Actualidad y noticias

12/01/2018 - Infantil
NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO XII CONVENIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Celebrada unha nova reunión da Comisión Negociadora do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, FeSP-UGT xunto coas organizacións sindicais que participan do traballo sindical conxunto fixemos entrega ás organizacións patronais da listaxe de prioridades que máis nos preocupan e que consideramos esenciais:

    ✔ mellorar a xornada laboral.

    ✔ adaptar a nova clasificación profesional.

    ✔ recuperar o poder adquisitivo perdido nestes anos.

    ✔ mellorar os permisos retribuídos.

    ✔ dar solución definitiva ás discrepancias habituais da Comisión Paritaria  tales como descolgues e inaplicacións do convenio, vacacións, escolaridade ou comidas entre outras.

Hai outras propostas como conseguir a baixa automática pola mútua desde a semana 16, mellorar a lactación acumulada…

 

Ler máis »
15/05/2015 - Infantil
FETE-UGT consegue incorporar a subrogación das Escolas de Xestión Indirecta no convenio colectivo

FETE-UGT asinou a adscripción dos traballadores ao seu posto de traballo e, polo tanto, a continuidade da súa relación laboral, nos supostos de cambio de concesionario nas escolas infantís públicas de xestión privada cando se transmita a un novo concesionario.

 

Ler máis »
18/03/2015 - Infantil
CCOO impide a constitución da Mesa Negociadora do XI Convenio de E. Infantil para modificalo e melloralo parcialmente

FETE-UGT lamenta que CCOO impida a constitución da Mesa Negociadora do XI Convenio Colectivo de Educación Infantil na que se pretendía modificar o artigo 26 (subrogación).


O luns 16 de marzo estivemos moito máis preto que nunca de poder garantir a adscripción da totalidade dos 10.000 traballadores e traballadoras ao seu posto de traballo nos supostos de cambio de empresa nas escolas infantís públicas de xestión indirecta cando se transmita a un novo concesionario. E todo iso mantendo as retribucións e demais condicións máis favorables.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia