Actualidad y noticias

10/09/2018 - FETE GALICIA Informa
FeSP-UGT, NO INICIO DO CURSO ESCOLAR, INSTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A QUE RESTITÚA OS DEREITOS PERDIDOS DO PROFESORADO GALEGO

No día de hoxe a FeSP-UGT Ensino levou a cabo unha rolda de prensa de inicio de curso onde solicitou a restitución urxente dos dereitos perdidos do profesorado galego e a reversión dos recortes no ensino. Podedes ver toda a información no documento adxunto.

Ler máis »
15/05/2018 - FETE GALICIA Informa
FALLO PREMIO ESCOLA VIVA

Dende ESCOLA VIVA E FeSP-UGT agradecemos a participación dos distintos compañeiros e compañeiras que se decidiron presentar á convocatoria dos VI PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. O pasado venres, o xurado do VI PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA reuniuse para proceder a puntuar os traballos presentados. Noraboa a todos os participantes e a todos os galardonados.

Ler máis »
22/03/2018 - FETE GALICIA Informa
INFORMA-T: DECLARACIÓN DA RENDA 2017

RETENCIÓNS IRPF. É unha obrigación das empresas, independente da obrigación que poida ter o traballador de presentar ou non declaración polo IRPF cando empece a campaña do IRPF.

Ler máis »
15/03/2018 - FETE GALICIA Informa
EN DEFENSA DAS PENSIÓNS

Acude o próximo sábado ás distintas concentracións e manifestacións convocadas por toda Galicia.

En Defensa das Pensións.

Ler máis »
15/03/2018 - FETE GALICIA Informa
ASAMBLEAS INFORMATIVAS SOBRE OPOSICIÓNS

Se queres obter información, aclaración de dúbidas e demais cuestións que che poidan xurdir (o proceso selectivo, inclusión en listas...) achégate ás sedes de FeSP-UGT ENSINO nas principais comarcas de Galicia que intentaremos aclararchas.

Ler máis »
09/03/2018 - FETE GALICIA Informa
AGORA TÓCANOS A NÓS: FeSP-UGT ASINA O ACORDO RETRIBUTIVO PLURIANUAL.

 

 

Este acordo inicia a restitución dos dereitos e salarios das empregadas e empregados públicos. 

 

 

 

Ler máis »
06/02/2018 - FETE GALICIA Informa
CONVOCATORIA CURSOS CELGA 1, 2, 3, 4.

No DOG de hoxe publicouse a Resolución de 25 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os CELGA 3 e CELGA 4.

Ler máis »
25/01/2018 - FETE GALICIA Informa
VI PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva convocan, un ano máis, a sexta edición do Premio á Innovación Educativa Escola Viva. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto ata o próximo día 26 de abril.

Ler máis »
24/01/2018 - FETE GALICIA Informa
RESOLUCIÓN DE URXENCIA Ó COMITÉ NACIONAL DA FeSP-UGT EN CONTRA DA ZONIFICACIÓN ESCOLAR DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

Hoxe, 24 de xaneiro de 2018, celebrouse o II Comité Nacional da FeSP-UGT onde se aprobou por unanimidade unha resolución rexeitando a nova zonificación de Vigo e demandando unha Mesa Técnica para negociar en caso de supresión de centros ou ensinanzas

 

Ler máis »
11/12/2017 - FETE GALICIA Informa
PRAZOS IMPORTANTES - ESTATUTO DOS TRABALLADORES

"Prazos importantes para moitos aspectos laborais como a Duración do contrato de obra e servizos, Prazo de reserva de posto de traballo en caso de excedencia por coidado de fillo o familiares, Coñecemento por parte do traballador das datas de goce das súas vacacións, etc."

Ler máis »
01/09/2017 - FETE GALICIA Informa
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 17/18
Ler máis »
13/01/2017 - FETE GALICIA Informa
CURSOS DE FORMACIÓN EN REDE DO PROFESORADO. CONVOCATORIA 2017. 1ªEDICIÓN

Prazo de presentación: ABERTO Dende o 10 de xaneiro de 2017 ata o 24 de xaneiro de 2017. Convocatoria de prazas en concorrencia competitiva para a realización de cursos de formación en Rede para a formación permanente do profesorado que exerce en niveis non universitarios, en centros sostidos con fondos públicos.

Ler máis »
26/10/2016 - FETE GALICIA Informa
ROTUNDA VITORIA NA LOITA CONTRA AS REVALIDAS

A FeSP-UGT valora moi positivamente esta xornada de loita levada a cabo en toda a comunidade. Grazas á participación do alumnado, do profesorado e das familias nesta loita contra a LOMCE e contra as reválidas podemos cifrar o baleirado de aulas na etapa de primaria nun 70% de absentismo, na etapa da ESO nun 89% e no Bacharelato nun 98%. Unha vez máis, a comunidade educativa uniu forzas mediante o logo da Plataforma en Defensa do Ensino Público e o STEG para acadar o que xa ven sendo de recibo para esta sociedade:  a paralización das reválidas e a derrogación desta lei elitista e antipedagóxica. 

Desde a FeSP-UGT agradecemos a implicación mesta xornada de loita e aplaudimos a implicación da comunidade educativa nas concentracións que a Plataforma en Defensa do Ensino Público potenciou en Vigo, Pontevedra, Lugo,Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Muros e Ribeira. Hoxe; nas rúas, gañou a educación, hoxe gañamos  todos.

Non ás reválidas!

Non á LOMCE!

11/07/2016 - FETE GALICIA Informa
Validación de estudos de galego (CELGA 2, CELGA 3, CELGA 4)

Onde se expoñen os títulos e/ou certificacións necesarios para obter os Certificados de Lingua Galega (CELGAS) nos seus niveis, 2, 3 e 4.

Ler máis »
11/07/2016 - FETE GALICIA Informa
CONVÓCANSE AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE CONFORMIDADE CO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO COAS CONSELLERÍAS DE POLÍTICA SOCIAL, SANIDADE E CULTURA,

Poderá participar o persoal empregado público, dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

Ler máis »
08/07/2016 - FETE GALICIA Informa
PROCEDEMENTO PARA ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA EN IDIOMAS

Procedemento para acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos .

Achegamos en documento anexo o DOG co procedemento.

Ler máis »
06/07/2016 - FETE GALICIA Informa
FETE INFORMA DEVOLUCIÓN EXTRA 2013; PARA PÚBLICA E CONCERTADA

FETE INFORMA SOBRE A DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA DE 2013 VÁLIDO PARA TODOS, PÚBLICA E CONCERTADA .

Toda a información no arquivo adxunto.

Ler máis »
15/06/2016 - FETE GALICIA Informa
CALENDARIO ESCOLAR 2016-2017

Xúntase a Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis »
10/06/2016 - FETE GALICIA Informa
PUBLICADA A ORDE DE AVALIACIÓN DE PRIMARIA

FeSP-UGT-Galicia rexeita a orde de 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

FeSP-UGT Galicia solicitou a paralización desta orde e ante a negativa da consellería pedimos que, cando menos, non se aplicara con tanta premura neste fin de curso. Por suposto, a Consellería fixo caso omiso desta petición, polo que os docentes vémonos obrigados a avaliar dun xeito que descoñecemos e ao que non estamos acostumados.

A isto hai que engadir a dificultade que supón o feito de ser unha orde moi aberta, ao non determinar a promoción por un número determinado de materias, xa que avalía por competencias.

Por último, sinalar que a administración educativa, unha vez máis, enganou ás familias e aos docentes, pois esta orde implica a vinculación coa avaliación de 3º e 6º de primaria.

Ler máis »
09/06/2016 - FETE GALICIA Informa
PERMISOS DOS TRABALLADORES POR CONTA ALLEA PARA VOTAR O 26J

As persoas traballadoras por conta allea, cun horario de traballo que coincida en 6 ou máis horas co período de apertura das mesas electorais gozarán dun permiso retribuído de 4 horas.

Se coincide en 4 ou máis horas e menos de 6 gozarán dun permiso retribuído de 3 horas.

Se coincide en 2 ou máis horas e menos de 4 gozarán dun permiso retribuído de 2 horas.

Se coincide en menos de 2 horas NON terán dereito a permiso retribuído.

Ler máis »
17/05/2016 - FETE GALICIA Informa
17 de maio de 2016: Día das letras galegas

Día das letras galegas 2016: homenaxe a Manuel María

11/05/2016 - FETE GALICIA Informa
CONCENTRACIÓN CONTRA A ADXUDICACIÓN IRREGULAR DUNHA VACANTE NA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE PONTEVEDRA

No dia de onte 10 de maio, FETE-UGT, xunto as restantes organizacións sindicais da Xunta de Persoal Docente de Pontevedra,  amosaron o seu apoio ao proferoado e alumnado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra na concentración que tivo lugar diante da Xefatura Territorial, manifestando o seu total rexitamento á adxudicación definitiva dunha vacante aparentemente creada de forma irregular,  e algo mais que sospeitosa de tratarse dunha vacante creada "ad hoc".

Ler máis »
26/04/2016 - FETE GALICIA Informa
INSTRUCCIÓNS PARA A AVALIACIÓN DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E PARA A AVALIACIÓN FINAL DE E.P.

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/2016      

 

Xúntase a Resolución do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.

Achegamos o DOG coas instruccións.

Ler máis »
22/04/2016 - FETE GALICIA Informa
IV PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA/FETE-UGT

Fallo  do IV PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA/ FETE-UGT .

No arquivo anexo están os premiados e as mencións honoríficas .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
21/04/2016 - FETE GALICIA Informa
FETE-UGT SOBRE AS REVÁLIDAS

Achegamos en documento anexo a postura de FETE-UGT ao respecto das reválidas.

Ler máis »
28/03/2016 - FETE GALICIA Informa
CURSOS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) pùblica hoxe 28 de marzo a Orde do 14-3-2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Ler máis »
16/03/2016 - FETE GALICIA Informa
CONCENTRACIÓNS EN APOIO DOS REFUXIADOS
16/03/2016 - FETE GALICIA Informa
O CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA RECOMENDA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES SE INTEGREN NO ENSINO UNIVERSITARIO

FETE-UGT, CIG, ANPAS GALEGAS e Federación Galega de MRPs presentaron cadansúa emenda recomendando á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que adscriba as escolas superiores o os conservatorios superiores á universidade.

Ler máis »
20/01/2016 - FETE GALICIA Informa
O WhatsApp nos centros educativos

Se es traballador do Ensino tes que estar informado dos posibles problemas ou situacións diversas que poden xerar os grupos de Whatsapp, mensaxería ou similares se non se xestionan ben. 

Ler máis »
19/11/2015 - FETE GALICIA Informa
25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

CONCENTRACIÓNS 25 DE NOVEMBRO 2015

Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

 

 

LOCALIDADE

HORA

LUGAR

A CORUÑA

12:00

Delegación do Goberno (praza de Ourense)

SANTIAGO

12:00

Sede sindical en Santiago (San Lázaro)

FERROL

12:00

Edificio Admtvo. Xunta de Galicia (praza de España)

LUGO

12:00

Subdelegación do Goberno (praza Armañá)

OURENSE

12:00

Subdelegación do Goberno

PONTEVEDRA

12:00

Subdelegación do Goberno

VIGO

12:00

Edificio Admtvo. Xunta de Galicia

 

 

19/11/2015 - FETE GALICIA Informa
PROPOSICIÓN DE LEI DE INICIATIVA POPULAR (ILP) para establecer unha Prestación de Ingresos Mínimos no ámbito de prestación da Seguridade Social

UGT e CCOO impulsan unha proposición de Lei de Iniciativa Popular (ILP) para establecer unha Prestación de Ingresos Mínimos no ámbito de prestación da Seguridade Social.

A finalidade desta Iniciativa Legislativa Popular é a creación dunha nova prestación que amplía a acción protectora da Seguridade Social. A Prestación de Ingresos Mínimos, está destinada a garantir uns ingresos que aseguren unhas condicións básicas para atender as necesidades máis esenciais ás persoas que, con disponibilidade para traballar, carecen de emprego e duns recursos económicos mínimos para si e, no seu caso, para os familiares ao seu cargo.

 

 

Ler máis »
03/11/2015 - FETE GALICIA Informa
Sobre a lei de protección á infancia e á adolescencia

A aprobación da lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (lei 26/2015, de 28 de xullo, boe do 29) creou certa confusión nos centros educativos e en todos aqueles colectivos que, pola súa actividade, tratan con menores e/ou adolescentes. 

Esta lei entrou en vigor aos 20 días da súa publicación no BOE e ten por obxecto  garantir aos menores unha protección uniforme en todo o territorio de Estado e  establece nun prazo de seis meses desde a súa publicación a creación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais que conterá a identidade dos condenados por delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, trata de seres humanos, ou a explotación de menores, e información sobre o seu perfil xenético de ADN (Preámbulo II). Ata a posta en funcionamento do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, os certificados requiridos serán emitidos polo Rexistro Central de Antecedentes Penais (Dº.Tª.4ª).

Ler máis »
26/10/2015 - FETE GALICIA Informa
Poderá procederse inmediatamente a substitución de profesores titulares en determinados supostos.

O Goberno rectificouse a si mesmo nos Orzamentos Xerais do Estado de 2016 ao modificar o período mínimo das substitucións do profesorado na tramitación definitiva do Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2016.

Neles incluiuse a proposta de proceder á inmediata substitución de docentes en determinadas circunstancias, de forma que os centros e, polo tanto, o alumnado, non teñan que esperar dez días para solicitar o cambio en caso de baixa por paternidade, maternidade, adopción ou acollemento. Así mesmo, esta medida esténdese  en caso de dificultades obxectivas de atender a ditas substitucións cos recursos humanos propios do centro.

Ler máis »
23/10/2015 - FETE GALICIA Informa
CAMBIOS NOS PERMISOS PARA ASISTIR ÁS REUNIÓNS PREPARATORIAS POR ADOPCIÓN OU ACOLLEMENTO.

Cambios a nivel permisos introducidos pola Lei 26/2015 de Protección á infancia.

Ler máis »
21/09/2015 - FETE GALICIA Informa
APROBADA A CORRESPONDENCIA A NIVEL MECES DE MÁIS TÍTULOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS (PRE BOLONIA)

Xa hai 60 títulos coa súa debida correspondencia aprobada e publicada, dun total de 140 títulos que formaban parte do catálogo de títulos universitarios oficiais.

Ler máis »
13/07/2015 - FETE GALICIA Informa
PROCEDEMENTO PARA A DETERMINACIÓN DA CORRESPONDENCIA A NIVEL MECES DE 27 TÍTULOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS (PRE BOLONIA)

Neste FETE-Informa tedes información sobre o procedemento a seguir para acadar a correspondencia das titulacións universitarias, anteriores á implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (pre-Bolonia).

Ler máis »
06/07/2015 - FETE GALICIA Informa
FETE-UGT EXIGE A CONVOCATORIA URXENTE DAS MESAS DA DISCAPACIDADE

UGT, representando a máis de 1.300 delegados de traballadores do sector, estima necesaria a creación das Mesas da Discapacidade tripartitas onde as Administracións Públicas competentes (Asuntos Sociais e Educación), sindicatos e organizacións patronais do sector poidan debater e negociar sobre os problemas e as súas correspondentes solucións no sector da Educación Especial e a Atención á Discapacidade.

 

Ler máis »
21/05/2015 - FETE GALICIA Informa
O Consello Escolar de Galicia rexeita o Proxecto de decreto da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato en Galicia

Seis emendas a totalidade presentadas por FETE-UGT, CCOO, CIG, CONFAPA- Galicia, Coordinadora Galega de MRP  e a  USC foron votadas conxuntamente obtendo 20 votos a favor  e 17 en contra. Así pois, o Proxecto de decreto foi devolto á Administración educativa.

 

Ler máis »
17/05/2015 - FETE GALICIA Informa
Letras Galegas 2015
30/04/2015 - FETE GALICIA Informa
1º de maio
25/03/2015 - FETE GALICIA Informa
Reunión co Conselleiro de Educación

FETE UGT reclama do Conselleiro razoabilidade e capacidade de negociación para mellorar o sistema educativo e universitario de Galicia

Ler máis »
06/03/2015 - FETE GALICIA Informa
Día Internacional da Muller

.

Ler máis »
25/02/2015 - FETE GALICIA Informa
Boletín informativo de Politicas Sociais
Ler máis »
03/02/2015 - FETE GALICIA Informa
INFORME UGT: ORZAMENTO EDUCACIÓN 2015

Orzamentos insuficientes que non compensan os recortes practicados no sistema educativo galego dende o ano 2011

 

Ler máis »
28/01/2015 - FETE GALICIA Informa
Reunión co Grupo Parlamentario Socialista

O Grupo Parlamentario Socialista representado polo portavoz de educación Vicente Docasar e a FETE-UGT de Galicia representada por Raúl Gómez Farto e Abraham Vila, secretario xeral e secretario de pública, mantiveron esta mañá unha reunión para analizar a temática educativa na CA de Galicia.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia