Actualidad y noticias

16/02/2018 - FETE Informa Pública
DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

A FeSP-UGT, con motivo do 18 de Febreiro Día Internacional da Síndrome de Asperger quere aportar o seu graniño de area na inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo aportando unha breve Guía sobre a Síndrome de Asperger que pode servir ós docentes para o día a día nas aulas co alumnado con TEA.

 

Ler máis »
16/02/2018 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT REXEITA NOVAMENTE A PROPOSTA DE ZONIFICACIÓN DE VIGO

Hoxe, venres 16 de febreiro, a FeSP-UGT Ensino, xunto co resto de organizacións representantes da comunidade educativa de Vigo presentamos, de novo, no rexistro xeral da Xunta de Galicia de Vigo un manifesto conxunto no que expresamos o noso rexeitamento á proposta de zonificación escolar e a  solicitude da apertura dun proceso de reflexión e diálogo, coa participación de toda a comunidade educativa de Vigo para unha elaboración conxunta e consensuada do novo mapa escolar da cidade de Vigo.

Ler máis »
07/02/2018 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT CONSEGUE A MELLOR OPE EN ENSINO DOS ÚLTIMOS ANOS

No día de onte reuniuse a Mesa Sectorial onde se presentou a OPE, que recolle as demandas e aportacións feitas pola FeSP-UGT.

Ler máis »
05/02/2018 - FETE Informa Pública
Reunión da Subcomisión: a FeSP-UGT pide un incremento na OPE DOCENTE

No día de hoxe, a petición entre outros da FeSP-UGT, reuniuse a Subcomisión de Seguimento do Acordo do Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos. Nesta reunión demandamos entre outras cuestións un incremento de prazas na OFERTA DE EMPREGO de Docentes desta ano 2018.

Ler máis »
04/02/2018 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT REIVINDICA MENOS HORAS LECTIVAS PARA OS DOCENTES

A Mellora da calidade educativa pasa pola reducción do horario lectivo do profesorado.

Ler máis »
31/01/2018 - FETE Informa Pública
MATERIAIS DA FeSP-UGT ENSINO PARA PREPARAR AS PRAZAS PARA O EXTERIOR

A FeSP-UGT Ensino, seguindo a premisa de formar ó profesorado en todos en todos os ámbitos da función pública pon á vosa disposición dentro da programación do Plan Homologado do Ministerio de Educación Cultura e Deporte (MECD) para o primeiro semestre do 2018 o curso “La Acción Educativa  en el Exterior: Como afrontar las pruebas selectivas” que está programado para os días 9, 10 e 11 de marzo nas instalacións da Escola Julián Besteiro en Madrid.

Ler máis »
30/01/2018 - FETE Informa Pública
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

A FeSP-UGT Ensino quere aportar o seu graniño de area no Día Escolar da Paz e  Non Violencia cunha Guía de Recustos para os Centros eEducativos e co II Concurso de Audiovisuis "Aulas pola Convivencia".

Tedes toda a documentaciónm como aruivos adxuntos.

Ler máis »
26/01/2018 - FETE Informa Pública
SOLICITUDE DE XUNTANZA DA SUBCOMISIÓN DE MANTEMENTO DE EMPREGO.

No día de hoxe, e despois do anuncio feito polo Presidente da Xunta de Galicia, a FeSP-UGT xunto con outras organizacións sindicais solicitou a reunión da Subcomisión de de Seguimento do Acordo polo emprego.

Ler máis »
26/01/2018 - FETE Informa Pública
O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA ANUNCIA A NOVA OFERTA DE EMPREGO DOCENTE

A oferta global de prazas (reposición e estabilidade) ascende a un total de 1919 prazas.


Co obxectivo de acadar máis información sobre o proceso de estabilización, a FeSP-UGT solicita a convocatoria urxente da Subcomisión de Seguimento do Acordo, e poder analizar con maior concreción o alcance do recoñecemento do proceso de estabilización que este anuncio supón.

                                                                                        Sindicato Nacional de Ensino Público

Ler máis »
22/01/2018 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA NOVA ZONIFICACIÓN DE VIGO

O venres 19 de xaneiro a FeSP-UGT Ensino, xunto coa comunidade educativa e outras OOSS participaron na concentración Na Farola de Vigo para manifestar o seiu rexeitamento a esta nova proposta de zonidficación de Vigo.

Desde a FeSP-UGT Ensino estamos en total desacordo con esta nova proposta de zonificación do concello de Vigo; xa que está baseada en criterios técnicos en lugar de en criterios pedagóxicos e didácticos. Non se teñen en conta as necesidades do alumnado de Vigo nin a opinión da comunidade educativa que o venres manifestou o seu total desacordo con esta imposición por parte da administración eductaiva.

Este proxecto vai provocar graves prexuizos ós nenos e nas, ás familias e ó profesorado; perigando a supervivencia dalgúns centros educativos públicos e o futuro da escola pública.

 

Sindicato Nacional Ensino Público

19/01/2018 - FETE Informa Pública
ASEMBLEAS INFORMATIVAS PARA INTERINOS NOS LOCAIS DA FeSP-UGT
Ler máis »
17/01/2018 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT REXEITA A NOVA ZONIFICACIÓN DE VIGO

A FeSP-UGT Ensino coa distintas organizacións sindicais que conforman a Xunta de Persoal Docente de Pontevedra (exceptuando a CSIF) aprobamos en pleno extraordinario unha resolución en contra da nova zonificación de Vigo non consensuada coa comunidade educativa e esixindo que a administración educativa cubra neste CXT todas as vacantes que se produzan na provincia de Pontevedra.

Logo de rematar o pleno da Xunta de persoal Docente de Pontevedra, a FeSP-UGT Ensino concentrouse concentrouse diante da Delegación provincial de Educación de Pontevedra.

17/01/2018 - FETE Informa Pública
FeSP- UGT oponse ao cambio de temarios para as oposicións docentes

 O Sector de Ensino de FeSP-UGT rexeita calquera ampliación e/ou modificación nos temarios antes de 2022, ano no que finalizará o período de estabilidade para o profesorado interino, acordado, entre outros, polo Sindicato UGT.

 

Ler máis »
16/01/2018 - FETE Informa Pública
ABERTO PRAZO PARA ACTUALIZAR O EXPEDIENTE EN DATOS PERSONAIS
12/01/2018 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓN CONTRA O PROXECTO DE ZONIFICACIÓN PARA A CIDADE DE VIGO

FeSP-UGT Galicia, sector Ensino, participou hoxe na concentración e presentación no rexistro da Xunta dun escrito de rexeitamento ao proxecto de zonificación previsto para a cidade de Vigo. Este escrito foi asinado por numerosos colectivos que representan a comunidade educativa (sindicatos, partidos políticos, asociacións veciñais e culturais, ANPAS….).

Dende a FeSP-UGT estamos en total desacordo coa proposta de zonificación de Vigo, tal e como vimos afirmando dende que tivemos constancia da mesma. Consideramos que está baseada en criterios técnicos en vez de en criterios pedagóxicos e didácticos e que está feita sen ter en conta as necesidades dos rapaces e rapazas de Vigo, así como a opinión da propia comunidade educativa.

Tal e como está plantexada vai provocar graves prexuízos aos nenos e nenas, as súas familias, aos centros educativos públicos e aos propios docentes.

Polo tanto, non podemos mais que manifestar o noso desacordo á proposta da zonificación de Vigo e a nosa adhesión a este manifesto conxunto que reflicte o sentir xeral da cidadanía viguesa.

Sindicato Nacional Ensino Público

Ler máis »
10/01/2018 - FETE Informa Pública
ACALARACIÓNS NO RELATIVO Á APLICACIÓN DA LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

No relativo ás modificacións na Lei de medidas fiscais e admistrativas, Lei 9/2017 (DOG 28-12-2017) que entra en vigor o 1-1-2018 ampliando os permisos para os/as Empregados/as Públicos/as da Xunta de Galicia (permiso por parto, por adopción ou acollemento e permiso doutro proxenitor por parto, adopción ou acollemento)

e despois de consultar nas Delegacións Provinciais correspondentes, 

 

dende a Fesp -UGT informamos que:

- Esta modificación é de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos con data do día 1 de xaneiro.

As ampliacións a 20 ou 5 semanas, segundo sexa o caso, están a ser xestionadas de oficio polas Administracións Provinciais por rigorosa orde de remate destes permisos.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

Ler máis »
02/01/2018 - FETE Informa Pública
LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

A Lei 9/2017 (DOG de 28-12-2017), que entrou en vigor onte, modifica os seguintes permisos para os empregados públicos da Xunta de Galicia:

- Permisos por parto e por adopción ou acollemento: amplíanse de 18 a 20 semanas ininterrumpidas

- Permiso do outro proxenitor por nacemento acollemento ou adopción dun fillo (permiso de paternidade): amplíase de 29 días a 5 semanas.

A nova duración destes permisos será de aplicación a quen os estean gozando no momento de entrada en vigor desta lei.

 

Ler máis »
21/12/2017 - FETE Informa Pública
A Conferencia Sectorial de Educación dá o visto bo ás modificacións do regulamento de ingreso ós corpos docentes

Máis alá de conseguir unha maior ponderación da fase de concurso e do número de temas a elixir, NON se pode falar en absoluto de vontade para chegar a acordos  a través do diálogo por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Ler máis »
21/12/2017 - FETE Informa Pública
BO NADAL E PRÓSPERO 2018
16/12/2017 - FETE Informa Pública
CONSTITUCIÓN DA SUBCOMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE EMPREGO

No día de hoxe constituíuse a Subcomisión de Seguimento do Acordo de Estabilización no ámbito do Sector do Ensino formada pola Administración, as distintas OOSS asinantes do acordo de estabilidade (UGT, CCOO e CSIF) e ANPE como asinante adherida ó acordo. 

O único punto da orde do día foi a constitución da Subcomisión; o que amosa o pouco interese da Administración por informar e dar transparencia sobre a oferta de emprego público ós opositores e ás OOSS asinantes do Acordo De Estabilización.

Desde a FeSP-UGT Ensino denunciamos a tardía creación desta Subcomisión e instamos á consellería a que nos dera datos sobre a vindeira OPE. Ante a negativa da mesma a informar sobre o montante de prazas de consolidación para os vindeiros tres anos reclamamos na reunión os seguintes puntos:

As prazas de estabilización deben reducir a taxa de interinidade ó 5% que é o que estipula o acordo de Interinos asinado en Xuño de 2017.

A OPE debe coñecerse ó antes posible e ser unha oferta xenerosa; xa que o profesorado opositor está á expectativa destes datos desde hai tempo. Volvemos a ser a única CCAA que non ten datos relativos á Oferta de Emprego Público. É imprescindible  que a administración informe ó profesorado canto antes e así llo esixiu esta OOSS.

Pero; unha vez mais, como xa ven sendo habitual, a Consellería de Educación  dá a calada por resposta, obviando as funcións desta Subcomisión deixándonos á espera dunha vindeira reunión na que esperamos unha orde do día máis rigorosa e detallada.

Sindicato Nacional de Ensino Público

 

 

 

 

 

Ler máis »
15/12/2017 - FETE Informa Pública
CONVOCATORIA DE 785 PRAZAS PARA AUXILIARES DE CONVERSA ESPAÑOIS NO ESTRANXEIRO PARA O CURSO 2018/2019

Axudas para auxiliares de conversa de lingua española en centros docentes de Alemaña, Australia, Bélxica, Canadá, EEUU, Federación de Rusia, francia, Irlanda, Italia, Malta, noruega, Nova Zelanda, Reino Unido e Suecia.

- Destinatarios: cidadáns españois con titulación universitaria ou estudantes do último curso universitario no 2017-2018, para levara a cabo labores de auxiliares de conversa en Alemaña, Australia, Bélxica, Canadá, EEUU, Federación de Rusia, francia, Irlanda, Italia, Malta, noruega, Nova Zelanda, Reino Unido e Suecia.

- Número: 785 prazas.

- Requisitos: Cumprir cos requisitos espefícos de cada país establecidos na convocatoria adxunta.

- Dotación: os auxiliares de conversa percibirán, con cargo aos presupostos do país de destino, en concepto de gastos de aloxamento e manutención, a compensación económica orietativa que poderá consultare no anexo V da convocatoria.

- Duración: a duración do programa é, en xeral, de outubro de 2018 a maio de 2019. Este calendario é orientativo ó igual que a xornada semanal, en función do país de destino.

 

http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050520/ficha.html#dc

 

Sindicato Nacional de Ensino Público

05/12/2017 - FETE Informa Pública
CONTINUAMOS COA CAMPAÑA DE MOBILIZACIÓNS

O 14 de decembro delegados e delegadas de FeSP-UGT e de FSC-Área Pública-CCOO de toda España, participan na Manifestación, saída as 12 horas dende a Praza de Cibeles ata Sevilla, á que asistirán os Secretarios xerais de UGT, Pepe Álvarez, e de CCOO, Unai Sordo.

A PRÓRROGA DOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO NON É ESCUSA PARA NON RESTITUÍR SALARIOS, EMPREGO E DEREITOS ROUBADOS

Reclamamos ao Goberno estatal, Xunta e Concellos, que abran espazos de negociación no ámbito das mesas de negociación das Administracións Públicas, que teñan efectos nos Orzamentos para o 2018, haxa prórroga ou haxa novos orzamentos. A prórroga dos Orzamentos, non é escusa, hai mecanismos legais; o que non hai é vontade política.

Ler máis »
04/12/2017 - FETE Informa Pública
POSTOS DE ASESORES TÉCNICOS NO EXTERIOR

REQUISITOS

-       Antigüidade mínima de tres anos como funcionario de carreira en activo.

-       Atoparse en situación de servizo activo no corpo ao que correspondan os postos solicitados e ser titular das especialidades requiridas para eses postos.

 T  Ter prestado servizos durante tres cursos académicos completos en España como funcionario do corpo dende o que se participa.

     REQUISITO ESPECÍFICO

-     Posuír o nivel do idioma ou dun dos idiomas que para cada posto se determina no anexo I da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓNS

-       Entre o 29 de novembro e o 21 de decembro de 2017. 

Sindicato Nacional de Ensino Público

Ler máis »
01/12/2017 - FETE Informa Pública
3 de Decembro: DÍA INTERNACIONAS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

“Imaxina que vives nun ambiente no que ninguén te fala directamente pero falan de ti na túa presenza”

“Imaxina que os nenos se burlan de ti na rúa e os adultos mírante fixamente e murmuran as túas espaldas”.

“Imaxina que te atopas nun mundo raro no que acontecen cousas que non entendes, e no que non podes anticipar o que vai a ocorrer.

“Imaxina que as persoas te collen do brazo, sácante á rúa, métente nun coche e nunca te din onde vas ir, ou que vas facer cando esteas alí”.

“Imaxina que vives e vas á escola en lugares controlados por persoas que nunca te deixan ir solo a ningún sitio”.

“Imaxina que as persoas sempre interrompen os teus intentos de facer algo e fáno por ti”.

“Imaxina que estás na escola e ano tras ano, os mestres soamente te preguntan tontadas como: ¿qué color é ese? Ou sinala o teu nariz; aínda teñas 18 anos.

“Imaxina situacións nas que ti intentas dicir que estás incómodo ou te molesta algo e ninguén te entende”.

“Imaxina que vives nun sitio no que as persoas constantemente se queixan de ti, ou fan chistes sobre ti na túa presenza”.

“Imaxínate escoitando constantemente ás persoas falar sobre o que non puedes facer”.

“Imaxínate a ti mesmo como unha persoa que existe, pero que ante os ollos dos demáis pareces existir sóoamente como un tema de conversa”.

“Imaxínate escoitando ós profesionais describindo as túas limitacións diante túa, como se ti non puideras entender”.

“Imaxínate que es un adulto aprendendo a facer un traballo produtivo e os teus instrutores trátante como a un neno”.

“Imaxina que non es capaz de dicir que non queres ver un programa de televisión diferente ao que os demáis están vendo.

“Imaxina que estás nunha situación na que todo o mundo te dá órdenes pero nunca falan contigo.”

“Imaxina que as personas solo esperan unha conduta inadecuada de ti.”

“Imaxina que nunca puideches tomar nin a máis mínima decisión persoal aínda que sexas un adulto.”

“Imaxina situacións nas que ninguén te pregunta que preferirías facer ou incluso comer.”

BENVIDO AO MUNDO DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL


Judith Leblanc

 

Sindicato Nacional de Ensino Público

01/12/2017 - FETE Informa Pública
AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS SUSPENDEN O PECHE NO MECD PARA CONVOCAR MOBILIZACIÓNS EN PRÓXIMAS DATAS

CCOO, STE’s e FeSP-UGT reuníronse ao longo da tarde con representantes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte tras permanecer encerrados despois da mesa celebrada esta mañá.
No encontro, que durou aproximadamente hora e media, avanzouse nalgún aspecto que as organizacións sindicais ven positivo. Abriuse a posibilidade de explorar vías de protección para aqueles colectivos interinos especialmente vulnerables. Ademais, hai un compromiso por parte do MECD de facer un seguimento xunto coas organizacións sindicais dos criterios para a determinación de prazas a convocar. Máis información na nosa web www.feteugtgalicia.es

Ler máis »
30/11/2017 - FETE Informa Pública
OS REPRESENTANTES DO PROFESORADO PÉCHANSE NO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

CCOO, UGT e  STEs plantan cara ao  ninguneo que recibiron por parte do Ministerio. e, tras a reunión da mesa sectorial na que Educación tentou pechar en falso as negociacións sobre a Oferta de Emprego Público extraordinaria, negándose a abandonar as dependencias. 

Os sindicatos docentes CCOO, UGT e  STEs denuncian a falta de vontade política do Goberno para pechar un modelo extraordinario de acceso consensuado que posibilite o obxectivo de reducir a precariedade no emprego público docente.

A maioría sindical presente na mesa sectorial reivindica a necesidade de impulsar un verdadeiro proceso de estabilización do emprego no que se teña en conta a experiencia docente como un factor que incide positivamente na calidade educativa e se  ao profesorado interino afectado por anos de precariedade laboral. En concreto, defendemos:

- Que non se cambien nin amplíen os temarios.
- Que as probas da fase de oposición non sexan eliminatorias.
- Que se incremente a ponderación da fase de concurso respecto da oposición.
- Que se eleve o peso da antigüidade na fase de concurso.

Ler máis »
28/11/2017 - FETE Informa Pública
PONTE EN CONTACTO CON NÓS PARA O SEGUEMENTO DA BAREMACIÓN DOS MÉRITOS ARTÍSTICOS E LITERARIOS
28/11/2017 - FETE Informa Pública
CONVOCATORIAS PARA PRAZAS NO EXTERIOR

Achegamos como documentos adxuntos convocatorias para prazas no exterior:

- Provisión de Postos de Asesores Técnicos no Exterior.

- Provisión de Postos para Persoal Docente no Exterior.

- Prazas para Profesores Visitantes en Centros educativos de Estados Unidos de América, Canadá e Reino Unido para o curso académico 2018 - 2019.

Ler máis »
28/11/2017 - FETE Informa Pública
PUNTUACIÓNS MÍNIMAS COAS QUE SE OBTIVO DESTINO NO ANTERIOR CXT

Lembramos que:
- Se concursas desde o primeiro destino definitivo e adquires novo destino perdes a puntuación do apartado 1.1.1.
- Se adquires destino definitivo perdes a puntuación do apartado 1.1.3.
- Non se perde puntuación se adquires praza outra especialidade no mesmo centro no que estás definitivo.
Moita máis información en Ler máis.

Ler máis »
25/11/2017 - FETE Informa Pública
#25N EDUQUÉMOAS LIBRES,SEN MEDO. EDUQUÉMOOS NO RESPETO, EN IGUALDADE

Achegamos o cuaderno con recursos didácticos para o 25 de Novembro de Educando en Igualdade.

 

 

Ler máis »
24/11/2017 - FETE Informa Pública
O MECD parece querer trasladar á Avogacía do Estado a responsabilidade de decidir se as partes da proba da oposición docente serán eliminatorias

A cuestión de se as partes da proba da fase de oposición docente serán ou non eliminatorias centrou a maior parte da reunión mantida onte entre o MECD e os sindicatos representativos do ensino público non universitario.
A esixencia de UGT, CCOO, CSi.F e STEs de poñer en marcha un sistema transitorio de ingreso con partes dunha proba que non sexan eliminatorias, aínda que a fase de oposición si o sexa, chocou co inmobilismo do MECD que, cunha posición case hermética empéñase en negar a maior e lávase as mans no que ao carácter non eliminatorio respecta, trasladando a responsabilidade de decidir á Secretaría de Estado de Función Pública e se non hai máis remedio, á Avogacía do Estado, pero sen deixar claro se, en caso de non haber impedimento legal, aceptará a proposta sindical maioritaria.

Ler máis »
23/11/2017 - FETE Informa Pública
RELACIÓN DE VACANTES PARA O EXTERIOR

Achegamos como documentos adxuntos toda a información relativa ó exterior:

- Relación de Vacantes de Docentes no Exterior.

- Relación de Vacantes de Asesores.

- Proxecto de Convocatoria de Docentes no Exterior

Sindicato Nacional de Ensino Pública

Ler máis »
07/11/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT ENSINO CONSEGUE UNHA MESA TÉCNICA DE NEGOCIACIÓN PARA AS VACANTES DO CONCURSO ESPECÍFICO DE ORIENTACIÓN LOGRANDO UN AUMENTO DE MÁIS DE 40

Como consecuencia da solicitude da FeSP-UGT na Mesa Sectorial do 24 de outubro, a administración convocou o venres 3 de novembro ás organizacións sindicais para negociar as vacantes para o Concurso Específico de Orientación que será publicado no DOG o 14 de novembro.  Grazas ó estudo pormenorizado e argumentado desta organización sindical da realidade da Orientación na Etapa de Primaria na nosa CCAA e da implicación dos centros educativos que colaboraron activamente na realización do mesmo; acadáronse un 43,5% máis de vacantes que as previstas no borrador (42 prazas máis).

A administración acepta a proposta da UGT de publicar os anexos dos centros adscritos para que a xente concurse con todos os datos sobre a praza á que participa e eliminou erros e duplicidades que se avisaron no estudo que se achegou a posteriori da Mesa Sectorial Docente. 

A pesar deste incremento na oferta a FeSP-UGT Ensino denuncia a precariedade no que atinxe á Orientación Educativa en Galicia, rexida por unha normativa obsoleta e unha Rede de Centros que non responde á realidade educativa da nosa comunidade autónoma e que a administración non é quen de xestionar a súa modificación para adecuala á realidade galega. Lamentamos que non se tiveran en conta aportacións desta organización que mellorarían notablemente a calidade da atención á diversidade nalgúns centros educativos. A FeSP-UGT achegou unha pequena listaxe argumentada e consensuada polos centros educativos dunha necesidade real de dotalos dun Departamento de Orientación propio, a pesar de non cumprir coa premisa de ser un centro completo de 12 unidades, por motivos do número de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo existentes en ditos centros e da realidade sociocultural e socioeconómica dos mesmos. Lamentamos que a consellería non aposte pola atención á diversidade e esiximos unha mellora na ROEGAL e na normativa que atinxe á orientación educativa e á atención á diversidade en Galicia.

Sindicato Nacional de Ensino Público

Ler máis »
31/10/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP – UGT ESIXE TRANSPARENCIA E INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS 2018

A golpe de venres e sen negociar coas OOSS, a consellería publica na súa páxina web a distribución de especialidades que se convocarán no vindeiro proceso selectivo. Novamente, nos atopamos cunha oferta non negociada e non consensuada cos representantes do profesorado que obvia especialidades que precisan aumentar o cadro de persoal (por exemplo FOL … ).
Por outra banda, ofértanse de novo prazas de A1-A2 pero, desta vez, da especialidade de PES de Inglés a EOI. Esta oferta afecta a un amplo colectivo de profesorado en expectativa de destino do corpo de PES de Inglés que, a día de hoxe e vistos os resultados da anterior convocatoria (PES Música – CMUS), non sabe con certeza en que derivarán os resultados desta proposta da administración; que podemos cualificar de inxusta, atropelada e escasa.

31/10/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP – UGT ESIXE TRANSPARENCIA E INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS 2018

A golpe de venres e sen negociar coas OOSS, a consellería publica na súa páxina web a distribución de especialidades que se convocarán no vindeiro proceso selectivo. Novamente, nos atopamos cunha oferta non negociada e non consensuada cos representantes do profesorado que obvia especialidades que precisan aumentar o cadro de persoal (por exemplo FOL … ).
Por outra banda, ofértanse de novo prazas de A1-A2 pero, desta vez, da especialidade de PES de Inglés a EOI. Esta oferta afecta a un amplo colectivo de profesorado en expectativa de destino do corpo de PES de Inglés que, a día de hoxe e vistos os resultados da anterior convocatoria (PES Música – CMUS), non sabe con certeza en que derivarán os resultados desta proposta da administración; que podemos cualificar de inxusta, atropelada e escasa.

Ler máis »
28/10/2017 - FETE Informa Pública
RESUMO SECTORIAL DOCENTE NON UNIVERSITARIA DO MECD

UGT SEGUE ESIXINDO UN SISTEMA DE ACCESO TRANSITORIO Á FUNCIÓN PÚBLICA

Despois  de casi catro meses da última reunión do MECD cos sindicatos con representación na

Mesa Sectorial, reuniuse a Mesa para abordar o Plan de Estabilidade do Persoal Docente, froito do

Acordo do Goberno-Sindicatos, do 29 demarzo de 2017.

 

Toda a información referida á Mesa no Informa-te adxunto

Ler máis »
16/10/2017 - FETE Informa Pública
FeSP-UGT ENSINO CONDENA A MALA XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA COS CENTROS AFECTADOS POLOS INCENDIOS FORESTAIS

FeSP-UGT Ensino denuncia a situación que se está a vivir nalgúns centros da nosa comunidade na xornada de hoxe 16 de outubro.
Por mor dos incendios forestais a Consellería decidiu onte ás 00:01h suspender as clases en 10 centros educativos. Desde esta organización consideramos que é unha medida totalmente insuficiente; xa que existen mais centros afectados que se ven na necesidade de solucionar a situación co alumnado xa no centro, sen ter unhas instrucións concretas e precisas de actuación por parte da Consellería. Novamente, a administración educativa deriva a responsabilidade ós equipos directivos que deben tomar eles sos decisións que afectan á seguridade e saúde do alumnado e do profesorado.

Ler máis »
01/09/2017 - FETE Informa Pública
RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE ENSINO PÚBLICO

Segundo a ORDE do 3 de xullo de 2017 instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017 e se actualiza con efectos do 1-1-2017 a contía das retribucións, (DOG 10-7-2017), as retribucións para o persoal docente de ensino público quedan establecidas como se pode ver no UGT-INFORMA que podes ver pinchando en "LER MÁIS".

 

Ler máis »
26/07/2017 - FETE Informa Pública
A CONSELLERÍA PECHA UNITARIAS

Como consecuencia da ORDE do 6 de xullo de 2017 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis e educación infantil, educación primaria e educación especial 9 escolas unitarias que non abrirán as súas portas o curso 2017/18.

Ler máis »
26/05/2017 - FETE Informa Pública
UGT ESIXE O PAGO DO 100% DE HABERES EN CASO DE BAIXA LABORAL PARA O PROFESORADO DO ENSINO PÚBLICO

No DOG de 30/12/2014 establecéronxe os seguintes DESCONTOS SALARIAIS POR BAIXA: os 3 primeiros días, o 50%; do 4º ao 20º, o 25%; do 21º ao 90º, o 0%; do 91º en adiante,   Retribucións Básicas (salario base e trienios), os complementos hai que solicitalos a MUFACE.
• Se a crise non nos golpea e a economía medra (disque)…
• Se os nosos compañeiros e compañeiras do ensino concertado cobran o 100% da nómina…
UNHA VEZ MÁIS ESIXIMOS QUE NOS DEVOLVAN O QUE NOS ROUBARON.
ENFERMAR NON É DELITO.

Ler máis »
18/05/2017 - FETE Informa Pública
MODIFICACIÓN ACORDO DE INTERINOS

A FeSP-UGT Ensino manifesta na Mesa Sectorial a súa discrepancia con diversos aspectos da nova proposta para o acordo de interinos e supedita a sinatura do mesmo ó compromiso de aboamento do verán ós substitutos que traballaron máis de cinco meses e medio; ó que a administración non accede.
Esta organización estudará o texto refundido do acordo antes da sinatura para garantir os dereitos do colectivo de interinos.

Ler máis »
12/05/2017 - FETE Informa Pública
FeSP-UGT DEMANDA UN CONCURSIÑO PREVIO AO CADP
Ler máis »
10/05/2017 - FETE Informa Pública
FeSP-UGT Ensino ESIXE QUE NON HAXA LIMITACIÓN TEMPORAL NO NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS INTERINOS DOCENTES

Sobre a restrición temporal á hora de efectuar nomeamentos de funcionarios interinos, contida no artigo 19.Dous, parágrafo 3º, a un máximo de tres anos Unidos-Podemos e PSOE recolleron as emendas dos sindicatos con respecto á restrición temporal no nomeamento de interinos e presentáronas. O PP consciente da confusión á que se prestaba o texto do anteproxecto de LPGE presentou unha emenda de modificación, cinguindo a restrición a contratos por obra e servizo.

Afírmannos que non afecta os funcionarios interinos docentes.

Ler máis »
26/04/2017 - FETE Informa Pública
OS INTERINOS E SUBSTITUTOS TAMÉN PODERÁN SOLICITAR AS HABILITACIÓNS DE CARA ÁS OPOSICIÓNS
Ler máis »
31/03/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT POLA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

A FeSP-UGT Ensino tínguese de azul polo 2 de abril Día Mundial da Concienciación do Autismo. Desde esta Federación queremos apoiar a premisa deste ano:

Rompamos xuntos barreiras polo autismo.

Fagamos unha sociedade accesible.

#2deAbril

#DiaMundialDoAutismo

29/03/2017 - FETE Informa Pública
CURSO ESCOLA VIVA EN PONTEVEDRA: Xestión da aula con alumnado TDAH

Os días 6 e 7 do mes de abril celebrarase en Pontevedra o curso: "Xestión da aula con alumnado TDAH".

O desenvolvemento desta actividade estará a cargo de Javier Estévez Rodríguez(psicólogo, psicopedagogo, TDAH). Gabinete FOCUS-A CORUÑA, especializados en TDAH(Coruña).

Ler máis »
21/03/2017 - FETE Informa Pública
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
20/03/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP – UGT ESIXE TRANSPARENCIA E INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS 2017

A golpe de marzo a consellería segue sen dar resposta ás dúbidas dos opositores no tocante a unha OPE fantasma que inunda os medios de comunicación a diario. Por outra banda, está a inquedanza dun amplo colectivo de profesorado que, a día de hoxe, non sabe con certeza en que derivará esta proposta da administración; que podemos cualificar de inxusta, atropelada e escasa.

Os opositores séntense reféns do estado, xoguetes en mans dunhas administracións que artellan os seus presupostos en base a tensar a corda ata o último minuto. A FeSP-UGT pregúntase como os dirixentes dun estado poden empregar este tipo de armas políticas.

Esiximos que se axilice a elaboración do Decreto Lei que desbloquee esta situación tal e como afirmou Méndez de Vigo; do mesmo xeito que nós xa fixemos constar a solicitude do mesmo na mesa sectorial do 2 de marzo.

 

É evidente que se pode sacar a OPE sen presupostos xerais do estado asignados e con garantía xurídica, sempre e cando, exista o documento anterior e non se exceda o 100% da taxa de reposición. Polo que esiximos a convocatoria de oposición XA!

 

A FeSP-UGT

 

POLO DESBLOQUEO DAS OPOSICIÓNS!

POLA ELIMINACIÓN DA INCERTIDUME DOS OPOSITORES!

POR UNHA OFERTA SUFICIENTE QUE REMATE COA PRECARIEDADE DO ENSINO!

Ler máis »
16/03/2017 - FETE Informa Pública
IES CASTRO DA UZ DAS PONTES: NIN RECORTES DE POSTOS DOCENTES NIN SUPRESIÓN DE UNIDADES

Apoiando as reivindicacións da Comunidade Educativa do IES castro da Uz das Pontes. Nin recortes de postos docentes nin supresións de unidades!!!!

16/03/2017 - FETE Informa Pública
Concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/

Hoxe saiu no DOG o Concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros públicos. Podedes descargar o documento no enlace.

Ler máis »
02/03/2017 - FETE Informa Pública
ROLDA PRENSA DAS ORGANIZACIÓNS CONVOCANTES DA FOLGA DO 9 DE MARZO

AS ORGANIZACIÓNS da PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA (FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDIANTES, IESGA) e STEG  CONVOCAMOS FOLGA XERAL NO SECTOR EDUCATIVO O 9 DE MARZO

A FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDIANTES, IESGA e STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

Ler máis »
28/02/2017 - FETE Informa Pública
DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS

28 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS; a FeSP-UGT quere salientar no día de hoxe a importancia do traballo diario en prol da inclusión educativa do alumnado con estas características persoais e lembra a importancia e o esforzo diario das familias e o profesorado para acadar maiores recursos nos centros educativos para eles.

TODOS SOMOS IGUAIS

TODOS SOMOS DIFERENTES

#28defebreiro

#diamundialdasenfermidadesraras

23/02/2017 - FETE Informa Pública
O INCERTIDUME DA OPE 2017

O Goberno central comunicou ás CCAA que mentres non se aproben os presupostos xerais do estado (PXE) non se poderán convocar oposicións en educación.
FeSP-UGT Ensino considera que de non aprobarse os PXE o Goberno Central debe eliminar a taxa de reposición mediante un Real Decreto Lei e convocar ás OOSS para negociarun plan de consolidación de interinos.

Ler máis »
15/02/2017 - FETE Informa Pública
DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

A FeSP-UGT, con motivo do 18 de Febreiro Día Internacional da Síndrome de Asperger quere aportar o seu graniño de area na inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo aportando unha breve Guía sobre a Síndrome de Asperger que pode servir ós docentes para o día a día nas aulas co alumnado con TEA.

 

Ler máis »
08/02/2017 - FETE Informa Pública
A FESP - UGT ENSINO DENUNCIA A FALTA DE NEGOCIACIÓN DA CONSELLERÍA NO ANUNCIO DE ESPECIALIDADES PARA A OPE 2017

Con data de hoxe a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unilateralmente e sen negociar previamente coas OOSS, publica a oferta de especialidades na súa páxina web para a OPE do 2017. Este acto amosa, novamente, a falta de comunicación e o pouco afán de negociación cos axentes sociais no referente a educación e o desamparo no que deixa ao noso colectivo este tipo de tomas de decisión unilaterais.

Ler máis »
02/02/2017 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT Ensino denuncia a falta de negociación da OPE por parte da Consellería de Educación

A 31 de xaneiro seguimos sen ter novas sobre a distribución de prazas de ensino por especialidades. O Goberno estatal acordou coas autonomías a taxa de reposición, pero en Galicia a administración segue sen pronunciarse ó respecto.

Ler máis »
20/01/2017 - FETE Informa Pública
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA ESTUDA A CONVOCATORIA DE FOLGA NO SECTOR EDUCATIVO PARA O VINDEIRO 9 DE MARZO

As organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia: CONFAPA, SE, IESGA, CCOO-Ensino, FeSP-UGT Ensino e Escola Viva reuníronse para valorar a proposta da Plataforma Estatal por la Escuela Pública da posibilidade de convocatoria dunha folga xeral no sector educativo o 9 de marzo.

 

Ler máis »
19/12/2016 - FETE Informa Pública
RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A REGULACIÓN DAS AFÍNS

A FeSP-UGT Ensino solicita á Consellería a REGULACIÓN DAS MATERIAS AFÍNS.

SOAMENTE TI PODES SOLUCIONALO.

ASINA NO ENLACE!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSduudeBQ0p16f5fBo0-OkXoDxB4tEi6qIKr7-79HhcJa-715A/viewform?c=0&w=1

 

 

Ler máis »
07/11/2016 - FETE Informa Pública
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A REGULACIÓN DAS MATERIAS AFÍNS

A FeSP-UGT denuncia a pouca seriedade que existe desde a Administración á hora de establecer as materias afíns de Educación Secundaria e valora o esforzo do profesorado na coherencia de elección das mesmas en base á súa capacitación á hora de elixir estas materias nos concursos de traslados; xa que isto implica, moitas veces, que se queden sen destinos preto dos seus domicilios.

QUE FINS TEÑEN AS AFÍNS?

· Para a Administración.

· Para os centros educativos.

· Para os docentes.

· Para o alumnado.

Todos temos en mente algún motivo para a súa existencia pero desde a FeSP-UGT solicitamos coherencia e control das mesmas.

ASINA! SOAMENTE TI PODES CAMBIALO

 

 

Ler máis »
02/11/2016 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT SOLICITA Ó CONSELLEIRO UNHA MESA SECTORIAL URXENTE

A FeSP-UGT solicitou esta tarde por rexistro ao conselleiro unha convocatoria URXENTE de MESA SECTORIAL para tratar aspectos importantes relativos ós docentes e sobre os que a Administración non se pronuncia:

- A nova situación laboral provocada polas sentezas no TXUE sobre o traballo de duración determinada.

- A discrepancia entre o CXT nacional e o CXT autonómico.

ESIXIMOS SOLUCIÓNS AOS NOSOS PROBLEMAS!!!

Ler máis »
24/10/2016 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓNS DO 26 DE OUTUBRO

A Plataforma en Defensa do ensino Público e o sindicato STEG deron roldas de prensa nas cidades de Ourense e A Coruña animando á toda a Comunidade Educativa (profesosado, alumnado, familia e persoal non docente) a que apoien as concentracións do día 26 de outubro en contra das reválidas. Achégase o comunicado da plataforma no enlace.

Non á LOMCE!

Non ás Reválidas!

Ler máis »
18/10/2016 - FETE Informa Pública
AVISO SOBRE AS VACACIÓNS DESPOIS DUNHA IT

 A FeSP-UGT, tras innumerables queixas do profesorado considera importante a aclaración sobre o período de vacacións non disfrutado durante unha IT, permiso por parto, permiso por acollemento ou por lactación.  A Administración, por defecto, empata o período vacacional que correspondería co mes de agosto coa alta do funcionario ou; de ser o caso, coa data de incorporación despois dun permiso. Non informan ó traballador deste trámite administrativo o que supuxo a incorporación ás aulas de varios/as compañeiros/as no que levamos de curso cando, administrativamente estaban de vacacións. Para evitar vindeiros malentendidos a FeSP-UGT quere AVISAR de que, a non ser que se solicite por escrito e razoadamente e a Administración dea o Visto e Prace, as Delegacións Provinciais enlazarán as situacións administrativas comentadas anteriormente. Ante a solicitude de disfrutar das vacacións noutro período dentro dos 18 meses posteriores a partir do final de ano en que se orixinen esas vacacións, poderíamos atoparnos coa resposta de que son concedidas pero en período non lectivo (Nadal, xullo …) amparándose no Capítulo V da Orde do 29 de xaneiro de 2016  que adapta o réxime de permisos e licenzas ás particularidades do persoal docente  que no seu punto 3 dita O persoal funcionario docente disfrutará das súas vacacións nos períodos no lectivos e, preferentemente, no mes de agosto e, no seu caso, nos días do mes de xullo que procedan.

 

Esta organización foi a única organización sindical que solicitou nas Delegacións Provinciais e na última Mesa Sectorial que avisen ó profesorado da situación administrativa na que se atopan para evitar conflitos coma os ocorridos no comezo deste curso.

Ler máis »
16/10/2016 - FETE Informa Pública
MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO O 26 DE OUTUBRO

COMARCA

DATA  e HORA

LUGAR

OURENSE

Mércores 26 ás 19:30

Subdelegación do Goberno

VIGO

Mércores 26 ás 12:00

Praza de América Ata Porta do Sol

A CORUÑA

Mércores 26 ás 19:30

Delegación do Goberno

PONTEVEDRA

Mércores 26 ás 18:00

Praza da Peregrina

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mércores 26 ás 12:00

Alameda

RIBEIRA

Mércores 26 ás 19:30

Praza do Concello

LUGO

Mércores 26 ás 19:30

Diante do Edificio Multiusos da Xunta

FERROL

Mércores 26 ás 12:00

Edificio Administrativo da Xunta (Praza de España)

   
14/10/2016 - FETE Informa Pública
ACCIÓNS FORMATIVAS 2016-17

Achegamos listaxe de accións formativas a desenrolar no presente curso.

Ler máis »
13/10/2016 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT SOLICITA Ó CONSELLEIRO CONVOCATORIA URXENTE DE MESA SECTORIAL

A FeSP-UGT solicitou por rexitro esta tarde ó conselleiro a convocatoria dunha URXENTE MESA SECTORIAL para aclarar asuntos moi importantes para os docentes dos que non temos resposta como son:

- A situación laboral nova provocada polas sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada.

- A discrepancia co CXT nacional no relativo ó baremo autonómico.

ESIXIMOS SOLUCIÓNS AOS NOSOS PROBLEMAS!!!

Ler máis »
10/10/2016 - FETE Informa Pública
A FeSP-UGT SOLICITA Ó CONSELLEIRO CONVOCATORIA URXENTE DE MESA SECTORIAL

A FeSP-UGT solicitou esta tarde por rexistro unha convocatoria URXENTE de MESA SECTORIAL para tratar temas de moito interese para o pros¡fesorado que non teñen resposta por parte da consellería:

- A nova situación laboral provocada polas sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada.

- A discrepancia entre o baremo do CXT nacional e o CXT autonómico.

ESIXIMOS SOLUCIÓNS AOS NOSOS PROBLEMAS!

22/09/2016 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA: DÚAS SENTENZAS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA EMENDAN A REFORMA LABORAL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
13/09/2016 - FETE Informa Pública
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CON MOTIVO DO INICIO DE CURSO

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
01/08/2016 - FETE Informa Pública
O SECTOR DE ENSINO DE FeSP-UGT GALICIA DENUNCIA QUE O PROCESO SELECTIVO NON GARANTE UN SISTEMA DE ACCESO IGUALITARIO
Unha vez rematado o proceso de oposición para o ingreso á función pública docente en Galicia deste ano 2016,  o sector de ensino de FeSP-UGT Galicia recibiu numerosas queixas de opositores que se sentiron decepcionados coa equidade do mesmo. Houbo importantes diferenzas de criterios de avaliación entre tribunais da mesma especialidade e un gran peso da carga subxectiva dalgunhas probas. As reclamacións que os opositores presentan perante os tribunais caen en saco roto, xa que a meirande parte delas non son contestadas. As probas non foron iguais en todos os tribunais coa fin de garantir a confidencialidade e rigurosidade do sistema de accseso pero coa consecuencia de causar agravios comparativos producíndose situación inxustas para as persoas que pasan a integrar as listas de substitutos. por iso, unha vez máis o sector de ensino da FeSP-UGT reclama un sistema de acceso á función pública máis equitativo, que ofrezca ós opositores as mesmas posibilidades de acceso á función pública e de integrarse nas listas de substitucións.
 
20/07/2016 - FETE Informa Pública
ACCIÓNS FORMATIVAS ESCOLA VIVA 2016/17

ACCIÓNS FORMATIVAS ESCOLA VIVA PARA O CURSO 2016/17

Ler máis »
19/07/2016 - FETE Informa Pública
Instrucións curso 2016/2017 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato

Instrucións no curso académico 2016/2017 para a implantación do currículo da ESO e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

Ler máis »
15/07/2016 - FETE Informa Pública
MODIFICACIÓN DAS UNIDADES E POSTOS DE TRABALLO DOCENTES EN E.I.,E.P.,E.E.

Modificación das unidades e postos de traballo docentes  nos centros públicos nos niveis de educación primaria, infantil e educación especial .

Ler máis »
14/07/2016 - FETE Informa Pública
VACANTES PROVISIONAIS DO CORPO DE MESTRES PARA O CADP
Publicación das vacantes provisionais do corpo de mestres para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso 2016/2017.

Xúntase a Listaxe das vacantes provisionais do corpo de mestres para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso 2016/2017.

Ler máis »
29/06/2016 - FETE Informa Pública
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2016

Publicada no DOG a Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2016.

Ler máis »
15/06/2016 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA PERMANENTE F.P.

Achegamos FETE INFORMA da permanente de F.P. do 13 de xuño.

Ler máis »
09/06/2016 - FETE Informa Pública
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA SOBRE A ORDE DE AVALIACIÓN EN PRIMARIA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia integrada polas organizacións (CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva) representativas de modo maioritario da comunidade educativa galega, diante da publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e O.U. da orde que regula a Avaliación na etapa de Primaria  manifesta o seu total rexeitamento.

Ler máis »
07/06/2016 - FETE Informa Pública
MESA SECTORIAL 07/06/2016

Resumimos os tres puntos que se levaron (Proxecto de Decreto polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos, Anteproxectos de decretos de  11 currículos de ciclos formativos e Rogos e preguntas) á Mesa Sectorial do martes 31 de maio de 2016 na Orde do Día que nos presentou a Consellería, de novo intratable, si se queren negociar ou aclarar os puntos.

Ler máis »
31/05/2016 - FETE Informa Pública
RECUPERACIÓN PAGA EXTRA 2013

FeSP-UGT de Galicia rexeita a limitación de xaneiro a febreiro de 2013 e demanda o abono do 100% da paga debida de 2013 e a paga extra completa en 2017.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
27/05/2016 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓN CONTRA O

Hoxe as 13:00 h. FETE-UGT estivo presente na conentración convocada polo profesorado e alumnado da Escola de Restauración de Pontevedra, amosando toso o seu apoio a inxusta situación de suposto "enchufismo" que estan a padecer.

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
24/05/2016 - FETE Informa Pública
REVÁLIDAS: GRAN ABSENTISMO ESCOLAR NO DÍA DAS PROBAS E NOVA CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.

Reiterando o seu rexeitamento ás reválidas,  FETE-UGT GALICIA estivo presente na concentración convocada pola  Plataforma en Defensa do Ensino Público,que tivo lugar hoxe en Boiro.

Dende a CONFAPA confirman neste día de realización das probas un 68,7% de absentismo nas escolas galegas, dato que abala e xustifica o posicionamento da plataforma.

Ler máis »
20/05/2016 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO EN REXEITAMENTO ÁS REVÁLIDAS.

FETE-UGT, como compoñente da PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO, formara parte da concentración convocada contra as reválidas para o vindeiro 24 de maio en Boiro

 

Ler máis »
18/05/2016 - FETE Informa Pública
COMUNICADO DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público integrada polas organizacións (CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva) representativas de modo maioritario da comunidade educativa galega, tras os datos de asistencia do alumnado galego ás probas de avaliación de sexto de primaria durante os días 11,12 e 13 de maio,  quere manifestar que a comunidade educativa galega amosou de modo claro e inequívoco o seu rexeitamento ao modelo de educación que deseña a LOMCE, que concibe esta como unha carreira de obstáculos,  e que se concreta na celebración de probas de avaliación externas en todas as etapas educativas.

Ler máis »
11/05/2016 - FETE Informa Pública
CONCENTRACIÓNS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO NO BARBANZA E OURENSE CONTRA AS REVÁLIDAS DE 3º E 6º DE PRIMARIA

FETE-UGT GALICIA como organización da Plataforma en Defensa do Ensino Público estivo presente nas concentracións que tiveron lugar hoxe as 10 da mañá en Boiro e Ourense.

Ler máis »
09/05/2016 - FETE Informa Pública
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO ESIXE NOVAMENTE A PARALIZACIÓN DA REVALIDA

A Plataforma en Defensa do Ensino Público da comarca de Ourense deu hoxe ás 10:30 horas na Sala de Xuntas de UGT Ourense unha rolda de prensa para informar das Probas Individualizadas que se van a levar a cabo nos vindeiros días nos cursos de 3º e 6º de Educación Primaria.

Ler máis »
06/05/2016 - FETE Informa Pública
A Plataforma en Defensa do Ensino Público rexeita e esixe a retirada das avaliacións de 3º e 6º que deseña a LOMCE

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esíxelle á Administración educativa galega que impugne e paralice a realización destas probas por invasión competencial, por inútil e antipedagóxica, e trasladamos o noso apoio e solidariedade a todas as familias que se neguen a permitir a realización das probas aos seus fillos.

Ler máis »
21/04/2016 - FETE Informa Pública
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO SOBRE AS PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA AOS ALUMNOS DE 3º E 6º

Comunicado da PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO sobre as probas de avaliación individualizada ao alumnado de 3º e 6º de educación  primaria.

Ler máis »
13/04/2016 - FETE Informa Pública
COMISIÓNS DE SERVIZOS POR MOTIVOS DE SAÚDE 2016

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2016 ao 30 de abril de 2016.

Ler máis »
08/04/2016 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA PAGA EXTRA 2013

Achegamos FETE Informa sobre a paga extra de 2013 e as accións a levar a cabo.

Ler máis »
07/04/2016 - FETE Informa Pública
AXUDAS FONDO ACCIÓN SOCIAL

Prazos:

   - Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 30 de marzo ata o 21 de abril de 2016

   - Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 30 de marzo ata o 10 de maio de 2016

   - Presentación por rexistro: do 30 de marzo ata o 30 de maio de 2016

Ler máis »
04/04/2016 - FETE Informa Pública
RETRIBUCIÓN EXTRAORDINARIA EN CONCEPTO DE RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

Achegamos o DOG co procedemento e o modelo de solicitude

Ler máis »
17/03/2016 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA PAGAS EXTRAS 2012 E 2013

Achegamos FETE-Informa con información da Consellería de Facenda sobre o aboamento dos importes pendentes das pagas extras .

Ler máis »
26/02/2016 - FETE Informa Pública
MANIFESTO 8 DE MARZO

    Os recortes e o gran retroceso en políticas de igualdade e educación, exercidas polo partido Popular, traducíronse nun claro retroceso dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos. No laboral: ampliouse a brecha salarial, multiplicáronse os traballos precarios, e aumentou significativamente a presenza de mulleres en xornadas reducidas. No relativo ós coidados e a corresponsabilidade: ante a falla de recursos moitas das mulleres víronse obrigadas a asumir a atención da infancia, maiores ou persoas enfermas. A violencia de xénero, que todas as semanas se manifesta co asasinato de mulleres e fillos, e a dramática situación das refuxiadas, son dúas das traxedias que amosan as consecuencias da desidia ante a situación da metade da poboación, as mulleres. E especialmente daquelas que se atopan nun contexto máis vulnerable.

 

 

 

 

 

 

Ler máis »
15/02/2016 - FETE Informa Pública
REGULACIÓN DO RÉXIME DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS DO PERSOAL DOCENTE
 
Regulación do réxime de permisos,licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio
 
 

Xúntase a Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Ler máis »
14/02/2016 - FETE Informa Pública
Retribucións 2016

Taboas de retribucións para o 2016 no Ensino Público

Ler máis »
13/01/2016 - FETE Informa Pública
MESA SECTORIAL: A CONSELLERÍA ACEDE ÁS DEMANDAS DA FETE-UGT. MANTERÁNSE OS TRES DÍAS DE LICENZA POR ENFERMIDADE

Na mesa sectorial de onte, martes 12 de xaneiro, a Consellería acedeu ás peticións da FETE-UGT despois das previas denuncias, e se compromete a manter o dereito do profesorado a ter unha licenza dun máximo de tres días para enfermidades leves con xustificación.

Ler máis »
11/01/2016 - FETE Informa Pública
CONVOCATORIA PROXECTOS INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜISTICA 2015/2016

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2015/2016

Ler máis »
29/12/2015 - FETE Informa Pública
NOVO DEREITO PERDIDO. SEGUIMOS RECORTANDO

Como xa vimos anunciando, a consellería suprime UN DEREITO MÁIS ao profesorado. Ante as dúbidas de interpretación da Lei 2/2015 ao respecto do permiso de tres días por enfermidade leve, debemos recordar que o mesmo debía vir acompañado de certificación médica; a consellería DESPEXA TODAS AS DÚBIDAS e regula nunha nova orde na que deixa claro que este permiso desaparece.

Ler máis »
29/12/2015 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA:PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA DISCUSIÓN EN PRÓXIMA MESA SECTORIAL: CXT e PERMISOS E LICENZAS

A consellería ven de presentar, para discusión en mesa sectorial, documentación para regular o CXT e a nova orde de Permisos e Licenzas. A documentación nos chega en período NON LECTIVO, o que dificulta o noso traballo, sobre todo, no que a consulta aos docentes se refire. 

Ler máis »
17/12/2015 - FETE Informa Pública
NOVA CHAPUZA NA APLICACIÓN DA LOMCE

Unha vez máis, e como xa esta organización denunciou no seu día, a precipitación na implantación da LOMCE acarrea problemas; neste sentido, a aplicación informática para emitir os informes tanto de 1º e 3º da ESO, como os de 1º de Bacharelato, non están adaptados ás variacións que se produciron coa entrada en vigor do novo marco legal. Por suposto, o colectivo do profesorado vai ser o que  "sufra" e "resolva" un novo problema que non xerou. A consellería, a través da mesa sectorial, esta suficientemente avisada de que o proceso de implantación resulta moi precipitado, facendo oídos xordos ás nosas recomendacións.

Ler máis »
09/12/2015 - FETE Informa Pública
IV PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA
Ler máis »
07/12/2015 - FETE Informa Pública
RESOLUCIÓNS APROBADAS NO PLENO DA XUNTA DE PERSOAL DOCENTE DE PONTEVEDRA

Achegamos en documento anexo as RESOLUCIÓNS  aprobadas no Pleno da Xunta de Persoal Docente de Pontevedra do dia 2 de decembro de 2015.

Ler máis »
01/12/2015 - FETE Informa Pública
FETE INFORMA SOBRE A SUPRESIÓN DO PERMISO DE TRES DIAS PARA REVISIÓNS MÉDICAS OU ENFERMIDADES LEVES

  FETE-UGT GALICIA, LOGO DE CONTRASTAR A INFORMACIÓN CON REPRESENTANTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, QUER DENUNCIAR A UNILATERAL, MEZQUINA E IRRESPONSABLE DECISIÓN DE SUPRIMIR O PERMISO DE 3 DÍAS PARA REVISIÓNS MÉDICAS OU ENFERMIDADES LEVES DO COLECTIVO DOCENTE.

1.- UNILATERAL: Unha vez máis, a consellería toma as súas decisións facendo gala de notable desprezo aos docentes, sen prestar atención aos aportes que lle facemos chegar a través das mesas sectoriais. Obrigándonos a substituir o diálogo pola xudicialización; coma xa ocorreu no caso do CXT e a recuperación da paga extra.

A pesares que os nosos servizos xurídicos non estiman ni explícita nin implícitamente a derrogación do art. 12 da orde de 2008 na nova Lei 2/2015, nesta ocasión atompámonos co prexuizo engadido de que ningunha sentenza, por rápida que se tramite, nos pode devolver o dereito perdido.

2.- MEZQUINA: Xa que nos parece unha maneira impresentable de recadar a través da merma salarial que orixina a solicitude de baixa médica (medidas TEMPORAIS?)
Mentres as baixas temporais non contemplaban redución salarial…non había problema de abuso…

3.- IRRESPONSABLE: Xa que traslada aos docentes a decisión, condicionada, de acudir ou non ó seu posto de traballo, xerando unha potencial situación de risco para a saúde da comunidade educativa


Ante esta situación, FETE-UGT GALICIA manifesta a súa intención de asesorar aos compañeiros naquelo que sexa preciso, recorrendo, se é necesario, todas as negativas ao uso deste permiso. Poñeremos todo o que estea nas nosas mans para non perder outro dereito.Ao tempo que esiximos que a Consellería  dea instruccións por escrito para a xestión axeitada destes permisos.


Ler máis »
30/11/2015 - FETE Informa Pública
SEGUIMOS COS RECORTES AOS DOCENTES

" Ao longo destes últimos anos, a pesares das múltiples promesas de mellora e potenciación da educación como piar fundamental da sociedade; a verdade é que, tanto a nivel de aposta polas actividades e infraestructuras vencelladas coa educación, como aqueles aspectos directamente relacionados co estrictamente laboral, nosa administración educativa non fai máis que continuar cunha escalada de recortes.


Desde a perda salarial, conxelación e rebaixa; descontos por baixas médicas; incremento horario; diminución de plantillas;...; agora debemos engadir unha nova perda. A orde de 2008 que regulaba os permisos e licenzas dos docentes, contemplaba a posibilidade de acollernos ata tres días para recuperación de enfermidades leves, debidamente documentadas, ven de ser modificada pola Lei 2/2015 que xa non contempla esta posibilidade.

Postos en cotacto coa administración, nos aseguran que o dereito a acompañar a familiares en primeiro grao vai permancer. Non debemos esquecer que se trata dun deber inexcusable"

Ler máis »
27/11/2015 - FETE Informa Pública
MESA-REDONDA DEBATE PERSPECTIVAS DA EDUCACIÓN EN GALICIA

GALERIA DE FOTOS DA MESA-REDONDA DEBATE DO XOVES 26

23/11/2015 - FETE Informa Pública
MESA REDONDA DEBATE DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
16/11/2015 - FETE Informa Pública
CONTRATOS PROGRAMA 2015-2016
Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2015/2016
 

Xúntase a Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta consellería.

  • O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
Ler máis »
16/11/2015 - FETE Informa Pública
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN URXENCIAS SANITARIAS E ENFERMIDADE CRÓNICA
Actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado.

As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.

Engadimos o protocolo de actuación.

 

Ler máis »
16/11/2015 - FETE Informa Pública
FETE-UGT RECLÁMALLE AO CONSELLEIRO QUE CONVOQUE XA O CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

Ante a falta de información sobre o Concurso Xeral de Traslados o noso Secretario Xeral,Raúl Gómez Farto, reclámalle ao Conselleiro que proceda á convocatoria inmediata do CXT.

Engadimos en documento adxunto o escrito enviado ao Conselleiro.

Ler máis »
11/11/2015 - FETE Informa Pública
SUPRESIÓN DO PERMISO DE 3 DÍAS POR INDISPOSICIÓN OU ENFERMIDADE LEVE

ANTE O ANUNCIO DA SUPRESIÓN DO PERMISO DE 3 DÍAS POR INDISPOSICIÓN OU ENFERMIDADE LEVE

"Dende FETE-UGT Galicia queremos comunicar que, postos en contacto coa subdirección xeral de recursos humanos da Consellería de Educación, nos informan que, tomando como referencia a Lei 2/2015, non se contempla o permiso de tres días por indisposición ou enfermidade leve. Permiso que viña recollido no Art. 12 da orde de 2008 que regulaba os permisos e licenzas dos docentes."


 
FETE-UGT esixirá o mantemento do mesmo.

29/10/2015 - FETE Informa Pública
FETE-UGT CONSIDERA ELECTORALISTA O ANUNCIO DO CONSELLEIRO DA CONVOCATORIA DUNHA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE MÁIS DE MIL PRAZAS

ETE-UGT Galicia cualifica coma “electoralista e oportunista” o anuncio realizado hoxe polo conselleiro de Educación da convocatoria dunha oferta de emprego público de máis de mil prazas no ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Esta declaración foi realizada por  Román Rodríguez hoxe no Parlamento nunha comparecencia na que explicou os orzamentos da consellería para 2016.

Ler máis »
23/10/2015 - FETE Informa Pública
DITAMEN DO XULGADO CONTENCIOSO Nº 2 DE SANTIAGO SOBRE A SENTENZA DO TSXG SOBRE O CXT 2013

  NADA CAMBIA

 

O Tribunal Contencioso nº2 de Santiago de Compostela ditamina que a sentenza do TSXG sobre o concurso de traslados de 2013 foi debidamente executada pola Consellería.

No seu día ,como así consta na acta correspondente, FETE/UGT Galicia manifestou a inseguridade xudicial que conlevaba a proposta do CXT formulada pola Consellería .

16/10/2015 - FETE Informa Pública
RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012 AOS EMPREGADOS DO SECTOR PÚBLICO

No DOGA do 16 de outubro publicouse unha retribución de caracter extraordinario en  concepto de recuperación da paga extra de decembro de 2012,dun 26,23 % que se aboara no mes de outubro de 2015. Os que sigan en activo, o recibirán de oficio e os que non se atopen en activo o primeiro dia do mes de outubro deberán presentar a solicitude que se xunta como anexo ao anuncio.

Achegamos anuncio no DOGA e solicitude para aqueles que non se encontran en activo.

 

Ler máis »
01/10/2015 - FETE Informa Pública
ROLDA DE PRENSA INICIO DE CURSO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Un inicio de curso precipitado

A precipitación e a descoordinación  no desenvolvemento  da LOMCE marcan este inicio de curso con  máis alumnado e con menos profesorado.

Despois das últimas eleccións autonómicas o mapa político mudou radicalmente. Xa son 12 as autonomías onde o PP perdeu os gobernos. Nun primeiro momento todo apuntou a unha rebelión na conferencia sectorial. Pero nin o cambio de ministro nin o cambio de gobernos autonómicos conlevaron cambios importantes. Toda a escenificación previa saldouse con dúas concesións:

·         Compromiso a discutir sobre esponxar o tempo de aplicación das reválidas de secundaria.

·         Reducir de 5 millóns a 1 o orzamento para alumnado que deba ser escolarizado en castelán en Cataluña.

Estas dúas concesións non son máis que fume porque:

·       As revalidas de secundaria e bacharelato non teñen efectos ata o 2017.

·       O último orzamento para atender alumnado en castelán en Cataluña non foi utilizado máis que nunha pequena proporción.

Para neutralizar as medidas que impón a LOMCE hai que cambiar/tocar a lei e iso deixou claro o ministro que non se ía facer.

Ler máis »
16/09/2015 - FETE Informa Pública
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE LICENZAS POR FORMACIÓN

 

Resolución definitiva da convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas a funcionarios docentes non universitarios
 
 
 

Xúntase a Orde do 4 de setembro de 2015 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Ler máis »
07/07/2015 - FETE Informa Pública
FETE-UGT CONTRA O PECHE DAS ESCOLAS NO RURAL

FETE-UGT manifesta o seu rexeitamento ante a política da Consellería de Educación no referente á supresión de escolas unitarias de xeito drástico, coma no caso actual da escola de A Fontemoura, Santa María de Vigo, Cambre.

Ler máis »
17/06/2015 - FETE Informa Pública
Calendario escolar 2015/2016

Publicada no DOG a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis »
16/06/2015 - FETE Informa Pública
LICENZAS POR FORMACIÓN PARA O CURSO 2015/16

Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Ler máis »
15/06/2015 - FETE Informa Pública
CAMBIOS INTRODUCIDOS POLA LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA (LEI 2/2015)

Principais cambios introducidos pola Lei 2/2015 do emprego público de Galiza e relativos a permisos e licenzas, réxime disciplinario e permutas.

Ler máis »
15/06/2015 - FETE Informa Pública
NON Á SUPRESIÓN, NON AO PECHE DAS AULAS, NON Á IMPOSICIÓN

Dende FETE-UGT queremos manifestar a nosa desconformidade  coas medidas levadas a cabo dende A Consellería de Educación  en varios centros da  provincia de Ourense: Amoeiro, Luíntra e Vilardevós… O rural volve a sufrir as consecuencias da redución de liñas e profesorado, pasando a ser o seu alumnado un simple número para a Administración. Nestes  centros o que se pretende é unificar nun só aula tres cursos de Educación Primaria coa conseguinte supresión de profesorado e a merma na calidade educativa do alumnado. Aulas con 18 alumnos de tres cursos distintos, retirada de PTs,  ALs e profesores de Educación Primaria.

Ler máis »
12/06/2015 - FETE Informa Pública
CADP: ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS

Ordes pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2015/2016.

Ler máis »
10/06/2015 - FETE Informa Pública
DOCUMENTOS DO PLENO DA XUNTA DE PERSOAL DOCENTE DE PONTEVEDRA

-Resolucións do pleno da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra (03 xuño) enviadas aos centros.


-Resolucións da permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra remitidas aos centros,sobre os libros de texto e sobre a LOMCE.

Ler máis »
05/06/2015 - FETE Informa Pública
FETE UGT CONTRA AS NOVAS ORDES DE LIBROS DE TEXTO

A nova norma non garante a gratuidade universal e fai recaer sobre os docentes o traballo burocrático.

Ler máis »
30/04/2015 - FETE Informa Pública
Avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014-2015.

Ler máis »
15/04/2015 - FETE Informa Pública
Comparativa Salarios Profesorado por CCAA

Os docentes galegos e aragoneses os peor pagados!

FETE-UGT realizou un estudo comparativo do salario do profesorado de ensino público por CCAA, no que se observan as retribucións brutras comúns a todos os docentes (mestres, profesorado técnico de FP e profesorado de Secundaria) sen ter en conta a antigüidade nin outros complementos que sofren diferencias segundo a CCAA na que se desenvolva a actividade profesional 

Ler máis »
26/03/2015 - FETE Informa Pública
FETE-UGT REXEITA A PROPOSTA DE HORARIO PARA ESO BACHARELATO PRESENTADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O anteproxecto presentado no día de onte polo Conselleiro de Educación pode modificar a actual configuración das plantillas dos centros educativos.

Ler máis »
24/03/2015 - FETE Informa Pública
Concurso de traslados mestres (Estatal)

Resolución provisional do concurso de traslados do persoal funcionario docente do copo de mestres convocado pola orde do 30 de outubro de 2014 (DOG do 5 de novembro).

 

Ler máis »
19/03/2015 - FETE Informa Pública
FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

Publicados os criterios de repartición do fondo de acción social relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade e aberto o prazo de solicitudes.

Ler máis »
12/03/2015 - FETE Informa Pública
Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2015.

Engadimos borrador da convocatoria.

 

Ler máis »
12/03/2015 - FETE Informa Pública
Convócase concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos (2015)

Concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

O prazo de presentación de instancias e documentación , incluído o proxecto de traballo sinalado no artigo 5.2.c será de 30 días hábiles ,computados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia

Ler máis »
03/03/2015 - FETE Informa Pública
INFORME ACLARATORIO SOBRE A SITUACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS 2013/2014

FETE/UGT esixe que se adopte un criterio uniforme ante os distintos pronunciamentos sobre o CXT e que a Consellería solucione este despropósito.

Ler máis »
03/03/2015 - FETE Informa Pública
FETE UGT SOLICITA UNHA REUNIÓN CO CONSELLEIRO

FETE/UGT solicita unha reunión co Conselleiro para tratar temas do sistema educativo de Galicia e do sistema universitario da nosa comunidade.

Ler máis »
27/02/2015 - FETE Informa Pública
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

FETE/UGT rexeita as reformas no sistema universitario sen consenso nin debate coa comunidade educativa e apoia as mobilizacións

Ler máis »
25/02/2015 - FETE Informa Pública
Concurso Xeral de Traslados

Auto aclaratorio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o Concurso Xeral de Traslados

Ler máis »
20/02/2015 - FETE Informa Pública
Paga Extra 2012

A Xunta de Galicia  levou a cabo este pasado mes de xaneiro o pagamento dunha porcentaxe  da cantidade  correspondente  ós 22 días da parte devengada da paga extraordinaria de decembro de 2012.


De acordo coa información proporcionada na xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública o 23 de decembro de 2014, esta cantidade correspóndese co 12.5% do total a pagar, que é a metade do devengado da extra de 2012.
Segundo se informou en dita reunión despois da aprobación da LEP de Galicia levarase a cabo o pagamento do outro 12,5%.

Ler máis »
10/02/2015 - FETE Informa Pública
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

Escasa oferta de emprego público presentada pola Consellería na mesa sectorial do ensino público de hoxe, 10 de febreiro.

Ler máis »
05/02/2015 - FETE Informa Pública
FETE-UGT denuncia que a Consellería de Educación pon en marcha os contratos-programa nos centros educativos con escasa dotación de profesorado.

A Consellería de Educación fixo pública o pasado día 23 de xaneiro a Resolución provisional pola que se daba a coñecer a relación dos centros seleccionados na convocatoria de contratos-programa que teñen como obxectivo apoiar ó alumnado con necesidades educativas especiais.

Sen embargo, para atender ós 340 centros preinscritos, a Consellería únicamente designou a 96 profesores con contratos a media xornada e compartidos nalgúns casos, algo que a todas luces se amosa insuficiente. Con tal medida, faise depender a continuidade de ditos programas en moitos centros, á existencia de profesores voluntarios  para impartilos fóra do horario lectivo.

FETE/UGT considera que o apoio aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais debería ser unha prioridade da Consellería para garantir un sistema educativo máis equitativo que permita que o principio de igualdade de oportunidades sexa algo  máis que unhas palabras impresas en papel.

Ler máis »
29/01/2015 - FETE Informa Pública
Retribucións Ensino Público

Retribucións para o Ensino Público para o ano 2015

Ler máis »
28/01/2015 - FETE Informa Pública
VALORACION DA FETE UGT SOBRE O DECRETO DE CONVIVENCIA

Informe sobre o decreto de Convivencia e Participación (DOG 27.01.15) en relación ao ditame do Consello Escolar de GAlicia do 16 de xaneiro de 2014

Ler máis »
27/01/2015 - FETE Informa Pública
Decreto 8/2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia es
Ler máis »
21/01/2015 - FETE Informa Pública
Novo concerto de MUFACE

Novo concerto de MUFACE para a prestación sanitaria a mutualistas en 2015

Ler máis »
14/01/2015 - FETE Informa Pública
COBRO PAGA EXTRA DECEMBRO 2012

A Xunta de Galicia reintegrará este ano, de acordo co establecido na Lei de Orzamentos de Galicia,únicamente  a cantidade equivalente á metade da parte proporcional da paga extraordinaria e da paga adicional do complemento específico devengado ata a entrada en vigor do RD 20/2012 que anulaba a percepción da paga extraodinaria de decembro de 2012.Trátase dunha cantidade que corresponde a 22 días da paga extraordinaria e 7 das pagas adicionais do complemento específico.Segundo información da Consellería de Educación esta cantidade aboarase na nómina deste mes de xaneiro.

Ler máis »
16/12/2014 - FETE Informa Pública
RD de Especialidades

O Ministerio de Educación retirou o proxecto de Real Decreto de Especialidades da mesa de negociación celebrada hoxe e anunciou, trala presión sindical, un novo documento con enfoque técnico que permita dar atribución docente ás novas materias da LOMCE.

FETE UGT, e demais OOSS, reiteraron o seu rexeitamento porque o citado texto resultaba tan innecesario como lesivo para o profesorado de Educación Secundaria.

O novo documento anunciado, contemplará segundo o ministerio, ademais das atribucións docentes das novas materias da ESO, FP Básica e Bacharelato, a correspondencia ou equivalencia das antiguas materias coas novas que empezarán a implantarse a partir de setembro de 2015 en 1º e 3º da ESO

FETE UGT espera que a Administración Educativa tome nota e que responda aos problemas que ten o profesorado e aso que xera o cambio normativo.

15/12/2014 - FETE Informa Pública
Resultados Eleccións Sindicais

FETE-UGT de Galicia da os parabéns a todo o profesorado do ensino público galego pola súa participación nas ELECIÓNS SINDICAIS 2014, e agradece expresamente a todos os profesores e profesoras que apoiaron e votaron as candidaturas da Federación de Traballadores do Ensino da UGT de Galicia.

Ler máis »
15/12/2014 - FETE Informa Pública
O valedor do pobo admite a trámite á solicitude de FETE-UGT para que o profesorado recupere o 100% da paga extra de 2015.

O pasado 28 de novembro FETE-UGT Galicia acudiu ó valedor do pobo para solicitar que o profesorado de Galicia recuperase o 100% das pagas extras, despois de dous anos consecutivos con reducións na nosa comunidade autónoma das devanditas retribucións.

Tras analizar a nosa solicitude o valedor decidiu admitir a trámite o noso escrito e, dado que existe cobertura constitucional, de acordo co que recolle o artigo 103.1 da constitución, iniciará as actuacións oportunas ante a Consellería de Facenda. 

No proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2015  non se establece  novamente a retribución do complemento específico nas pagas extraordinarias o que contradice o establecido  no Estatuto Básico do Empregado Público e supón un claro agravio comparativo con respecto ós docentes da maior parte do Estado, algo que ó noso entender, podería conculcar principio de igualdade consagrado no artigo 14 da Constitución Española. 

Ler máis »
30/11/2014 - FETE Informa Pública
DETERIORO ENSINO PÚBLICO
28/11/2014 - FETE Informa Pública
Paga Extra

FETE-UGT Galicia acude ao Valedor do Pobo para que o profesorado galego recupere o 100% das pagas extras, despois de dous anos consecutivos con redución das devanditas retribucións.

O sindicato considera que existe unha discriminación cos traballadores e traballadoras do ensino

Ler máis »
13/11/2014 - FETE Informa Pública
RD de Especialidades

FETE UGT rexeita o RD de Especialidades presentado polo Ministerio de Educación. Este proxecto de RD pretende modificar substancialmenta as condicións laborais do profesorado.

Segundo este proxecto o profesorado podería impartir materias das que non é especialista restando  calidade no ensino e rachando co principio de especialidade docente.

Ler máis »
07/11/2014 - FETE Informa Pública
CONTRATOS-PROGRAMA CON CENTROS EDUCATIVOS 2014/2015

Resolución do 31 de outubro de 2014 pola que se regulan os contratos-programa con centros educativos e se establecen as condicións para desenvolver a convocatoria e selección de programas para o curso 2014/2015

Ler máis »
07/10/2014 - FETE Informa Pública
FETE/UGT solicita flexibilidade na implantación da LOMCE en Galicia
Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia