Actualidad y noticias

19/02/2018 - Normativa e lexislación educativa
LOMCE

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Ler máis »
19/02/2018 - Normativa e lexislación educativa
FUSIÓN LOE-LOMCE

Adxuntamos un documento elaborado por FETE-UGT que presenta a fusión da LOE e a LOMCE (a LOMCE non deixa de ser unha modificación regresiva da LOE) na que se poden apreciar as "innovacións" e os fragmentos suprimidos.

Ler máis »
02/12/2015 - Normativa e lexislación educativa
CERTIFICADO DE ANTECEDENTES PENAIS, TRÁMITES E XESTIÓNS

A aprobación da “Lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia” (Lei 26/2015, de 28 de Xullo, BOE do 29 de xullo), afecta directamente ao ámbito educativo xa que nos centros docentes que imparten ensinanzas non universitarias están escolarizados alumnos menores de idade.

Polo tanto, terán a obrigación de acreditar o cumprimento do requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996 todas as persoas que pretendan exercer ou exerzan as profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores e, en todo caso, as seguintes:

a) Persoal docente. 

b) Persoal que preste servizos complementarios de transporte.

c) Persoal que preste servizos complementarios de asistencia no comedor.

d) Persoal que preste servizos que impliquen o coidado de menores nos centros docentes fóra do horario lectivo. 

e) Persoal que realice actividades extraescolares.

Ata que entre en funcionamento o Rexistro Central de delincuentes sexuais, todas as referencias ao mesmo entenderanse realizadas ao Rexistro Central de Penados. En consecuencia, a acreditación do cumprimento do requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996 realizarase mediante certificado do Rexistro Central de Penados. Se fosen de orixe estranxeira ou tivesen outra nacionalidade, ademais deberán aportar un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional.

Para cumprir coa lei, os centros teñen obrigación de pedir aos seus traballadores un certificado de penais de carácter xeral, ao non terse creado aínda o arquivo específico de delitos sexuais. O que deben garantir é o tratamento que se dará aos nosos certificados, tendo en conta a rigorosidade da Lei de Protección de Datos.

 

Ler máis »
02/12/2015 - Normativa e lexislación educativa
MODIFICADOS OS CRITERIOS COMÚNS DE ACREDITACIÓN DOS CENTROS E SERVIZOS DO SISTEMA PARA A AUTONOMÌA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA (SAAD) APROBADOS EN 2008

O acordo sobre criterios comúns de acreditación dos centros e servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia de 27 de novembro de 2008 (Resolución de 2 de decembro, BOE nº 303, 17 decembro 2008), refírese a centros como os de Atención Especializada, Residencias, Unidades de Día, Centros Especiais de Emprego, Centros específicos de Educación Especial…) do XIV Convenio Colectivo Xeneral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade e establece criterios sobre a cualificación dos profesionais destes centros.

Con esta modificación amplíase  o prazo para a cualificación profesional dos profesionais recollidos no acordo inicial ata o 31 de decembro de 2017.

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia