Actualidad y noticias

19/02/2018 - Táboas salariais
TÁBOAS SALARIAS PRIVADA NON CONCERTADA

Adxuntamos as táboas salariais correspondentes aos anos 2012 e 2013 (AÍNDA VIXENTES) do IX Convenio colectivo nacional de centros de ensino privado de réxime xeral ou ensino regrado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

Ler máis »
14/02/2018 - Táboas salariais
TÁBOAS SALARIAIS ENSINO NON REGRADO (ACADEMIAS)

Adxuntamos as táboas salarias vixentes. Aínda están por negociar as de 2018

Ler máis »
14/02/2018 - Táboas salariais
TÁBOAS SALARIAIS DISCAPACIDADE

Adxuntamos táboas salariais do XIV Convenio de Discapacidade aínda vixentes. O convenio está denunciado e aínda estamos pendentes da actualización das táboas.

Ler máis »
14/02/2018 - Táboas salariais
TÁBOAS SALARIAIS EDUCACIÓN INFANTIL

Adxuntamos salariais aínda vixentes para as escolas de xestión privada e de xestión indirecta. Está denunciado o convenio e aínda estamos pendentes da actualización das táboas.

Ler máis »
05/02/2018 - Táboas salariais
BASE COTIZACIÓN ESCOLAS INFANTÍS

A base de  cotización á seguridade social  determinada polo novo salario mínimo interprofesional é de 858,55 euros por xornada completa. No cadro especificamos cal é a base corrrespondente segundo o número de horas semanais.

Ler máis »
26/01/2018 - Táboas salariais
SALARIOS CONCERTADA, PAGO DELEGADO 2018

NÓS TEREMOS ESTE ANO OS MESMOS SALARIOS DE 2017, INCREMENTO 0%. O PRESIDENTE DA XUNTA SUBIUSE O SALARIO O 1% PASANDO DE 72.679,02€ A 73.406€, É DICIR 727,74€ MÁIS.

A verdade é que non é moito pero menos é 0€ que é o que nos soben a nós. Supoñemos que quen viaxa en coche oficial e vive en casa oficial e non paga nin gasolina nin hipoteca ten moitas máis dificultades ca nós para chegar a fin de mes, de aí a necesidade imperiosa dese incremento de 727€. Iso para nós non é nada, e se nolo soben somos capaces de gastalo en vicios. 

Ler máis »
11/01/2018 - Táboas salariais
Sobe o SMI e polo tanto tamén o salario de moitos traballadores

Exemplos:

Un auxiliar cun trienio gaña 681,72€, polo que lle faltan 54,18€ para chegar ao SMI que son 739,5. Así pois debe de cobrar un complemento por esa cantidade, 54,18€

 

O mesmo auxiliar se ten 4 trienios gaña 729,48, polo que só lle faltan 6,42€ para alcanzar os 739,5€ do SMI. Polo tanto, o complemento que debe percibir é só de 6,42€.

MIRADE AS TÁBOAS

Ler máis »
19/10/2017 - Táboas salariais
ENSINO CONCERTADO: NA NÓMINA DE OUTUBRO ABOARANSE OS ATRASOS

Os docentes en pago delegado percibirán os atrasos correspondentes ao incremento do 1% dun total de 8 mensualidades (xaneiro a xullo máis extra)
Para ver as cantidades que che corresponden pincha en "Ler máis".

Ler máis »
01/09/2017 - Táboas salariais
ENSINO CONCERTADO: ABOADO NA NÓMINA DE AGOSTO INCREMENTO 1%

No BOE do mércores 28 de xuño de 2017 publicase a LEI 3/2017 de 27 de xuño na que se incrementan os módulos de concertos  nun 1% polo goberno central; o goberno da nosa comunidade, segundo consta no anexo IV da LEI 3/2017 do 13 de xullo, aplicará ese incremento a todos os conceptos, polo que o noso salario quedará tal e como aparece na táboa.

Para máis información pincha en "Ler máis".

Ler máis »
31/08/2017 - Táboas salariais
CONCERTADA: TÁBOAS SALARIAIS 2017 PARA PAS E DOCENTES BACHARELATO SEN CONCERTAR

O 19 de xullo de 2017 asináronse as táboas salariais do VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.
É posible que algúns de vós xa estiverades a recibir estas novas retribucións en forma de “A conta convenio” Esta apostila debe desaparecer das vosas nóminas, que quedarán tal e como aparecen nas seguintes táboas. As empresas terán tres meses de prazo desde o momento no que este acordo sexa publicado no BOE para regularizar e aboar os atrasos correspondentes.

Se queredes ver as táboas pinchade en "LER MÁIS".

Ler máis »
29/05/2017 - Táboas salariais
TÁBOAS SALARIAS 2015/16 DE AUTOESCOLAS

Adxuntamos as táboas salariais 2015 e 2016 do convenio de Autoescolas.

 

Ler máis »
20/12/2016 - Táboas salariais
Salarios 2017 para traballadores en pago delegado de centros concertados.

O Sindicato Nacional de Ensino Privado (S.N.E.P.) da FeSP-UGT non pode valorar positivamente o Proxecto de Orzamentos de Galicia para o ano 2017 no tocante ás retribucións do persoal en pago delegado.
O 2 de xuño de 2016 a administración asinou coas organizacións sindicais UGT, CCOO e CSIF un acordo en virtude do cal a Xunta se comprometía a “ recuperar na Lei de orzamentos para 2017 as dúas pagas adicionais do complemento específico ou retribucións equivalentes”. O Sector de Ensino da FeSP-UGT, vía enmendas, conseguiu que tamén se incluíse ao persoal en pago delegado do ensino concertado. E isto si que se contempla nos orzamentos polo que recuperamos o salario de 2011 incrementado, polo menos, nun 1%, polo que o aumento respecto a 2016 é será de 107’87€, 113’53€ ou 124’29€ brutos segundo o nivel educativo.
Pero na xuntanza da CTEPC do 14 de outubro se nos indicou, ademais,  que se estaba a procurar introducir a partida necesaria para aboar as cantidades recortadas desde marzo ata decembro de 2013. Pois ben, non aparecen nestes orzamentos as partidas adicadas a esta cuestión. Lembramos que tampouco hai partidas orzamentarias para a restitución de anteriores recortes nin para o pago da PEA (o cal se especifica claramente), o que supón a continuación dunha aldraxe mantida no tempo e, á que, nalgún momento, teremos que dicir BASTA XA.

Ler máis »
13/09/2016 - Táboas salariais
Firmadas as táboas salariais para os anos 2014, 2015 e 2016 do VI Convenio perruquería, ensinanzas musicais, artes aplicadas e oficios artísticos

Onte, día 12 de setembro, as patronais CECE e ACADE e as organizacións sindicais FeSP-UGT, CCOO e USO asinamos as táboas salariais dos centros de perruquería e estética, de ensinanzas musicais e de artes aplicadas e oficios artísticos para os anos 2014, 2015 e 2016.
Os acordos alcanzados son:
Para o ano 2014, mantemento salarial, polo que en consecuencia as Táboas Salariais para 2014 quedan tal e como estaban no 2013. Para o ano 2015 a subida salarial é de un 0,5% e para o ano 2016 a subida salarial é de un 1%.

Ler máis »
15/02/2016 - Táboas salariais
Traballadores da concertada, comprobade a vosa nómina!

Como xa vos anunciamos en decembro, os módulos de concertos foron incrementados nun 1% e a Consellería XA aplicou este incremento na nómina de xaneiro. 

Comproba que percibiches a cantidade que che corresponde.

Ler máis »
15/12/2015 - Táboas salariais
Actualización de nóminas 2016 para os docentes en pago delegado do ensino concertado

Os módulos de concertos foron incrementados nun 1% polo goberno central e o goberno da nosa comunidade aplicará ese incremento, segundo consta no Proxecto de Orzamentos 2016, polo que o noso salario quedará tal e como aparece na táboa do documento que adxuntamos.

Ler máis »
11/11/2015 - Táboas salariais
A nómina de outubro dos docentes da concertada

No DOG de 5 de outubro publicouse a lei 11/2015 en virtude da cal se nos aboaría o 1’18% do salario base e antigüidade recortado pola aplicación da Lei Lei 5/2012 de 3 de agosto de adaptación ás disposicións básicas do RDL 20/2012 de 13 de xullo. 

Estaba previsto, segundo nos informou directamente un responsable da Consellería, que o aboamento desta cantidade se fixera coa última nómina do ano, pero a proximidade das eleccións xerais activou e reactivou dun xeito inusitado a aplicación desta medida, téndose xa aboado esta cantidade na nómina de outubro.

NO DOCUMENTO ADXUNTO EXPLICAMOS AS CANTIDADES QUE DEBERIAMOS TER PERCIBIDO NA NÓMINA DE OUTUBRO

Ler máis »
21/09/2015 - Táboas salariais
FETE-UGT asina as táboas salariais do XIV CCG de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

Hoxe asináronse as táboas salariais do XIV CCG de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade. Por parte patronal subscribíronas AEDIS E FEACEM e por parte sindical, FETE-UGT e CCOO.

Ler máis »
26/03/2015 - Táboas salariais
ABOAMENTO EXTRA NA NÓMINA DE MAIO PARA OS DOCENTES DA CONCERTADA

Xa vos anunciamos anteriormente que a Consellería dun xeito arbitrario e absurdo decidiu abaornos o 0’45% correspondente aos módulos de salarios e gastos variables de 2012.

- Para Infantil, Primaria, Educación Especial e 1º Ciclo de ESO supón 93’94€ en salario base e 2’24€ por trienio.
- Para 2º Ciclo da ESO, FP e FP Básica supón 110’32€ en salario base e  2’8€ por trienio.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia