Actualidad y noticias

25/05/2021 - FETE Informa Univ
MANIFESTACIÓN POLA DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA.

📢Éxito rotundo na manifestación en defensa da universidade pública.

Ler máis »
24/05/2021 - FETE Informa Univ
Mobilizacións para defensa da universidade pública.

Por unha universidade pública:  25 de maio diante do parlamento e  2 de xuño nos campus

Ler máis »
22/11/2017 - FETE Informa Univ
VALORACIÓN DE FeSP-UGT SOBRE O PROCESO DE REVISIÓN POR ANECA DOS CRITERIOS DE ACREDITACIÓN DO PROFESORADO FUNCIONARIO

Con data 14/11/2016 a Secretaría Xeral de Universidades publicou uns novos criterios ANECA de avaliación e acreditación do profesorado para o acceso aos corpos de funcionarios docentes universitarios (O teu e  CU). As súas finalidades declaradas eran estruturar unha avaliación (cuantitativa e cualitativa) máis equilibrada dos méritos dos
solicitantes; unha mellor ponderación de docencia e investigación; unha simplificación, maior claridade e concreción da normativa (entroncando cos criterios anteriormente vixentes), e unha maior obxectividade e transparencia.
Mediante un boletín  FETE-INFORMA de data 23/11/2016 UXT rexeitou os novos criterios e anunciou a súa vontade de recorrelos.

 

Ler máis »
31/03/2017 - FETE Informa Univ
UGT DEFENDE A INCLUSIÓN DAS UNIVERSIDADES NOS PLANS DE ESTABILIZACIÓNS DE EMPREGO PÚBLICO

FeSP-UGT propuxo ao goberno en data 24 de marzo, no marco da Mesa Xeral da Función Pública, incluír dentro do apartado segundo “Medidas en materia de redución de emprego temporal”do Borrador de acordo para a Mellora do Emprego Público o seguinte:“Incluír ao persoal docente e investigador das Universidades Públicas, así como ao seu persoal de administración e servizos incluídos na Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, de modificación da Lei Orgánica de Universidades”.

Ler máis »
21/02/2017 - FETE Informa Univ
CONTRATOS PREDOUTORAIS

A ningún traballador con Contrato Predoutoral lle deben cambiar as condicións laborais, xa que a Lei da Ciencia, a tecnoloxía e a innovación prevalece neste caso. Consideramos que o cambio de nomenclatura nos seus contratos (asinados despois de febreiro de 2016) débese tan só a unha emenda do erro por non aplicar a dita orde.

Polo tanto, todos aqueles contratos predoutorais, sexan en clave 401 ou 420 deben manter as mesmas condicións laborais que tiñan.

Ler máis »
30/11/2016 - FETE Informa Univ
Os delegados na Xunta de Persoal de UGT e CCOO retiran o apoio á proposta de OPE 2016 da UDC

Como sabedes estes días soubemos que a solicitude de informe que enviou a Universidade á Consellería de Facenda para a aprobación da Oferta de Emprego Público de 2016 que consta de 4 prazas de acceso libre e 224 prazas de promoción interna, incluía tamén a amortización de varias prazas.
Esta información ocultouse en todo o proceso negociador, mesmo na súa presentación para aprobación polo Consello de Goberno da nosa Universidade. Polo tanto, estamos ante feitos moi graves, que constitúen un engano non só aos representantes dos traballadores, senón ao PAS.  Un engano que nos afecta especialmente aos sindicatos que apoiamos a proposta de oferta de emprego público, CCOO e UGT por entender que era una boa oferta para o PAS (4 prazas de acceso libre e 224 prazas de promoción interna) cando en realidade estaba incluída una proposta de amortización de 6 prazas, a maioría ocupadas por funcionarios/as desta universidade, proposta que NON APOIAMOS de ningún xeito.

Ler máis »
24/11/2016 - FETE Informa Univ
O Sindicato de Universidade e Investigación de FeSP-UGT REXEITA e RECORRERÁ os novos criterios de avaliación do profesorado funcionario

O Sindicato de Universidade e Investigación de FeSP-UGT REXEITA e RECORRERÁ os novos criterios de avaliación do profesorado funcionario (Titular de Universidade e Catedrático de Universidade).

Valoramos o novo sistema de acreditación como un ataque frontal á Universidade pública española, e un intento máis de precarizala, privatizala e manipulala a partir de restrinxir a oferta pública de prazas de profesorado e de impedir a promoción profesional do actual profesorado. 

 Para impedir estas graves consecuencias, FeSP-UGT profundará na análise técnica e xurídica do novo sistema de acreditación e adoptará as medidas legais e sindicais necesarias para a derrogación do RD 415/2015 e dos novos criterios de avaliación do profesorado, á vez que proporá a continuidade do sistema de acreditación que xa viña funcionando.

Ler máis »
28/06/2016 - FETE Informa Univ
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO (OPE) DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA O ANO 2016.

Ler máis »
03/06/2016 - FETE Informa Univ
UNIVERSIDADE:PROPOSTAS DO SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT PARA MODERNIZAR E CONSEGUIR UNHA MELLORA CONTINUA DO SISTEMA UNIVERSITARIO PÚBLICO ESPAÑOL

Reclamamos aos partidos políticos que concorran ás próximas eleccións do 26 de xuño de 2016 que as teñan en consideración e as incorporen aos seus programas electorais.
Ante unha nova convocatoria de eleccións xerais, o sector do Ensino da Federación de Empregadas/os de Servizos Públicos (FeSP-UGT) esixe un compromiso real aos partidos políticos para que a Educación estea no centro da acción política, converténdoa nunha prioridade de Estado.

 

Ler máis »
08/04/2016 - FETE Informa Univ
SOMOS UNIVERSIDADE: Manifesto 27 abril 2016

    A Plataforma pola Integración das EEAASS no Sistema Universitario, e a Plataforma Galega pola Integración na Universidade das EEAASS, convocan unha xornada de reivindicación en Galicia e en toda España o 27 de abril de 2016 e trasladan á sociedade o seguinte manifesto.

Ler máis »
24/09/2015 - FETE Informa Univ
PETICIÓN DE FETE-UGT DA RETIRADA DAS IMPUGNACIÓNS ÁS PRAZAS DE PDI UNIVERSITARIO

FETE-UGT pide ao Ministerio a retirada da impugnación ás prazas de PDI Universitario

Ler máis »
24/09/2015 - FETE Informa Univ
PROMOCIÓN DO PROFESORADO UNIVERSITARIO

A promoción interna debe ser para o profesorado e investigadores que están en cada universidade

Ler máis »
22/09/2015 - FETE Informa Univ
Recurso contra a normativa de dedicación do profesorado na UDC

UGT INFORMA

Recurso contra a normativa de dedicación do profesorado na UDC
Como lembraredes, UGT non respaldou a actual normativa de dedicación do profesorado por considerala ilegal e lesiva dos dereitos dos traballadores e traballadoras. A nosa primeira proposta foi que non se implantase o decreto Wert (como fixeron outras universidades, mesmo no SUG) ou, en último caso, que non se superase a dedicación docente máxima de 240 horas anuais que establece o decreto 898/1985.
Unha vez aprobada a normativa en Consello de Goberno, UGT presentou recurso contencioso-administrativo contra a mesma. Cómpre salientar que, de prosperar ese recurso ao noso favor, ningún traballador ou traballadora se vería nunha situación peor que a actual, senón todo o contrario.
No contencioso persoáronse a UDC e o sindicato CCOO. Hai algúns días recibimos as contestacións de ambos á nosa demanda, coincidindo os dous en solicitar que non se admita a trámite o recurso contencioso-administrativo de UGT.
En ocasións anteriores achegámosvos as alegacións de UGT contra a normativa en cuestión. Para completardes a información sobre a marcha deste recurso achegámosvos agora a contestación de CCOO.
José C. Santos Paz
Secretario Xeral da Sección Sindical de FETE-UGT na UDC

 

Ler máis »
10/04/2015 - FETE Informa Univ
SENTENZA DO TSXG SOBRE O CAPÍTULO VI

Acabamos de recibir a sentenza pola demanda presentada por FETE-UGT en relación coa disposición adicional primeira do "Acordo sobre contratatación profesional, etc." do persoal contratado con cargo ao capítulo VI. Lembramos que durante as negociacións UGT defendeu a elaboración dun acordo propio para todo o persoal dese colectivo, pero, aínda así, estivo de acordo na clasificación profesional e na aplicación parcial do convenio colectivo de PDI laboral ás categorías A1 e A2, mais non na inclusión deses grupos no censo electoral de PDI laboral, que se recolle na disposición adicional primeira.

Ler máis »
24/03/2015 - FETE Informa Univ
24M: Folga na Universidade

O secretario xeral de FETE-UGT Galicia, Raúl Gómez-Farto, valorou “de forma positiva esta xornada de mobilización. A folga foi secundada polo cen por cento do profesorado, alumnado e o persoal de administración e servizos, polo menos en Santiago”. Gómez-Farto recordou que “o decreto é unha ameaza para o ensino público e non podemos permitir máis recortes e deterioro da Universidade Pública”.

Ler máis »
24/03/2015 - FETE Informa Univ
MANIFESTACIÓNS POLA UNIVERSIDADE PÚBLICA EN GALICIA

NON AO DECRETO 3+2

NON AOS RECORTES EN INVESTIGACIÓN

NON AOS RECORTES EN PROFESORADO

ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE,NON AOS RECORTES NA UNIVERSIDADE

O ENSINO É UN DEREITO E NON UN PRIVILEXIO

Ler máis »
18/03/2015 - FETE Informa Univ
O 24 DE MARZO, MANIFESTACIÓNS EN SETE CIDADES GALEGAS EN DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA

Santiago,18 de marzo de 2015.Todas as organizacións sindicais e estudiantís galegas acordaron convocar para o día 24 de marzo unha xornada de folga na universidade galega en contra do Real Decreto 43/2015 (3+2) porque " esta reforma suporá que o sistema universitario non será igual de público nin da calidade actual,ademais de provocar a redución nun 20 % da plantilla actual do profesorado".

Ler máis »
16/03/2015 - FETE Informa Univ
Folga nas Universidades Públicas Galegas o próximo 24 de marzo

As organizacións sindicais e estudantís galegas acordaron convocar Folga en todas as Universidades Públicas Galegas o próximo 24 de marzo.

Ler máis »
09/03/2015 - FETE Informa Univ
24 DE MARZO , FOLGA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

FETE-UGT  en defensa dun sistema universitario público de calidade para todos e todas

24 DE MARZO, FOLGA NAS UNIVERSIDADES PÚBLICA
 

Ler máis »
20/11/2014 - FETE Informa Univ
Universidade

Aclaracións sobre a postura de FETE-UGT na negociación sobre o acordo relativo aos/ás contratados/as con cargo ao capítulo VI

FETE-UGT abstívose de votar a favor de ese acordo polas seguintes razóns:

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia