos
INFORMA-T: INTERPRETACIÓN SENTENZA PERMISOS RETRIBUÍDOS

O Tribunal Supremo ditou unha importante sentenza sobre o caso do comezo dos permisos retribuídos.

 

Ler máis »
14/02/2018 - Apuntamentos Xurídicos
COMPLEMENTO DE PERFECCIONAMENTO PROFESIONAL EN NON CONCERTADA, INFANTIL E NON REGRADA

Os traballadores afectados polos convenios de privada non concertada, educación infantil e non regrada (academias) teñen dereito a que a súa empresa lle facilite a realización dos cursos para cobrar o complemento de desenvolvemento e perfeccionamento profesional e se a empresa non o fai, terán dereito, transcorridos os anos correspondentes, a percibir igualmente o antedito complemento.

Ler máis »
09/02/2018 - Apuntamentos Xurídicos
RECLAMACIÓN GRUPO PROFESIONAL SUPERIOR
Ler máis »
09/02/2018 - Apuntamentos Xurídicos
Estatuto dos traballadores: REDUCIÓNS DE XORNADA POR COIDADO DE FAMILIARES
Ler máis »
23/01/2018 - Apuntamentos Xurídicos
Xubilación anticipada por vontade do traballador

Un traballador ou traballadora, polo motivo que sexa, pode decidir adiantar de forma voluntaria a súa idade de xubilación. Pero debe  saber que para iso debe cumprir unhas determinadas  condicións e que ademais verá recortada a súa pensión.

O límite máximo de percepción das pensións públicas, tanto das que se causen en 2018 como das que estivesen xa causadas ao 31 de decembro de 2017, ben se perciban soas ou en concorrencia con outras, será durante 2018: 2.580,13 euros mensuais, sen prexuízo das pagas extraordinarias que puidesen corresponder ao titular, cuxa contía está afectada, tamén, polo citado límite. 36.121,82 euros anuais.

Advertencia importante para as mulleres: 

     - As mulleres que tivesen ou adoptasen fillos non terían dereito baixo esta modalidade de xubilación ao complemento da pensión por maternidade. 

Ler máis »
19/01/2018 - Apuntamentos Xurídicos
O MÓBIL, INIMIGO DOS TRABALLADORES

Pois ben, un traballador remata a súa xornada, marcha para o seu fogar ou onde queira que vaia, e recibe unha chamada ou unha mensaxe do seu traballo. Ten a obrigación de atendela? NON, posto que rematou a súa xornada de traballo.

Ler máis »
18/01/2018 - Apuntamentos Xurídicos
SUSPENSIÓN DE CONTRATO POR RISCO POR EMBARAZO

Cando por motivo do seu embarazo a traballadora ou o seu bebé poden sufrir risco para a súa saúde, esta ten dereito a que a cambien a outro posto de traballo compatible co seu estado, ou, se non é posible á suspensión do seu contrato durante o período necesario. 

Os servizos médicos do INSS ou da Mutua emitirán un certificado médico acreditando (ou non)  que as condicións do posto inflúen negativamente na saúde da traballadora ou do feto. 

 

Ler máis »
05/12/2017 - Apuntamentos Xurídicos
GRAOS DE PARENTESCO

Graos de parentesco por afinidade e por consanguineidade.

20/11/2017 - Apuntamentos Xurídicos
A INCAPACIDADE TEMPORAL EN DISCAPACIDADE

A incapacidade temporal no XIV Convenio Colectivo Xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade ´ven regulada nos Arts 52, 78, 103 e 104, que resumimos e explicamos no UGT-INFORMA que podes ver se pinchas en "Ler máis".

Ler máis »
31/10/2017 - Apuntamentos Xurídicos
ENSINO CONCERTADO: OS DOCENTES NON TEÑEN QUE ATENDER O COMEDOR ESCOLAR

Atender aos nenos durante o servizo de comedor NON é unha ACTIVIDADE nin lectiva nin non lectiva nin complementaria nin extraescolar senón un SERVIZO complementario, segundo establece  o RD 1694/1995 de 20 de outubro polo que se regulan as actividades complementarias, as actividades extraescolares e os servizos complementarios dos centros concertados.
Son servizos complementarios dos centros o comedor, o transporte escolar, o gabinete médico ou psicopedagóxico ou calquera outro de natureza análoga.
Conclusión: as actividades extraescolares deben realizarse fóra do horario lectivo e non son obrigatorias para o profesorado dos centros. O comedor é un servizo complementario e o profesorado NON  está obrigado a atender aos alumnos que se sirvan del.

Ler máis »
06/10/2017 - Apuntamentos Xurídicos
A INCAPACIDADE TEMPORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

Segundo o artigo 32 do convenio Permisos retribuídos, se considera como tal o tempo imprescindible para a asistencia a consultorio médico da seguridade social. Lembrámosvos que a xurisprudencia tamén considera como permiso retribuído o acompañamento ao médico dun fillo menor.

Moita máis información e moi completa se pinchades en LER MÁIS

 

Ler máis »
21/06/2017 - Apuntamentos Xurídicos
ENSINO PRIVADO E CONCERTADO: NON É OBRIGATORIO LEVAR REXISTRO DE XORNADA

O Tribunal Supremo (TS) estableceu en sentenza do 23 de marzo de 2017  que as empresas non están obrigadas a levar un rexistro da xornada diaria de todo o persoal para comprobar o cumprimento da xornada laboral e horarios pactados, e só deben levar un rexistro de horas extras realizadas.
Isto non é óbice para que as empresas, se así o desexan, poidan levar un rexistro horario e os traballadores teñen a obriga de cumprimentalo. Agora ben, este rexistro debería axustarse as condicións laborais do ensino e no caso concreto do ensino concertado deberían especificarse as horas lectivas e non lectivas. De non facerse así, insistimos aos traballadores que fagan constar diariamente como en“observacións” o número de horas lectivas e non lectivas, pois de non facelo, ao levar o rexistro a firma do traballador podería estar certificando que non fai o número de horas indicadas no convenio.

Ler máis »
29/05/2017 - Apuntamentos Xurídicos
SOBRE A OBRIGATORIEDADE DA FORMACIÓN NO ENSINO PRIVADO E CONCERTADO

Podemos distinguir tres tipos de formación que debe, ou non, realizar o traballador.

a) Formación obrigatoria en materia de prevención de riscos laborais.
Debe impartirse, sempre que sexa posible, dentro da xornada de traballo ou, na súa falta, noutras horas pero co desconto naquela do tempo investido na mesma. O custo desta formación non recaerá en ningún caso sobre os traballadores.

b) Formación obrigatoria con fins de adaptación a modificacións do posto de traballo.
O tempo de traballo dedicado á formación profesional necesaria, isto é, a aquela que vén imposta ao traballador por normas legais ou convencionais ou por decisión da propia empresa ha de ser considerado tempo de traballo. Cando sexa fóra do horario programado dun traballador, este non estará obrigado a asistir e se non o fai, a empresa deberá reprogramar esa formación dentro do horario do traballador; mentres que se o traballador opta por asistir, o tempo será computado como tempo de traballo efectivo, o que supón redución da xornada realizada durante o curso ou, no seu caso, a retribución adicional correspondente

c) Formación voluntaria do traballador.
Cando o traballador desexa, pola súa propia vontade, desenvolver actividades de formación profesional, terá dereito a permisos para concorrer a exames e preferencia para elixir quenda de traballo ou que se lle adapte a xornada ordinaria de traballo para a asistencia a estas, todo isto nos termos pactados para o seu exercicio na negociación colectiva.
Este tipo de formación voluntaria para o traballador, aínda cando sexa ofertada pola empresa, non ten o carácter de tempo de traballo e, polo tanto, non ten por que ser retribuído este tempo. 

CONTINÚA LENDO...

Ler máis »
21/04/2017 - Apuntamentos Xurídicos
REVISIÓNS MÉDICAS NA CONCERTADA

O dereito a unha revisión médica anual é un dereito incuestionable que teñen todos os traballadores afectados polo convenio da concertada.

Ler máis »
20/04/2017 - Apuntamentos Xurídicos
CÓMPUTO DA XORNADA NA CONCERTADA

Unha cuestión conflitiva no ensino concertado é o cómputo da xornada, o número de horas lectivas e non lectivas que corresponde facer aos docentes. Aquí dámosche unhas orientacións ao respecto.

Non dubides en consultarnos as dúbidas que teñas. Estamos a túa disposición nas nosas sedes.

Ler máis »
28/03/2017 - Apuntamentos Xurídicos
CLÁUSULAS ILEGAIS NOS CONTRATOS DE TRABALLO

É habitual que nos contratos de traballo se inclúan determinadas cláusulas referidas ao horario de traballo coa coletilla de que “poderá modificarse por necesidades do servizo”,ou ao salario, á xornada, etc.
Pois ben, independientemente de que o traballador acepte, por descoñecemento, falta de asesoramento, medo a que non o contraten…, o certo é que os tribunais de xustiza levan anos considerando nulas este tipo de cláusulas, e igualmente o serán as medidas adoptadas polas empresas baseándose nelas. A Sala do Social do Tribunal Supremo ditou xurisprudencia na súa sentenza do 7 de novembro de 2008, sinalando que ditas cláusulas infrinxían o disposto no art. 41 do ET, e, por iso, o principal motivo polo que deben declararse nulas é que supoñen a renuncia de dereitos de natureza indispoñible para os traballadores (art. 3.5 do ET).

Ler máis »
02/02/2017 - Apuntamentos Xurídicos
Rexistros de xornada inadecuados para centros educativos concertados

Hai centros que están esixindo aos traballadores cubrir un rexistro de xornada que non se adecúa a idosincrasia dos centros educativos concertados. O emprego destes rexistros ten a finalidade de establecer un control de entrada e saída e, sobre todo, de realización de horas complementarias e extraordinarias. Non confundir horas complementarias con non lectivas.

Ler máis »
22/09/2016 - Apuntamentos Xurídicos
É ILEGAL A BAIXADA SALARIAL POR CAMBIO DE FUNCIÓNS (MOBILIDADE FUNCIONAL)

Tanto o ET como o Convenio da Concertada  deixan claro que o empresario pode mandar a un profesor que teña as súas horas en secundaria a dar clase en primaria ou en bacharelato; as esixencias son que teña a titulación axeitada e que, en ningún caso, vexa diminuída a súa retribución. No caso de que esa mobilidade fose cara a un grupo ou subgrupo con retribucións superiores, o traballador ten dereito a percibilas.

Ler máis »
06/04/2016 - Apuntamentos Xurídicos
OBEDECER TODAS AS ORDES DA EMPRESA?

O Artigo 5 do Estatuto dos Traballadores, Deberes laborais, no apartado c establece que un deber básico do traballador é:
“Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas.”

Ler máis »
07/03/2016 - Apuntamentos Xurídicos
Certificado de delitos de natureza sexual

Para exercer profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores  é requisito  non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para acred¡talo debe presentarse un certificado que permita acreditar a carencia de delitos de natureza sexual ou, no seu caso, a existencia dos mesmos. 

Ler máis »
03/03/2016 - Apuntamentos Xurídicos
Acumulación interanual da xornada na xubilación parcial

O Tribunal Supremo (TS) considera que a acumulación, por parte dun traballador relevado, da súa xornada reducida do 15% nos nove meses seguintes á celebración do contrato de substitución e á xubilación parcial, sen prestar servizos logo diso pero manténdose en alta na empresa, a cal continuou cotizando por el ata a data da súa xubilación total, nón é fraudulenta aínda que se trata dunha situación anómala.

Ler máis »
03/03/2016 - Apuntamentos Xurídicos
O contrato de obra e servizo

O Contrato para a realización dunha obra ou servizo determinado regúlase a través do Art 15 do Estatuto dos Traballadores (ET), aínda que nos convenios sectoriais poden especificarse aspectos non recollidos no ET. Expoñemos os aspectos máis sinalables establecidos no ET.

 

Ler máis »
26/01/2016 - Apuntamentos Xurídicos
No Convenio da Concertada non existen horas complementarias

Algúns colexios de ensino privado concertado pretenden que certos traballadores contratados a tempo parcial asinen un pacto de horas complementarias, polo que procede realizar algunhas aclaracións ao respecto: 

En primeiro lugar, é imprescindible saber que no VI Convenio Colectivo de Empresas de Ensino Privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos NON EXISTEN AS HORAS COMPLEMENTARIAS aínda que coloquialmente e de forma incorrecta ás horas NON LECTIVAS chamáselles “horas complementarias”.

Ler máis »
15/12/2015 - Apuntamentos Xurídicos
Sobre os permisos hospitalarios no ensino privado

A aplicación dos permisos hospitalarios adoita ser fonte de conflito debido ás diferentes interpretacións que se fan sobre os mesmos. Con este FETE-INFORMA pretendemos clarificar algúns aspectos que veñen referendados por diversas sentenzas dos Tribunais da orde social.

Ler máis »
30/11/2015 - Apuntamentos Xurídicos
Breve guía sobre baixas médicas e mutuas no ensino privado

O 1 de decembro de 2015 entrou en vigor o RD 625/2014, de 18 de xullo.A Federación de Traballadores do Ensino de UGT (FETE-UGT) pon a vosa disposición esta breve guía acerca de baixas médicas, mutuas, incapacidades laborais, tramitacións dos partes de baixa e outras cuestións de interese. 

Recorda que sobre calquera dúbida  non resolta aquí terás resposta por parte da túa Federación comarcal de FETE-UGT- Galicia, no correo electrónico ensinoprivado@feteugtgalicia.es  ou no número de teléfono 981 573 634.

Ler máis »
03/02/2015 - Apuntamentos Xurídicos
As funcións dos traballadores no ensino concertado e as actividades complementarias e extraescolares

Toda a lexislación coincide en que as actividades extraescolares deben realizarse fóra do horario lectivo e  en que son de carácter voluntario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97,  Decreto 324/1996, do 26 de xullo, DOG 02/09/97) e en que o comedor escolar é un servizo complementario (véxase Orde do 22 xullo de 1997 DOG 02/09/97, Decreto 132/2013, de 1 de agosto).

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia