Actualidad y noticias

20/02/2018 - Concursos de traslados
CXT PROVISIONAL catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores para o ano 2018

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Pincha en ler máis e terás acceso ás listas.

Ler máis »
20/02/2018 - Concursos de traslados
CXT PROVISIONAL de orientación de infantil e primaria, de primaria e de educación especial

De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 3 de novembro de 2017 o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Pincha en ler máis e terás acceso ás listas.

Ler máis »
21/11/2017 - Concursos de traslados
VACANTES PROVISIONAIS PARA O CONCURSO DE TRASLADOS

Achegamos coma documentos adxuntos a relación de vacantes de PES, CMUS, EOI, Inspectores, Mestres e Profesorado de FP para o CXT 2018

Ler máis »
14/11/2017 - Concursos de traslados
OS SEGUINTES DÍAS ESTAREMOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA O CXT
14/11/2017 - Concursos de traslados
Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación

Hoxe publicouse no DOG a convocatoria para o Concurso de Traslados especiíficos para cubrir prazas nos Departamentos de Orientación de Primaria. Tedes a convocatoria como documento adxunto.

Para participar hai 15 días hábiles computados partir de mañá.

 

Sindicato Nacional de Enisno Público 

 

Ler máis »
27/09/2017 - Concursos de traslados
Relación do persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 19 de xullo de 2017 pola que se desenvolve o De

Achegamos o documento que informa da reorganización de centros de Galicia e aproveitamos para lamentar, novamente, a xestión da admisitración no peche ee reorganización dos centros:

- CPI Monte Caxado.

- CEIP A magdalena.

- IES O Ribeiro.

- CEIP Tomás de Lemos.

- CEIP Emilio Navasqués.

 

Sindicato Nacional de Ensino Público

Ler máis »
03/11/2016 - Concursos de traslados
VACANTES PROVISIONAIS DE A CORUÑA

No enlace tedes as vacantes provisionais da provincia de A Coruña para o CXT.

Ler máis »
02/11/2016 - Concursos de traslados
CXT: VACANTES PROVISIONAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

No enlace tedes as vacantes provisionais propostas pola Xefatura Territorial de Pontevedra para o CXT de este ano.

Ler máis »
24/10/2016 - Concursos de traslados
VACANTES PROVISIONAIS DA PROVINCIA DE LUGO

No enlace tedes as vacantes propostas pola Delegación Provincial de Lugo para o CXT deste ano.

Ler máis »
21/10/2016 - Concursos de traslados
VACANTES PROVISIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

No enlace tedes as vacantes negociadas na Delegación Provincial de Ourense coa Xunta de Persoal.

Ler máis »
13/10/2016 - Concursos de traslados
ASEMBLEAS INFORMATIVAS CXT

COMARCA

DATA  e HORA

LUGAR

OURENSE

Luns 17 ás 18:30

Sala de Xuntas UGT

VIGO

Luns 17 ás 18:00

Sala de Xuntas UGT

A CORUÑA

Xoves 20 ás 18:00

Sala de Xuntas UGT

PONTEVEDRA

Mércores 19 ás 17:00

Sede UGT

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mércores 19 ás 17:00

Salón de actos de UGT

VILAGARCÍA DE AROUSA

Mércores 19 ás 18:30

Sede UGT

LUGO

Luns 17 ás 18:30

Sede UGT

FERROL

Luns 17 ás 18:30

Sede UGT

Ler máis »
01/08/2016 - Concursos de traslados
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CADP DO CORPO DE MESTRES

Publicación da adxuducación definitiva do CADP do copro de mestres para o curso 2016/2017.

A toma de posesión poderá presentarse a partir da publicación no DOG na delegación correspondente con data do 1 de setmbro de 2016.

Ler máis »
09/05/2016 - Concursos de traslados
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CXT
Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2016
 
 
 

Xúntase a Resolución do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da admiministración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 (DOG do 19).

  • Para consultar a resolución definitiva na aplicación CXT, ir ao menú “listaxes de concurso”, submenú “listaxes de resolución”.

Achegamos a Resolución do 2 de maio coa adxudicación definitiva e a Resolución do 2 de maio coas vacantes definitivas .

Ler máis »
04/05/2016 - Concursos de traslados
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS 2016
Adxudicación definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2016
 
 

Xúntase a Resolución do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da admiministración educativa e inspectores de educación convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 (DOG do 19).

Achegamos : a Resolución do 2 de maio,a adxudicación definitiva de mestres, anexo con mestres en expectativa e anexo con mestres excluidos. E tamén a adxudicación de secundaria,anexo con  profesores de secundaria en expectativa e anexo de excluídos cos motivos da exclusión.

Ler máis »
24/02/2016 - Concursos de traslados
CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS APARTADOS 6.1 E 6.3 DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS

Baremo  en vigor que está a utilizar a Comisión que está constituida estos días na sede da Inspección de Santiago.

 

Ler máis »
02/02/2016 - Concursos de traslados
CXT 2016: PROPOSTA DE VACANTES PRESENTADA POLA CONSELLARÍA

Proposta de vacantes das provincias de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense que  facilitou a Consellería.

Ler máis »
25/01/2016 - Concursos de traslados
FETE-INFORMA CXT 2016

CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2016


Convocado concurso xeral de traslados 2016 na orde de 13 de xaneiro (DOG 19-1-16), do que vos facemos breve resumo.

Ler máis »
19/01/2016 - Concursos de traslados
CXT 2016

Publicado no DOG de hoxe,  19 de xaneiro de 2016 o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e Inspectores de Educación.

Ler máis »
10/09/2015 - Concursos de traslados
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE DESTINOS PROVISIONAIS PARA O PROFESORADO DO CORPO DE PES,PT,EOI

Adxudicación definitiva de destino provisional para o curso académico 2015/2016, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario...


Publicada a Adxudicación definitiva de destinos provisionais do persoal do corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o próximo curso académico 2015/16.

(10/09/2015) Adxudicación definitiva por orde de adxudicación

Xúntanse as  Instrucións para a toma de posesion do profesorado

O profesorado dos corpos referidos que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais convocados pola Orde do 9 do xuño de 2015 (DOG do 22) tomará posesión no centro educativo de destino e deberá remitir á Xefatura Territorial correspondente a documentación que a continuación se indica:

A toma de posesión realizarase os días 11 e 14 de setembro de 2015,  dende a publicación da resolución definitiva de adxudicación  na páxina web www.edu.xunta.es

Todos os documentos deberán ser asinados coa data da toma de posesión.

Os efectos económicos e administrativos da toma de posesión é do 15 de setembro de 2015  para todo o profesorado que obtivo destino, agás o profesorado que obtivo destino en comisión de servizos procedente doutra Comunidade Autónoma  e o profesorado con destino provisional procedente do estranxeiro a toma de posesión ten efectos do 1 de setembro de 2015.

Ler máis »
30/07/2015 - Concursos de traslados
RESOLUCIÓN DEFINITIVA CADP PRIMARIA E RESOLUCIÓN PROVISIONAL CADP SECUNDARIA

A adxudicación definitiva do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP) de Primaria se fará mañá, 31 de xullo e a adxudicación provisional de Secundaria tamén.

24/07/2015 - Concursos de traslados
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE DESTINOS DO CORPO DE MESTRES

Publicación da adxudicación provisional de destinos do persoal docente do corpo de mestres para o curso 2015/2016
 

Poderán consultar a adxudicación  no enderezo electrónico www.edu.xunta.es/cadp.

O prazo para as reclamacións e renuncias será desde o día 24 ao 29 de xullo ambos inclusive.

As reclamacións e renuncias poderanse efectuar no

    Fax: 881999241
    Correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

Estas reclamacións e renuncias poderanse presentar ademais pola vía ordinaria segundo o establecido nas bases da orde de convocatoria.

19/12/2014 - Concursos de traslados
RECURSO CXT

No día de hoxe deuse a coñecer a sentenza do TSXG sobre o concurso de traslados do ano pasado.

A sentenza deste organismo recoñece,  ó contrario que a sentenza previa, a legalidade das modificacións do baremo levadas a cabo pola consellería e deixa polo tanto as adxudicacións tal cal estaban.

Contra esta sentenza non cabe recurso posible (só de casación por interese  de lei por parte da administración pública ou unha actuación de oficio a cargo do ministerio fiscal).

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia