Actualidad y noticias

22/03/2018 - Oposicións
PUBLICADA A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS DE ENSINO 2018

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG

Ler máis »
06/02/2018 - Oposicións
OPE 2018: 2050 PRAZAS

  Con data de hoxe a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fai pública na Mesa Sectorial Docente a OPE do 2018.

   A FeSP-UGT Ensino manifesta a mellora de oferta de emprego público anunciada polo Presidente da Xunta, 2050 PRAZAS A SEGUNDA OFERTA MÁIS AMPLA NA NOSA CCAA, grazas ó acordo asinado por esta organización sindical.

Ler máis »
24/11/2017 - Oposicións
BORRADORES DOS TEMARIOS DO CORPO DE MESTRES

Como documentos adxuntos apórtanse os borradores dos Temarios das distintas especialidades de Infantil e Primaria que se aportaron na Mesa Sectorial do 23 de novembro ás OOSS.

Lembramos que son documentos que aínda se poden modificar e apuntamos a solicitude da FeSP-UGT de non impletentar estos temarios na vindeira convocatoria así como o rexeitamento á implementación dos mesmos durante a oferta de empreo público derivada do Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado pola UGT.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

Ler máis »
24/11/2017 - Oposicións
BORRADORES DOS TEMARIOS DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

Como documentos adxuntos apórtanse os borradores dos Temarios das distintas especialidades de EOI que aportou o MECD na Mesa Sectorial do 23 de novembro ás OOSS.

Lembramos que son documentos que aínda se poden modificar e apuntamos a solicitude da FeSP-UGT de non impletentar estos temarios na vindeira convocatoria así como o rexeitamento á implementación dos mesmos durante a oferta de empreo público derivada do Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado pola UGT.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

Ler máis »
23/11/2017 - Oposicións
BORRADORES DE TEMARIOS DE PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO

Como documentos adxuntos apórtanse os borradores dos Temarios das distintas especialidades de PES que aportou o MECD na Mesa Sectorial do día 23 de novembro ás OOSS.

Lembramos que son documentos que aínda se poden modificar e apuntamos a solicitude da FeSP-UGT de non impletentar estos temarios na vindeira convocatoria así como o rexeitamento á implementación dos mesmos durante a oferta de empreo público derivada do Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado pola UGT.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

Ler máis »
23/11/2017 - Oposicións
BORRADORES DOS TEMARIOS DE FP

Como documentos adxuntos apórtanse os borradores dos Temarios das distintas especialidades de FP que aportou o MECD na mesa sectorial do día 23 de novembro ás OOSS.

Lembramos que son documentos que aínda se poden modificar e apuntamos a solicitude da FeSP-UGT de non impletentar estos temarios na vindeira convocatoria así como o rexeitamento á implementación dos mesmos durante a oferta de empreo público derivada do Acordo para a Mellora do Emprego Público asinado pola UGT.

Sindicato Nacional de Ensino Público

Ler máis »
22/06/2017 - Oposicións
Distribución de opositores por tribunais no concurso-oposición ao corpo de PES, técnicos de FP, música e artes escénicas e mestres para 2017

Xuntase a Resolución do 22 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procesos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

PARA BUSCARTE NAS LISTAS PINCHA EN  "Ler máis"

Ler máis »
21/06/2017 - Oposicións
A FeSP-UGT ESIXE TRANSPARENCIA, INFORMACIÓN E CUMPRIMENTO DE PRAZOS DO PROCESO SELECTIVO 2017

FeSP-UGT rexeita a mala xestión da Consellería de Educación do proceso selectivo actual.
Desde o principio a Xunta xogou con este proceso selectivo para conseguir a aprobación dos presupostos do estado. Todo isto, reflíctese nunha completa desorganización que omite/modifica os prazos que fixa a convocatoria, creando nos opositores e opositoras unha incerteza constante desde antes do inicio de dito proceso, que ten como consecuencia o incremento da ansiedade intrínseca a estas situacións. 
FesP-UGT denuncia unha xestión caótica deste proceso selectivo e esixe á Consellería que poña remedio a unha situación que está a prexudicar aos opositores e opositoras e instamos á Consellería que faga un rigoroso seguimento de todo o proceso selectivo, sobre todo no referido a determinados presidentes de tribunais. que esta organización xa ten denunciados en anos anteriores debido á  súa mala praxe.

Ler máis »
21/06/2017 - Oposicións
GUÍA PARA AS OPOSICIÓNS 2017

FeSP-UGT pon á túa disposición unha guía que dará resposta ás dúbidas que che poidan xurdir no proxecto selectivo. Pincha en "Ler máis" e terás as respostas.

Ler máis »
09/06/2017 - Oposicións
ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO CONCURSO-OPOSICIÓN


Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2017.

Contra a lista provisoria as persoas interesadas poderán formular asreclamacións que coiden oportunas no prazo de 5 días naturais.

Podedes consultar as listas pinchando en "Ler máis"

Ler máis »
29/05/2017 - Oposicións
OPOSICIÓNS. TRIBUNAIS SECUNDARIA E PRIMARIA

Composición dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo de ingreso de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, música e artes escénicas, mestres e de adquisición de novas especialidades para o ano 2017.

CONSULTA AQUÍ A COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS.

Ler máis »
05/05/2017 - Oposicións
REIVINDICAMOS UN SISTEMA DE ACCESO QUE RESPONDA AO ACORDO ASINADO PARA A ESTABILIDADE DOS CORPOS DOCENTES

Defendemos un sistema de ingreso baseado nos seguintes parámetros:
• Probas non eliminatorias na fase de oposición, na que habería que obter polo menos unha cualificación de cinco.
• Aumento do peso da fase de concurso, fronte á fase de oposición, na cualificación global do procedemento selectivo,   respectando o equilibrio de méritos, capacidade e igualdade.
• Valoración máxima na fase de concurso da experiencia docente, ata os límites legais permitidos.
• Aumento da optatividade para elixir o tema e a unidade didáctica a defender

Ler máis »
27/04/2017 - Oposicións
CORRECCIÓN DE ERROS NA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis »
18/04/2017 - Oposicións
RESUMO DA CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS 2017

Prazo de presentación do 18 de abril ó 9 de maio

 

 

Ler máis »
17/04/2017 - Oposicións
OPOSICIÓNS 2017 ENSINO

Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2017

Publicada hoxe no DOG  a Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivosde ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017

Ler máis »
09/04/2017 - Oposicións
A CONVOCATORIA DAS OPOSICIÓNS 2017 PREVISTA PARA O 17 DE ABRIL

Esta organización sindical quere amosar publicamente o seu profundo rexeitamento polas formas empregadas novamente pola Consellería á hora de comunicar e facer pública a data da convocatoria das oposicións o vindeiro 17 de abril. Unha vez máis, e como ven sendo habitual, a administración demostra un total menosprezo das organizacións que representan ó profesorado informando  antes á prensa .

Ler máis »
02/03/2017 - Oposicións
OPE 2017

Con data de hoxe a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unilateralmente e sen negociar previamente coas OOSS fai pública na Mesa Sectorial Docente a OPE do 2017. Novamente, a FeSP-UGT Ensino manifestou na mesa a falta de negociación por parte da administración educativa e esixiu garantías e seguridade xurídica para esta oferta de emprego.

 

 

 

Ler máis »
27/02/2017 - Oposicións
A FeSP-UGT ENSINO DENUNCIA A FALTA DE SERIEDADE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Ás 12:15 desta mañá a Consellería de Cultura. Educación e Ordenación Universitaria modifica a Orde do día da Mesa Sectorial do Vindeiro Xoves día 2 engadindo O Proxecto de Orde pola que se convocan os Procesos Selectivos que achegamos neste enlace. Novamente obvian á figura das OOSS e xogan co futuro de miles de opositores mantendo unha postura ambigua ante ó acceso á función pública docente do 2017. A FeSP-UGT esixe á administración un pouco de seriedade e coherencia para/co profesorado opositor e pronuncia o seu malestar pola premura e as datas nas que é presentada esta Orde (en plenas vacacións de Entroido) que non deixa demasiada marxe para traballar sobre ela.

En resumo; a Orde do día da Mesa sectorial sera a seguinte:

1.- OPE

2.- Proxecto de Orde de convocatoria de procesos selectivos

3.- Proxecto de Orde de directores.

 

 

Ler máis »
13/12/2016 - Oposicións
A CONSELLERÍA ANUNCIA UNHA OPE SEN NEGOCIAR

Un ano máis o Conselleiro anuncia unilateralmente e sen negociar cas OOSS que Galicia terá unha convocatoria de Oposicións no ano 2017 para os corpos de Infantil, Primaria e Secundaria que rondará as 1000 prazas. A FeSP-UGT Ensino laméntase da pouca capacidade de comunicación e de negociación que ten o noso goberno e esixe á Administración Educativa a un diálogo sobre a Oferta de Emprego Público anunciada no día de hoxe polo noso conselleiro. Desde esta organización solicitamos que a oferta sexa o 100% da taxa de reposición das xubilacións polo que; á espera de que a administración se pronuncie nas especialidades concretas a ofertar e no número de prazas por especialidade, consideramos esta oferta, similar á pasada, insuficiente.

ESIXIMOS UNHA AMPLA OPE

QUE CUBRA O 100% DAS XUBILACIÓNS!

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia