Actualidad y noticias

09/10/2018 - Notas de Prensa
Reclamación da devolución do IRPF da prestación de maternidade

A raíz da sentenza do día 3 de Outubro na Sala do contencioso-administrativo do Tribunal supremo, a UGT insta a que os traballadores reclamen a devolución do IRPF por prestacións de maternidade. Dentro desta noticia poderás atopar información o respecto así como os formularios para reclamalo.

Ler máis »
19/07/2018 - Notas de Prensa
FESP -UGT ASINA COA ADMINISTRACIÓN O INCREMENTO RETRIBUTIVO EN EDUCACIÓN, PERO SEGUIRÁ LOITANDO POR RESTITUÍR OS DEREITOS PERDIDOS DO PROFESORADO

FeSP-UGT Galicia asinou o 18 de xullo coa Administración un incremento retributivo para todo o profesorado galego, pero anuncia que seguirá loitando por restituír os dereitos perdidos durante a crise. Desta forma, FeSP-UGT Ensino consegue un incremento retributivo de 1.260 euros anuais para todo o profesorado galego. Este incremento súmase ó incremento anual do 1.75% acadado co II Acordo Goberno-Sindicatos para a mellora do emprego público e condicións de traballo, tamén conquerido por FeSP-UGT para todos os empregados públicos.

Ler máis »
27/02/2018 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLERIA DE EDUCACIÓN VOLVE ELUDIR A SÚA RESPONSABILIDADE

No día de hoxe, a Comisión Escolar de Alertas volve declarar a NON SUSPENSIÓN, deixando en mans das direccións dos centros a suspensión da actividade escolar ou do transporte escolar sempre e cando pasen a unha situación de alerta superior. En fin…

Ler máis »
08/02/2018 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ESIXE QUE SEXA A CONSELLERÍA QUEN DECIDA QUE FACER ANTE ALERTAS METEOROLÓXICAS

FeSP-UGT esixe que ten que ser a Consellería quen decida se se suspenden as clases polas condicións meteorolóxicas.

Ler máis »
23/12/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ENSINO, EN DESACORDO CO BORRADOR DA ZONIFICACIÓN ESCOLAR DA ÁREA EDUCATIVA DE VIGO

FeSP-UGT Galicia manifesta o seu absoluto desacordo co borrador da Zonificación Escolar da Área Educativa de Vigo, por estar baseado somentes en  criterios técnicos e non ter en conta criterios educativos e pedagóxicos. Por ese motivo este sindicato solicita que se escoite á comunidade educativa para rezonificar dun xeito acorde ás necesidades de todos.

Ler máis »
13/11/2017 - Notas de Prensa
REUNIÓN CO GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA PARA TRATAR SOBRE A SITUACIÓN DO ENSINO CONCERTADO

As organizacións sindicais FeSP-UGT, CCOO Ensino, FSIE, FEUSO e CIG Ensino reuníronse hoxe co responsable de Educación do grupo parlamentario socialista, Luis Álvarez Martínez, para tratar sobre a "insostible situación na que se atopan as traballadoras e traballadores do Ensino Concertado". Mañá, os representantes sindicais teñen concertadas citas cos grupos parlamentarios En Marea, BNG e PP.

Ler máis »
20/10/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ENSINO CONDENA A MALA XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA COS CENTROS AFECTADOS POLOS INCENDIOS FORESTAIS

 FeSP-UGT Ensino denuncia o lamentable abandono por parte da consellería da meirande parte dos centros educativos afectados pola onda de incendios do domingo 15 de outubro; deixando aos equipos directivos e ao profesorado sos ante situacións de risco para a saúde e sen instrucións concretas de actuación.

Ler máis »
18/10/2017 - Notas de Prensa
FeSP -UGT ENSINO PRESENTA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN AS SÚAS REIVINDICACIÓNS PARA O SECTOR

FeSP-UGT Ensino presentoulle onte ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, ás súas reivindicacións para o sector, nunha reunión longa e cordial, pero con escasos compromisos por parte de Administración.

Ler máis »
08/09/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ENSINO CRITICA A FALTA DE CRITERIO NA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS MATERIAS AFÍNS

A FeSP-UGT Ensino denuncia a total falta de criterio que se observa na adxudicación definitiva das materias afíns do Ensino Secundario. No día de onte (ás 21:00 horas) saíu publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación definitiva do corpo de profesorado de ensino secundario.

Ler máis »
06/09/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT INSTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A QUE ELIMINE A PRECARIEDADE EDUCATIVA

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017. FeSP-UGT Ensino instou hoxe á Consellería de Educación a que que abra o diálogo social para poñer fin á precariedade educativa en Galicia. Esta organización sindical insistiu, no seu análise do inicio do curso escolar 2016/17, en que os orzamentos adicados pola Xunta de Galicia a Educación son insuficientes e moito máis tendo en conta os fortes recortes sufridos neste sector nos últimos anos con motivo da crise económica. O incremento dos orzamentos da Xunta de Galicia foi dun 4,8%, mentres que nos adicados a Educación o aumento foi so dun 2,9%.
Hoxe celebrouse unha comparecencia ante os medios de comunicación para falar sobre o inicio do curso escolar, coa participación de Delia Irene Martínez, Secretaria xeral de FeSP-UGT Galicia; Gerardo Morano Díaz, secretario do Sector de Ensino de FeSP-UGT e os representantes dos sectores de Ensino Público, Paula Carreiro; do Privado, Manuel Alonso e da Universidade, Benjamín Rey.

Ler máis »
27/06/2017 - Notas de Prensa
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA SOLICITA UNHA REUNIÓN CO CONSELLEIRO POLO PECHE DE VARIAS UNIDADES EDUCATIVAS

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia entregou hoxe no rexistro xeral da Xunta, unha solicitude de entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para tratar sobre o peche das unidades educativas do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia), CPI da Ribeira (Porriño) e do CPI Monte Caxado (As Pontes), así como do peche do CEIP Emilio de Navasqüés (Outes).

Ler máis »
23/06/2017 - Notas de Prensa
UGT DENUNCIA O PECHE DE UNIDADES EDUCATIVAS NO CONCELLO DAS PONTES

A supresión de unidades de forma unilateral e sen previo aviso á comunidade educativa suporá o peche do CPI Monte Caxado FeSP-UGT Ensino denuncia a falta de negociación da Xefatura Territorial de Educación da Coruña que, nunha decisión unilateral e sen previa consulta á comunidade educativa (profesorado e familias), decidiu eliminar as ensinanzas da etapa secundaria obrigatoria no CPI Monte Caxado de As Pontes. Esta medida adoptada pola Administración provocará a eliminación deste centro e a reubicación do alumnado e do profesorado do CEIP A Magdalena nas instalaciones do CPI Monte Caxado.

Ler máis »
22/06/2017 - Notas de Prensa
FeSP -UGT DENUNCIA A POUCA TRASPARENCIA NO PECHE DE UNIDADES DO CPI TOMÁS DE LEMOS DE RIBADAVIA

FeSP-UGT Galicia denuncia a falta de negociación da Delegación Provincial de Educación de Ourense que, nunha decisión unilateral e sen previa consulta á comunidade educativa (profesorado e familias), decidiu eliminar as ensinanzas da etapa secundaria obrigatoria no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia. Esta medida adoptada pola Administración provocará a reubicación do alumnado e do profesorado do centro.

Ler máis »
15/06/2017 - Notas de Prensa
ENTREGA DOS V PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O proxecto “A vida no acuario” de Sonia Sánchez Guerra, do CEIP Plurilingüe da Serra de Outes, recolleu onte o primeiro premio da quinta edición dos Premios á innovación educativa “Escola Viva”, convocados por FeSP-UGT Ensino e o movemento educativo Escola Viva. O acto celebrouse no salón de actos de UGT-Galicia en Santiago de Compostela, coa presenza de Raúl Gómez Farto, presidente de Escola Viva, Delia Irene Martínez, Secretaria Xeral de FeSP-UGT Galicia, e Gerardo Morano Díaz, Secretario do Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia, ademais dos premiados.

Ler máis »
05/06/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT PROPÓN UN CALENDARIO ESCOLAR MÁIS EQUILIBRADO COAS VACACIÓNS DE PRIMAVERA NOS PRIMEIROS DÍAS DE ABRIL

O sector de Ensino da FeSP-UGT de Galicia presentará mañá na Mesa Sectorial Docente unha proposta de calendario escolar máis equilibrado coas vacacións de Primavera nos 10 primeiros días de abril. O sindicato reiterará a necesidade de crear comisións provinciais para tratar sobre as materias afíns, e demandará un concursiño para facilitar a mobilidade voluntaria do persoal docente.

Ler máis »
10/05/2017 - Notas de Prensa
RESOLUCIÓN DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

No día de hoxe 10 de maio deuse a coñecer o fallo do xurado da quinta edición dos Premios de Innovación Escola Viva, organizados polo colectivo Escola Viva e FeSP-UGT Ensino.

A acto de entrega dos premios realizarase nunha data aínda por determinar, pero que terá lugar antes do fin do curso escolar. 

No documento adxunto tedes a resolución do xurado cos dos premiados e os tres accesits.

Ler máis »
26/04/2017 - Notas de Prensa
O DÍA 10 DE MAIO COÑECERANSE OS GALARDOADOS DO PREMIO ESCOLA VIVA

O próximo día 10 de maio darase a coñecer a resolución do xurado da V edición do Premio á Innovación Educativa "Escola Viva". O anuncio do fallo do xurado retrasouse uns días sobre o prazo previsto debido á grande participación e a calidade dos traballos presentados que fixo máis intensas e complexas as reunións dos membros do xurado.

Ler máis »
30/03/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT SOLICITA A REGULACIÓN DAS MATERIAS AFÍNS CO APOIO DE CASE 5.000 SINATURAS

A Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT presentou hoxe por rexistro un escrito dirixido ao presidente da Mesa Sectorial Docente solicitando unha reunión para “expoñer á administración educativa a proposta de crear COMISIÓNS PROVINCIAIS para revisar os perfís das prazas con materias afíns e o reparto coherente de especialidades para cada praza con perfil afín”. Esta solicitude vai reforzada con case 5.000 sinaturas  “como mostra do apoio do profesorado galego”.

 

Ler máis »
22/03/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT ESIXE QUE SEXA A CONSELLERÍA QUEN DECIDA SE SE SUSPENDEN AS CLASES POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

O sector de Ensino da  Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT Galicia  esixe á Consellería de Educación que garanta a seguridade dos membros da comunidade educativa e asuma a súa responsabilidade e tome as decisións que lle corresponden, neste caso no que se refire ás condicións meteorolóxicas.

 

Ler máis »
13/03/2017 - Notas de Prensa
FeSP–UGT DENUNCIA A MALA XESTIÓN DA XUNTA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO 2017 COS CONSERVATORIOS DE MÚSICA

FeSP-UGT Ensino denuncia a actuación da Consellería de Educación na Oferta Pública de Emprego 2017 con respecto aos Conservatorios de Música. “A OPE que anunciou a consellería convoca prazas de acceso de corpo A2-A1 para que o profesorado de Educación Secundaria poda cubrir prazas no CMUS, pero esta oferta non convoca oposicións libres para o profesorado de Conservatorio. Deste xeito a administración pretende resolver un problema legal  que está nos xulgados: o Profesorado de Educación Secundaria de Música que está impartindo docencia nos CMUS e ao cal os tribunais dixeron que había que arranxar xa que son corpos distintos”. Esta problemática xa chegou aos centros e no Conservatorio de Ourense haberá mobilizacións ao longo desta semana  pedindo a Consellería solucións. 

Ler máis »
09/03/2017 - Notas de Prensa
O SEGUIMENTO DA XORNADA DE FOLGA XERAL FOI DUN 63% EN XERAL E DUN 90% NA ESO E UNIVERSIDADE

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017. A sociedade galega respondeu de forma masiva á xornada de folga no ensino. O paro foi dun 90% na ESO e na Universidade, sendo dun 63% no global, xa que a folga estendíase dende a educación primaria ata a Universidade. Así, milleiros de docentes, pais e nais e alumnos saíron hoxe á rúa en Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ribeira  e A Coruña - hoxe ás 19.30 farano en Ourense -  para manifestar unha vez máis o rexeitamento á LOMCE e insistir na necesidade da reversión dos recortes no ensino.

Ler máis »
02/03/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT DENUNCIA UNHA OFERTA DE EMPREGO PARA ENSINO “INSEGURA, SEN NEGOCIACIÓN E ESCASA”

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017. A Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT considera que a oferta do proceso de Oposicións anunciado hoxe pola Consellería de Educación na xuntanza da Mesa Sectorial é “insegura, sen negociación e escasa”.

Ler máis »
27/02/2017 - Notas de Prensa
FeSP-UGT CONFIRMA ANTE A CONSELLERÍA A SÚA ADHESIÓN Á FOLGA XERAL NO SECTOR DO ENSINO DO 9 DE MARZO

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017. A Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT confirmou hoxe, xunto a CCOO-Ensino e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), a súa adhesión á folga xeral estatal do 9 de marzo no sector do ensino por medio dun escrito presentado no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ler máis »
17/02/2017 - Notas de Prensa
UGT DENUNCIA UN NOVO ATAQUE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AO SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO EN AS PONTES

A Federación de Traballadores dos Servizos Públicos da UGT ven de denunciar un novo ataque contra a calidade do Ensino Público, nesta ocasión, eliminando definitivamente a posibilidade de prematricularse no IES Castro da Uz ao alumnado de 4º da ESO derivándoo ao IES Moncho Valcárcel, ambos centros de As Pontes (A Coruña).

Ler máis »
25/01/2017 - Notas de Prensa
Centos de delegados da área pública de UGT e CCOO concéntranse diante do Parlamento de Galicia

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- No contexto do calendario de mobilizacións posto en marcha por UGT e CCOO, que se desenvolverá baixo o lema “Servizos públicos.Recuperación de dereitos roubados”, centos de delegados da área pública de ambos sindicatos concentráronse hoxe pola mañá diante do Parlamento galego en defensa do dereito a negociación colectiva e recuperación de dereitos roubados que afecta a ensino, sanidade e Administración autonómica.

Ler máis »
20/01/2017 - Notas de Prensa
REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CO GRUPO PARLAMENTARIO DE EN MAREA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forma parte FeSP-UGT, reuniuse hoxe co grupo parlamentario de En Marea para informarlle sobre a posibilidade de que se convoque unha xornada de folga xeral no sector educativo o próximo día 9 de marzo.

 

Ler máis »
07/12/2016 - Notas de Prensa
ABERTA A CONVOCATORIA PARA A QUINTA EDICIÓN DO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia e Escola Viva anunciaron hoxe en rolda de prensa a convocatoria da quinta edición do Premio á Innovación Educativa Escola Viva. O prazo para a presentación dos traballos queda aberto dende hoxe ata o próximo día 17 de marzo.

Ler máis »
27/10/2016 - Notas de Prensa
VALORACIÓN DA XORNADA DE LOITA CONTRA AS REVÁLIDAS POR PARTE DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA E O STEG

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forma parte FeSP-UGT Ensino,  xunto ao STEG fixeron hoxe balance da xornada de loita contra as reválidas, que se celebrou onte 26 de outubro en Galicia. "cun éxito absoluto, pola magnífica resposta unha vez máis da comunidade educativa".

Ler máis »
17/10/2016 - Notas de Prensa
COMUNICADO SOBRE O CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA E AS REVÁLIDAS

Ante o titular de Faro de Vigo do 15 de maio, que di:”El Consejo Escolar de Galicia apoya el nuevo examen”, a UGT do Ensino, que ostenta a representación do profesorado galego na Comisión Permanente deste Consello, quere facer público este comunicado baseado na seguinte argumentación:

 

-O Consello Escolar de Galicia non tratou, nin en Permanente nin en Pleno o tema das probas finais da ESO e de Bacharelato e polo tanto nunca se pode dicir, a data de hoxe, que apoia o novo exame.

Ler máis »
14/10/2016 - Notas de Prensa
REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CON EN MAREA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forma parte UGT, reuniuse hoxe co grupo parlamentario de En Marea para informarlle sobre a próxima mobilización do día 26 de outubro en contra das reválidas.

 

Ler máis »
11/10/2016 - Notas de Prensa
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA APOIA A XORNADA DE LOITA CONTRA AS REVÁLIDAS QUE SE CELEBRARÁ O DÍA 26 DE OUTUBRO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia anunciou hoxe o seu apoio á xornada de loita contra as reválidas, que se celebrará o 26 de outubro en todo o estado español. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia -configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva- celebrou hoxe unha rolda de prensa para explicar a súa postura e anunciar as mobilizacións previstas para o 26 de outubro nas sete cidades galegas. Na comparecencia ante os medios de comunicación participaron Gerardo Morano, en representación de Escola Viva; José Fuentes, de Ensino CCOO; Rafa Domínguez, de FeSP-UGT Ensino; Lois Taboada, voceiro de CONFAPA;  e Diego Serantes, do Sindicato de Estudantes.

 

 

Ler máis »
30/09/2016 - Notas de Prensa
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia declara o 26 de outubro xornada de loita contra as reválidas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras someter a debate a situación actual xerada pola aprobación do Real Decreto de reválidas acodou os seguintes acordos:

· Declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas , para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, asi como a derrogación da LOMCE e a prol da reversión dos recortes.
· Apoiar a xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado e polo sector de pais e nais.
· Poñer en marcha un calendario de actuacións conxuntas contra as reválidas que se dará a coñecer en vindeira data.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos.

Ler máis »
07/09/2016 - Notas de Prensa
O SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT GALICIA AFIRMA QUE A IMPLANTACIÓN COMPLETA DA LOMCE SO APORTA INCERTEZA

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia fixo hoxe en rolda de prensa unha valoración do curso escolar 2016/17 no que se realizará unha implantación completa da LOMCE na etapa da ESO e do Bacharelato “o cal crea incerteza nas familias, no alumnado e no profesorado no tocante sobre todo, ás reválidas e a posta en marcha da orde de avaliación na etapa de Primaria que evidencia a mentira do noso goberno de que as reválidas de terceiro e sexto curso non son vinculantes, pois poden facer que o noso alumnado non promocione curso”. Así o explicou Gerardo Morano Díaz, secretario do Sector de Ensino FeSP-UGT, que tampouco entende como segue adiante a LOMCE cando o mesmo PP amosou a súa disposición a modificala, segundo o acordo adoptado con C’s e Coalición Canaria.

Ler máis »
19/07/2016 - Notas de Prensa
O SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT GALICIA DENUNCIA QUE A XUNTA CREA NOVAS MATERIAS SEN PASAR ANTES POLA MESA SECTORIAL DE EDUCACIÓN

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia criticou a actitude de “desprezo” da Xunta de Galicia cara ao profesorado ao anunciar en rolda de prensa a creación de novas materias de libre configuración autonómica sen tratarse con anterioridade na mesa sectorial de Educación.

Ler máis »
15/07/2016 - Notas de Prensa
O SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT GALICIA DENUNCIA A ELIMINACIÓN DE MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN QUE XA FORON CURSADAS POLO ALUMNADO

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia denuncia que a falta de planificación por parte da Administración Educativa provocará que materias de libre configuración que xa foron cursadas polo alumnado deban ser agora eliminadas.

 

Ler máis »
02/07/2016 - Notas de Prensa
O SECTOR DE ENSINO DE FESP-UGT GALICIA PROPÓN CAMBIAR AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA POLAS DE PRIMAVERA

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia propón cambiar as vacacións de Semana Santa polas de Primavera, para así establecer uns períodos lectivos máis homoxéneos. Así, este período vacacional sempre estaría ubicado entre o 1 e o 10 de abril, de forma que “alumnos e docentes terían distribuídos os seus períodos de traballo e descanso dunha forma máis equitativa, o que sen dúbida sería positivo para o rendemento duns e outros”.

Ler máis »
08/06/2016 - Notas de Prensa
FeSP-UGT DE GALICIA DENUNCIA A FALTA DE PRAZAS NO CONSERVATORIO DE OURENSE PARA CUBRIR A DEMANDA

FeSP-UGT de Galicia solicitou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que aumente o persoal do Conservatorio de Música de Ourense (CUMS) para poder cubrir a demanda existente de prazas e ofertar así un ensino público adecuado ás necesidades da sociedade galega. A resposta da consellería foi que non había posibilidade de aumentar a dotación de recursos humanos no devandito centro, mentres que autoriza a apertura dun centro privado que absorberá a demanda existente. Por este motivo FeSP Ensino recorda que a sociedade ten dereito ao ensino público en todas as modalidades  educativas.

Ler máis »
25/05/2016 - Notas de Prensa
ENTREGA DOS PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

Hoxe 25 de maio celebrouse en Santiago o acto de entrega da IV edición dos premios á innovación educativa “Escola Viva”, convocados por FETE-UGT Galicia e Escola Viva. O proxecto “Kale/Kela: Al son de las ciencias y las letras. Arte inclusiva”, do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín recibiu o primeiro premio.

Ler máis »
12/05/2016 - Notas de Prensa
PARA FETE-UGT GALICIA, O ALTO ABSENTISMO NA REVALIDA DE 6º DE PRIMARIA AMOSA O REXEITAMENTO Á LOMCE

FETE-UGT Galicia afirma que o alto absentismo do alumnado galego na proba de 6º de Primaria amosa “o rexeitamento da sociedade á LOMCE”. Esta é a valoración que fai o noso sindicato despois da celebración desta proba, á que sempre amosamos a nosa total oposición, despois de coñecer os datos de absentismo do alumnado, superior ao 67%.

 

Ler máis »
02/05/2016 - Notas de Prensa
1º DE MAIO. GALERÍA FOTOGRÁFICA

GALERÍA FOTOGRÁFICA DAS CONCENTRACIÓNS DO 1º DE MAIO NAS DISTINTAS LOCALIDADES GALEGAS.

Ler máis »
20/03/2016 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA REXEITA A ACTITUDE TRIUNFALISTA DO CONSELLEIRO E INSISTE NA INEXISTENCIA DE RECURSOS PARA LEVAR ADIANTE O PLAN DE CONVIVENCIA

FETE-UGT manifestou, no pleno do Consello Galego de Convivencia Escolar, a súa preocupación pola inexistencia de recursos para levar adiante os plans de convivencia nos centros educativos. O pleno tivo lugar este pasado  venres e no transcurso do mesmo o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o informe de diagnose realizado en base ás enquisas realizadas a familias, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos (PAS). Esta enquisa elaborouse no fin do primeiro trimestre deste curso 2015-2016.

 

Ler máis »
20/02/2016 - Notas de Prensa
FETE-UGT REXEITA O MÉTODO DA XUNTA PARA DOTAR DE PERSOAL ADMINISTRATIVO AOS CENTROS DE PRIMARIA

FETE-UGT Galicia manifestou o seu rexeitamento ao método proposto pola Xunta de Galicia para dotar de persoal administrativo aos centros de Educación Primaria.

Ler máis »
09/12/2015 - Notas de Prensa
ABERTA A CONVOCATORIA PARA A CUARTA EDICIÓN DO PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA ESCOLA VIVA

FETE-UGT Galicia e Escola Viva anunciaron hoxe en rolda de prensa a convocatoria da cuarta edición do Premio á Innovación Educativa Escola Viva. O prazo para a presentación dos traballos quedan aberto dende hoxe ata o próximo día 18 de marzo.

 

Ler máis »
01/12/2015 - Notas de Prensa
ACTO POLA INTEGRACIÓN DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

O 27 de novembro celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela un acto en apoio da integración das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario galego. Este acto foi convocado pola Plataforma Galega pola Adscrición e Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no sistema universitario galego, na que participa entre outros colectivos  FETE-UGT Galicia.

Ler máis »
27/11/2015 - Notas de Prensa
GRAN SEGUIMENTO Á MESA REDONDA CONVOCADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

O xoves 26 de novembro celebrouse en Santiago a mesa redonda "Perspectivas da Educación en Galicia", na que os voceiros dos partidos políticos con presenza no Parlamento Galego deron a coñecer os plans dos seus partidos para a educación galega. Este evento foi convocado pola Plataforma en Defensa do Ensino Público.

Ler máis »
20/11/2015 - Notas de Prensa
O 26 DE NOVEMBRO, MESA REDONDA PARA COÑECER AS PROPOSTAS EDUCATIVAS DOS PARTIDOS POLÍTICOS PRESENTES NO PARLAMENTO GALEGO

O próximo día 26 de novembro (18:30 horas) celebrarase a  mesa redonda “Perspectivas da Educación en Galicia”, na que os voceiros de Educación dos partidos políticos presentes no Parlamento Galego informarán sobre cal é a súa proposta educativa para Galicia.

Esta iniciativa foi promovida pola  Plataforma en Defensa do Ensino Público, que está configurada polas organizacións CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva, en representación de toda a comunidade escolar galega. Hoxe tivo lugar a rolda de prensa para presentar este acto e na mesma participaron Rafael Domínguez (FETE-UGT Galicia), Luz López (CCOO Ensino) e Lois Taboada (CONFAPA).

 

Ler máis »
09/09/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA CONFÍA EN QUE ESTE CURSO SEXA O DA DERROGACIÓN DA LOMCE

A Federación de Traballadores do Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT/Galicia), solicitou hoxe a paralización da implantación da LOMCE e “que se chegue a un pacto con todas as partes implicadas en favor da escola pública”. Esta manifestación tivo lugar no transcurso da comparecencia pública ofrecida con motivo inicio do novo curso escolar. No devandito acto informativo estiveron presentes o secretario xeral de FETE-UGT Galicia, Raúl Gómez Farto, e o representante do Ensino Público, Rafael Domínguez

 

Ler máis »
17/08/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA SOLICITA A XUNTA A RECOLOCACIÓN DOS TRABALLADORES QUE PERDAN O SEU POSTO TRALA MODIFICACIÓN DOS CONCERTOS EDUCATIVOS

FETE-UGT Galicia, tras coñecer a modificación dos concertos educativos con centros docentes privados, solicita á Xunta “un acordo de mantemento de emprego que permita recolocar aos traballadores que perdan o seu posto de traballo”. 

Ler máis »
03/08/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA ESIXE AO ALCALDE DE A BAÑA A RECTIFICACIÓN PÚBLICA DAS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE O PROFESORADO

FETE-UGT Galicia esixe ao alcalde de A Baña, José Andrés García, a rectificación pública das desafortunadas e inxustas declaracións nas que descualificou ao colectivo do profesorado. O sindicato presentou no Concello de A Baña un escrito solicitando esa rectificación, así como que pida desculpas ao devandito sector.

Ler máis »
22/07/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA ESIXE MELLORAS PARA OS PROFESIONAIS NO SECTOR DA ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

FETE-UGT Galicia esixe á Administración a adopción de medidas para mellorar a situación dos profesionais no sector da atención a discapacidade. O sindicato destaca a necesidade de emprender accións despois de coñecer os resultados dunha enquisa realizada a preto de 700 traballadores e traballadoras deste sector. Un dos datos máis destacados da avaliación realizado foi que preto do 30% do persoal recibe con certa frecuencia algún tipo de agresión física.

Ler máis »
19/06/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA SOLICITA Á XUNTA UN ORZAMENTO PARA O PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR

A Xunta de Galicia anunciou, no transcurso da reunión da Comisión permanente do Consello Galego de Convivencia Escolar, que se celebrou o 17 de xuño, que non se ía establecer partida orzamentaria algunha para o desenvolvemento do Plan de Convivencia Escolar. O representante do profesorado manifestou a súa absoluta desconformidade porque pensa que é un plan moi importante para a comunidade escolar que necesita de medios para o seu correcto desenvolvemento.

Ler máis »
18/06/2015 - Notas de Prensa
NOTA DE PRENSA

A Xunta de Persoal Docente da provincia de Ourense condena a agresión sufrida por unha profesora do CEIP Princesa de España de Verín 

Ler máis »
04/06/2015 - Notas de Prensa
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ESIXE A RETIRADA DA REVÁLIDA DE TERCEIRO DA EDUCACIÓN PRIMARIA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esixiu hoxe en rolda de prensa a retirada da proba de avaliación individualizada (reválida) de terceiro de Primaria, tal e como xa se fixo noutras comunidades autónomas.

Ler máis »
03/06/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT DENUNCIA O PECHE DA ESCOLA INFANTIL DO SAGRADO CORAZÓN DE LUGO POR ABANCA

Abanca incumpre a promesa feita en xuño de 2014 de dar estabilidade e continuidade á obra social das antigas Caixas.

Ler máis »
07/05/2015 - Notas de Prensa
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA REXEITA A PROBA DE AVALIACIÓN INDIVIDUAL DE TERCEIRO CURSO DE ENSINO PRIMARIO IMPOSTA POLA LOMCE E APOIA A PROPOSTA DA CONFAPA QUE TRATA DE EVITAR CONSECUENCIAS NEGATIVAS PARA O ALUMNADO.

 

Ler máis »
01/05/2015 - Notas de Prensa
1º DE MAIO. GALERIA FOTOGRÁFICA
28/04/2015 - Notas de Prensa
28 de Abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

FETE-UGT reclama políticas laborais que permitan unha mellor saúde laboral dos traballadores/ás do ensino.

Ler máis »
27/04/2015 - Notas de Prensa
FETE-UGT GALICIA, NA COMISIÓN PERMANENTE DO CONSELLO DE CONVIVENCIA DE GALICIA

O Consello para a Convivencia Escolar de Galicia é por fin unha realidade. Con moito retraso, despois dunha lei promulgada no 2011 e o correspondente decreto de xaneiro de 2015, o Consello quedou finalmente constituído o pasado día 24 de abril coa presenza na comisión permanente de FETE-UGT Galicia e baixo a presidencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. O acto tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Ler máis »
20/04/2015 - Notas de Prensa
Encontro dos Consellos Escolares Autonómicos e do Estado

FETE-UGT de Galicia participou no XXIII Encontro dos Consellos Escolares Autonómicos e do Estado celebrado en Santander os días 16,17 e 18 de abril.

Ler máis »
26/02/2015 - Notas de Prensa
FETE UGT APOIA A FOLGA DE ESTUDIANTES.

FETE UGT apoia e considera completamente xustificada a folga convocada polas distintas organizacións estudiantís para o día 26 de febreiro.

Ler máis »
18/02/2015 - Notas de Prensa
Sentenza Concurso Xeral de Traslados

Unha nova sentenza do TSXG anula parcialmente a valoración dos servizos prestados como interino no apartado 1.1.2 do baremo

Ler máis »
12/12/2014 - Notas de Prensa
RD de Especialidades

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público ante o Real Decreto de Especialidades de Secundaria

 

Ler máis »
02/12/2014 - Notas de Prensa
III PREMIO INNOVACIÓN

Escola Viva e FETE-UGT comunican os premiados do III premio de Innovación Educativa.

Entre os 42 traballos presentados o xurado decidiu otorgar o primeiro premio dotado con 1000€ ao IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria polo seu traballo "Disfruta e baila ao son do Xograr"

O segundo premio, cunha dotación de 500€, recaeu na profesora Mónica Corbacho do CEIP Porto Cabeiro de Redondela co traballo "Construíndo a aprendizaxe"

Ler máis »
17/11/2014 - Notas de Prensa
En catro anos perdemos.....
14/11/2014 - Notas de Prensa
Decreto de FP Básica

FETE-UGT Galicia interpuxo un recurso contencioso administrativo contra o Decreto 107/2014 polo que se regula a Formación Profesional Básica en Galicia e se establecen os currículums da mesma.

Ler máis »
11/11/2014 - Notas de Prensa
Atención á discapacidade. MAÑÁ 12 DE NOVEMBRO, CONCENTRACIÓN ANTE O PARLAMENTO POLA SUBROGACIÓN DOS TRABALLADORES DE SAN FRANCISCO

Os sindicatos representados no comité de empresa da Asociación Galega San Francisco, FETE-UGT, CIG e CCOO, convocan para mañá 12 de novembro (15:00 horas) unha concentración diante do Parlamento de Galicia á mesma hora na que,  previsiblemente, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, responda a unha interpelación de parlamentarios do BNG respecto á adxudicación de 73 prazas de atención á discapacitados intelectuais á empresa privada Doral Residencias en prexuízo de AGASFRA (Asociación Galega San Francisco).

Ler máis »
01/10/2014 - Notas de Prensa
GALERIA FOTOGRÁFICA DA MANIFESTACIÓN CONTRA O PECHE DA ASOCIACIÓN GALEGA SAN FRANCISCO

Movilización en defensa do centro de Coia da Asociación San Francisco.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia