Actualidad y noticias

26/04/2018 - Concertada
A FeSP-UGT XUNTO CON OUTRAS FORZAS SINDICAIS SOLICITAN DIANTE DA CONSELLERÍA UNHA XUNTANZA PARA ABORDAR OS PROBLEMAS DO SECTOR

 

 

 

Onte, día 25 de abril, FeSP UGT xunto  cos demais sindicatos do ensino concertado (FSIE, CCOO, FEUSO e CIG Ensino) entregaron   cinco mil seiscentas sinaturas no rexistro da Xunta e solicitaron unha xuntanza onde abordar os problemas do noso sector.

 

 

 

Ler máis »
18/04/2018 - Concertada
25-A: CONCENTRACION DE DELEGADOS E DELEGADAS DIANTE DA CONSELLERÍA.

O próximo mércores día 25 de abril, ás 11:30 da mañá a FeSP­-UGT, xunto coas demais organizacións sindicais con representación no ensino concertado (CIG-ENSINO, CCOO, FSIE e USO) levaremos a cabo o TERCEIRO paso nas mobilizacións do Ensino concertado: CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS E DELEGADAS DO ENSINO CONCERTADO DIANTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA en Santiago de Compostela.

Ler máis »
02/04/2018 - Concertada
4-ABRIL: CONCENTRACIÓN DIANTE DA CONSELLERÍA

O próximo mércores día 4 de abril, ás 12 da mañán a FeSP­-UGT, xunto coas demais organizacións sindicais con representación no ensino concertado (CIG-ENSINO, CCOO, FSIE e USO) levaremos a cabo o segundo paso nas mobilizacións do Ensino Concertado: CONCENTRACIÓN DIANTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA en Santiago de Compostela.

Ler máis »
16/03/2018 - Concertada
ASINA POLOS TEUS DEREITOS

 

 

O Sector do Ensino da FeSP-UGT de Galicia, xunto coa CIG-ENSINO, CCOO, FSIE e USO estamos a levar a cabo unha campaña de recollida de sinaturas coa finalidade de articular unha mesa de negociación colectiva que inicie o desbloqueo da negociación para buscar solución ós problemas que afectan ós traballadores e traballadoras do ensino concertado. Poñemos á túa disposición toda a información relacionada e os múltiples Informa-t elaborados.

Ler máis »
12/03/2018 - Concertada
AS MELLORAS DO ACORDO PÚBLICO TAMÉN DEBEN TRASLADARSE Á CONCERTADA

Estes incrementos son posibles grazas a sindicatos como UGT, con capacidade de negociación tanto no ámbito público como no privado, e dos que se beneficiará o conxunto da clase traballadora

Ler máis »
07/03/2018 - Concertada
XORNADA E VACACIÓNS DO P.A.S. DA CONCERTADA

 

Aspectos a ter en conta á hora de establecer a xornada de traballo e vacacións do PAS DA CONCERTADA.

Ler máis »
01/03/2018 - Concertada
APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR HABILITACIÓNS

Dende hoxe 1 de marzo e ata o final deste mes ábrese o prazo para solicitar habilitacións para impartir docencia no Ensino Privado. 

Ler máis »
20/02/2018 - Concertada
FeSP-Ugt reivindica o papel dos orientadores educativos na Concertada

 FeSP-UGT considera imprescindible reforzar o labor dos orientadores educativos nos centros concertados:  -       - Asignar o mesmo salario ós de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO; no novo  Convenio Colectivo debe recollerse a figura do Orientador educativo nas tres etapas;  incluír nos Orzamentos Xerais do Estado e nos da Comunidade Autónoma; aplicar un incremento do rateo e estar regulado polo pago delegado.

Ler máis »
01/02/2018 - Concertada
RECUPEREMOS: SALARIOS - ANTIGÜIDADE - ACORDO DE EMPREGO
Ler máis »
20/12/2017 - Concertada
ORZAMENTOS PREXUDICIAIS E OFENSIVOS PARA OS TRABALLADORES DA CONCERTADA

Onte foi un día triste, o Partido Popular vén de consumar, un ano máis, a discriminación máis absoluta sobre o profesorado da concertada.

No tocante aos docentes do ensino concertado desoíu a voz e as emendas de todos os grupos da oposición que pediron que rematase xa a abafadora discriminación coa que, ano tras ano nos agasallan.

O Sindicato Nacional de Ensino Privado (SNEP) da FeSP-UGT Galicia considera estas “atencións” como un roubo convertido en subtracción legal vía Orzamentos e DOG, polo que, á volta das vacacións de Nadal, comezaremos un proceso de accións, reivindicacións e mobilizacións dirixidas a denunciar e reverter esta situación de total e absoluta aldraxe.

Ler máis »
12/12/2017 - Concertada
Por que non cobramos a PEA os docentes da Concertada?

O art. 62 bis, a disposición transitoria 2ª e a disposición adicional oitava do noso Convenio establece o dereito a percibir unha paga extraordinaria por antigüidade na empresa para os traballadores que cumpran 25 anos na empresa. 

No mesmo artigo dise que o calendario e o proceso de aboamento será conforme aos Acordos autonómicos que se subscriban.

 O problema xorde cando unha das partes que debe negociar o Acordo non quere facelo, porque non está disposta a pagar o que lle corresponde. 

 

O goberno de Feijoo inclúe nos orzamentos de 2012 e anos posteriores unha prohibición expresa que impide chegar a acordos cos docentes da concertada en pago delegado

 

 

FeSP-UGT esixe ao Sr. Conselleiro que faga o seu traballo: aportar solucións políticas a problemas políticos que teñen consecuencias laborais e salariais. Lembrámoslle que os traballadores non temos culpa da crise e que deixar de aboar a PEA foi unha decisión política dos gobernos do seu partido. 

Ler máis »
05/12/2017 - Concertada
ESTÉRIL XUNTANZA DOS SINDICATOS DO ENSINO CONCERTADO CO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

Representantes das organización sindicais FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino mantivemos hoxe unha xuntanza co conselleiro de educación, Román Rodríguez.

Nesta reunión trasladáronse as reivindicacións que os traballadores do ensino concertado vimos reclamando nos últimos anos. Pois ben, a resposta do conselleiro é totalmente desesperanzadora; a pechazón é absoluta, as negativas constantes e a disposición a negociar nula. 

Ler máis »
29/11/2017 - Concertada
OS REPRESENTANTES DE FSIE, FESP-UGT, CCOO ENSINO, FEUSO E CIG ENSINO PRESENTARONSE NA CONSELLERÍA PARA ESIXIR UNHA REUNIÓN CO CONSELLEIRO

Os sindicatos presentaron a comezos de xuño unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego e seguen sen resposta.

A comezos de outubro solicitaron una reunión co conselleiro e novamente o silencio foi a resposta.
A reunión celebrarase finalmente o martes 5 de decembro.

 

Ler máis »
29/11/2017 - Concertada
FeSP-UGT esixe á Consellería que siga aboando a Xubilación Parcial a partir do 1 de xaneiro de 2019

O día 31 de decembro de 2018 remata o compromiso da Consellería de Educación de asumir os custes derivados da xubilación parcial de todos os docentes en pago delegado que cumpran os requisitos para acceder a este tipo de xubilación. E a partir de agora que sucederá? A Consellería deixará de aboar os custes derivados da xubilación parcial? Por que? Permitiremos que discrimine negativamente a uns traballadores polo feito de cumprir os requisitos a partir do 1 de xaneiro de 2019?

FeSP-UGT  esixe á Consellería que aboe os custes derivados da xubilación parcial para todos os traballadores que cumpran os requisitos.

Ler máis »
26/10/2017 - Concertada
ENSINO CONCERTADO: FIRMA PARA QUE SE REÚNA A COMISIÓN DE XORNADA. POLA REDUCIÓN DE HORAS LECTIVAS

A Comisión de Xornada do Convenio Colectivo do Ensino Concertado está composta polos sindicatos e as patronais firmantes do Convenio Colectivo. FeSP-UGT, como firmante de dito convenio, está disposta a participar activamente nesta comisión. Ante a inoperatividade amosada,FeSP UGT solicita as vosas firmas como medida de presión para que a comisión se reúna e poidamos avanzar neste sentido.FeSP-UGT Galicia loitará pola mellora da nosa xornada laboral e para que se adopten as seguintes medidas:

- Redución de horas lectivas e non lectivas. Os rateos actuais ben regulados,sen distribucións arbitrarias permiten a redución de horas lectivas.

- Definición do que é lectivo: debe considerarse lectiva toda actividade realizada con alumnos.

- Cambiar o concepto hora lectiva polo de período lectivo: unha clase é unha clase dure 50 ou 60 minutos.

- Clarificación das saídas escolares: as horas que son de desenvolvemento dunha actividade complementaria mentres se está cos alumnos deben considerarse lectivas e as de tempo de libre disposición, sen estar con alumnos, non lectivas (incluídas as da noite).

- O recreo debe ser considerado lectivo.

- As gardas non existen (probade a atopalas nun convenio): se un profesor está no centro preparando clases, corrixindo exames, etc, será unha hora non lectiva; se está cos alumnos, aínda que sexa en mera tarefa de vixilancia debe ser considerado período lectivo.

- Demandamos máis transparencia: deben facerse públicos os horarios do persoal en pago delegado.

- Computar adecuadamente os tempos de traballo dos ciclos formativos.

- Igualar a xornada de traballo do persoal complementario titulado coa do persoal docente.

 PODES FIRMAR AQUÍ: https://www.change.org/o/concertada_y_privada_fesp-ugt_2

Ler máis »
23/10/2017 - Concertada
ENSINO CONCERTADO: A CONSELLERÍA NON NECOGIA UN ACORDO DE MANTEMENTO DE EMPREGO

Á CONSELLERÍA NON LLE PREOCUPA A PERDA DE POSTOS DE TRABALLO
Desde 1990 ata o ano 2009, con Presidentes da Xunta populares ou socialistas as organizacións sindicais e patronais asinamos Acordos que permitiron a recolocación dos traballadores do ensino concertado que perderon o seu posto de traballo como consecuencia da supresión de unidades concertadas. Desde que Núñez Feijoo é presidente a Administración educativa rexeita de forma reiterada estes acordos. A última ocasión tivo lugar o pasado 18 de outubro na reunión da Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado (CTEPC) na que estamos represantadas todas as organizacións sindicais e patronais representativas.

Ler máis »
29/05/2017 - Concertada
BECAS CONCERTADA 2017

Adxuntamos información para a solicitude de prazas gratuitas en centros concertados para fillos de traballadores destes centros.

O día 31 de maio remata o prazo para a entrega de solicitudes nos centros da provincia de Pontevedra.

O día 2 de xuño remata o prazo para a entrega de solicitudes nos centros das provincias da Coruña e Lugo.  (O prazo da provincia de Ourense rematou o 26 de maio).

Nas tres provincias, A Coruña, Lugo e Pontevedra deben entregarse as solicitudes nas secretarías dos centros onde se solicita a praza.

FeSP-UGT reivindica a creación dunha comisión de carácter autonómico co fin de que o proceso e os criterios de selección sexan iguais para todos en Galicia e non varíen dunha provincia a outra.

Ler máis »
24/03/2017 - Concertada
ORDE NORMAS DE CONCERTOS EDUCATIVOS

ORDE do 14 de marzo de 2017 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170324/AnuncioG0164-150317-0002_gl.html 

O Sindicato Nacional de Ensino Privado da FeSP-UGT rexeita o proceder da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que coa súa habitual  desconsideración e falta de diálogo vén de sacar unha nova orde para a aplicación do réxime de concertos educativos sen ter en conta aos axentes sociais. 

 

Ler máis »
14/10/2016 - Concertada
Os docentes da concertada recuperarán en 2017 o salario de 2011

Na xuntanza de hoxe, 14 de outubro, da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado, comunicóusenos por parte da Administración a previsión de que no borrador de orzamentos de 2017 aparecerán as partidas necesarias para a recuperación do salario que percibiamos en 2011 e que sufriu diversos recortes ata a actualidade.

Ler máis »
19/09/2016 - Concertada
Pagaron mal aos docentes da concertada

A moitos dos traballadores do ensino concertado NON nos pagaron de forma correcta as cantidades que debiamos percibir en concepto da parte do salario que nos substraeron nos meses de xaneiro e febreiro de 2013.

Ler máis »
02/06/2016 - Concertada
OS DOCENTES DA CONCERTADA INCLUÍDOS NO ACORDO DE DEVOLUCIÓN DA EXTRA ASINADO POR FeSP-UGT GALICIA

A FeSP-UGT-GALICIA, e as demais organizacións sindicais dos Servizos Públicos (a CIG non manifestou o seu voto e o sindicato só de concertada non pode asinar este acordo) acabamos de chegar ao Acordo coa Xunta de Galicia para a extensión do DEREITO A PERCIBIR PAGA EXTRA PROPORCIONAL DO 1 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO DE 2013… a todo o persoal da Xunta de Galicia, que inclúe explicítamentes, por suxestión nosa, aos docentes do ensino concertado.

Ler máis »
31/05/2016 - Concertada
Recuperación de cantidades para os docentes da concertada

A Xunta de Galicia propón aos sindicatos a devolución de cantidades referentes á parte da paga extra correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2103.

Non o fai por altruismo senón para evitar reclamacións individuais, pois hai pronunciamentos xudiciais que recoñecen o dereito a título individual… e por electoralismo.

No paquete imos os traballadores do ensino concertado, como sempre tratados de forma incorrecta e inxusta.

Ler máis »
01/04/2016 - Concertada
A CONSELLERÍA ABOARÁ O 2,24 % DO SALARIO DE 2012 ENTRE AS NÓMINAS DE ABRIL E SETEMBRO

A Administración educativa comunicounos que a “a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos iniciou a tramitación do correspondente expediente económico (pendente de fiscalizar pola intervención delegada), propoñendo que se autorice un pagamento do 2,24% que se fará efectivo nas relacións de perceptores de pago delegado de abril e setembro de 2016, a razón do 1,12% en cada unha desas mensualidades”.

Ler máis »
17/03/2016 - Concertada
FETE-UGT esixe que aos traballadores da concertada se lles aboe o 2´24% do salario de 2012 nas nóminas de abril e setembro

FETE-UGT esixe á Xunta de Galicia que se lles aboe aos traballadores do ensino concertado nas nóminas de abril e setembro o 2,24% do salario pendente do ano 2012, tal e como prometeu o pasado ano.

Ler máis »
15/02/2016 - Concertada
FETE-UGT Galicia esixe incremento salarial para os traballadores que non están en pago delegado

FETE-UGT Galicia reclama que a Comisión Negociadora do VI Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos se reúna co fin de negociar o incremento salarial dos anos 2015 e 2016 para os traballadores que non están en pago delegado afectados polo devandito convenio.

Ler máis »
18/12/2015 - Concertada
Aos traballadores da concertada recortáronnos máis de 12.500 euros desde 2010

Os traballadores do ensino concertado non somos conscientes ás veces da cantidade que se nos quitou do noso salario desde que os distintos gobernos empezaron a aplicar os recortes. Fagamos algo de memoria:

 • Lei 14/2010 de 27 de decembro dos Orzamentos Xerais (OX) da Comunidade Autónoma de Galicia: RECORTE DO 5%

• Lei 572012 de 3 de agosto de adaptación ás disposicións básicas do RDL 20/2012 de 13 de xullo: RECORTE DO 4’5%

• Lei 2/2013 de 27 de febreiro do OX da Comunidade de Galicia: RECORTE DO 2’2%

 Así pois, que non te enganen. As pequenas cantidades que nos están devolvendo son só unha pequena parte do que nos quitaron. E o máis importante: SEGUIMOS CO SALARIO RECORTADO.

 NON O CONSINTAS, FIRMA PARA QUE CHE DEAN O QUE É TEU. APOIA A CAMPAÑA www.recuperemosoquenosquitaron.es

Ler máis »
21/10/2015 - Concertada
Aos traballadores da concertada non nos recortaron unha extra senón moito máis

No ano 2012 con motivo da aplicación da Lei 5/2012 de 3 de agosto de adaptación ás disposicións básicas do RDL 20/2012 de 15 de xullo, recortáronnos o 4,5 por cento no salario base e na antigüidade. Esta lei empezou a aplicarse na nómina de setembro. Na última nómina do ano procederon a recortarnos o 4,5 por cento correspondente ás nóminas de xaneiro a agosto, incluída a nómina da paga extra de xullo. Así pois, nunca nos recortaron unha paga extra, senón o 4,5 por cento  do salario base e trienios. 

Este recorte mantívose desde 2012 ata o día de hoxe no que se segue facendo efectivo.

 

Ler máis »
20/10/2015 - Concertada
ENSINO CONCERTADO, APOIA A CAMPAÑA RECUPEREMOS O QUE NOS QUITARON

As organización sindicais FSIE, FETE-UGT Galicia, CCOO Ensino, FEUSO e CIG uníronse para emprender a campaña "Recuperemos o que nosquitaron" no Ensino Concertado.

A plataforma recorda que "desde o ano 2010 os traballadores do ensino concertado vimos como o noso salario diminueu en máis dun 12% debido aos recortes efectuados polos gobernos centrais e
autonómicos".

POLO NOSO SALARIO, POLOS NOSOS DEREITOS


APOIANOS, ASINA!

Ler máis »
23/09/2015 - Concertada
Habilitacións de Formación Profesional

“As persoas que estean habilitadas para impartir docencia en módulos profesionais de formación profesional específica relativos a títulos LOXSE serán habilitados de oficio nos módulos profesionais dos títulos LOE que proceda en función da correspondencia que exista entre os resultados de aprendizaxe  dos diferentes módulos.”

(Orde de 29 de xullo de 2015, DOG 5 agosto 2015)

Ler máis »
22/09/2015 - Concertada
A consellería aboará o 2,26 por cento do recortado en 2012 este ano aos traballadores da concertada

Infórmannos  desde a Consellería de Educación que a Administración educativa ten a intención de aboar o 4’5% recortado no ano 2012 entre o que queda de 2015 e os primeiros meses de 2016.

Ler máis »
15/09/2015 - Concertada
Os traballadores da concertada tamén existimos

A falta de tres meses para acabar a lexislatura, o Goberno do Partido Popular non convocou aínda a Mesa Sectorial do Ensino Concertado nin tivo en conta aos traballadores do ensino concertado no RD lei 10/2015 de 11 de setembro. O novo ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo, segue ignorando aos representantes do sector e desprezando aos seus traballadores. 

 

Ler máis »
08/09/2015 - Concertada
FETE-UGT solicita a convocatoria da Mesa Sectorial de Negociación do Ensino Concertado

A entrada en vigor da LOMCE está introducindo cambios no ensino que, evidentemente, afectan ao noso sector e producen inquietude nos traballadores.

Se a isto engadimos que o actual Ministerio non convocou nunca a Mesa Sectorial de Negociación do Ensino Concertado non creemos que sexa moito pedir que a Mesa de Concertada se reúna xa.

 

Ler máis »
17/08/2015 - Concertada
Orde de modificación de concertos educativos

No DOG de hoxe, 17 de xullo, aparece publicada a orde de 10 de agosto de 2015 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional.

Ler máis »
17/06/2015 - Concertada
0,45% E 1,08 ADICIONAIS

Na nómina de maio a Administración aboou o 0’45% dos módulos fixados para o ano 2012 na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

 

Ler máis »
18/05/2015 - Concertada
A CONSELLERÍA ABOARÁ UN 1,08% ADICIONAL AOS DOCENTES DA CONCERTADA

Proximamente, aínda non sabemos na nómina de que mes ni o procedemento a seguir (supoñemos que será o mesmo que para o 0,45%) a Consellería de Educación aboará aos docentes da concertada un 1,08% do salario e antigüidade correspondentes aos módulos de 2012. 

Ler máis »
15/05/2015 - Concertada
A Consellería rectifica e aboará o pago do 0,45% na nómina de maio

O pasado luns, este sindicato púxose en contacto telefonicamente coa Subdirectora Xeral de Centros e Recursos Humanos que nos transmitiu que debido a problemas técnicos o 0’45% extra non se podería aboar na nómina de maio.

 

Catro días máis tarde, en conversación con fontes da consellería maniféstasenos que sí se vai percibir o 0’45% na nómina de maio. Esperamos que sexa así, que non rectifiquen de novo. Veremos.

Ler máis »
11/05/2015 - Concertada
A CONSELLERÍA APRAZA O PAGO DO 0,45% EXTRA, QUE SE FARÁ NA NÓMINA DE XUÑO

Posiblemente na nómina de xullo aboarán unha cantidade equivalente a 1’08 %

Como vos anunciamos no mes de marzo a Consellería tiña  a intención de aboarnos o 0’45% do salario e trienios de 2012, establecendo un paralelismo cos nosos compañeiros de ensino público aos que se lles suprimiu a extra de decembro de 2012. Evidentemente, como xa explicamos, é un falso paralelismo pois a nós non se nos suprimiu unha paga extra senón que se nos reduciu un 4’5% no salario en 2012. Redución que tamén se aplicou en 2013 e 2014 e se mantén na actualidade.

Ler máis »
12/02/2015 - Concertada
VI CONVENIO ENSINO CONCERTADO: A IMPUGNACIÓN DE CCOO QUEDA SEN EFECTO NA MAIORÍA DOS PUNTOS

FETE-UGT valora moi positivamente a Sentenza que ratifica a forza vinculante do Convenio Colectivo reforzándoo nas cuestións fundamentais.

A demanda presentada por CCOO impugnaba 8 artigos, unha Disposición Adicional, dúas Disposicións Transitorias, así como as táboas salariales do persoal docente do primeiro ciclo de infantil do Anexo II do VI Convenio Colectivo de Ensino Concertado.

Ler máis »
12/02/2015 - Concertada
A AUDIENCIA NACIONAL REFORZA A ESENCIA DO VI CONVENIO COLECTIVO DO ENSINO CONCERTADO

FETE-UGT valora de forma positiva a sentenza da Audiencia Nacional que ratifica a forza vinculante do Convenio Colectivo do Ensino Concertado reforzándoo nas cuestións fundamentais.

A demanda contra numerosos artigos do VI Convenio Colectivo, presentada por CCOO, poñía en cuestión aspectos esenciais historicamente consolidados polos traballadores do Ensino Concertado e que, de ter prosperado os requirimentos do demandante terían cambiado o modelo de relacións laborais no sector.

Ler máis »
15/12/2014 - Concertada
A impugnación do convenio feita por CCOO supón unha agresión para os traballadores do ensino concertado

CCOO, 17 meses despois de producirse a firma do Convenio Colectivo na que decidiron non estar, pon en perigo a estabilidade laboral de 130.000 traballadores.

CCOO impugnou 8 artigos, unha Disposición Adicional, dúas Disposicións Transitorias, así como as táboas salariais do persoal docente do primeiro ciclo de infantil do Anexo II do VI Convenio Colectivo de Ensino Concertado.

Ler máis »
07/10/2014 - Concertada
A LOMCE NO CURSO 14/15 EN PRIMARIA: PRINCIPAIS NOVEDADES

Informamos ao profesorado dos cambios máis inmediatos cos que nos atopamos en Primaria para este curso escolar 2014-2015 pola entrada en vigor da LOMCE e que van afectar ao funcionamento dos centros e profesorado.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia