Actualidad y noticias

23/05/2018 - Comisións de Servizo
COMISIÓNS DE SERVIZO CONCILIA

Dende  hoxe 23 de maio e ata o 5 de xuño poderase solicitar unha Comisión de Servizos en atención de situacións de conciliación da vida familiar e laboral (“Concilia”).

Ler máis »
07/08/2017 - Comisións de Servizo
COMISIÓN SERVIZOS MESTRES PARA POSTOS ESCOLARLIZACIÓN ALUMNADO ATENCIÓN PREFERENTE

Publicada RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

PARA VER A RESOLUCIÓN PINCHA EN "LER MÁIS"

Ler máis »
07/08/2017 - Comisións de Servizo
PRAZAS SOMETIDAS A CONVENIO OU PROGRAMAS ESPECÍFICOS

Publicada ORDE do 24 de xullo de 2017 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

SE QUERES VER A ORDE PINCHA EN  "LER MÁIS"

Ler máis »
04/08/2017 - Comisións de Servizo
ACTUALIZACIÓN DA BOLSA DE SOLICITANTES DE PERMUTAS PARA PES, PT, EOI...

Actualización da Bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado dos corpos de PES, PT, EOI...

Pódense ver neste apartado os datos do profesorado que solicitou formar parte da Bolsa de Permutas proposta desde o Servizo de Profesorado de Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas especiais. (A información móstrase agrupada por disciplinas e con indicación da data na que se fai a actualización). Tamén se xunta outra información de interese relacionada con este tema.

A ACTUALIZACIÓN DOS DATOS FARASE CADA CERTO TEMPO EN FUNCIÓN DAS SOLICITUDES QUE HAXA E DAS POSIBILIDADES e poderanse ver desde a entrada correspondente ás permutas no menú. Polo tanto rógase a tódolos solicitantes que non envíen as peticións repetidas e que, no caso de obter destino definitivo desexado ou de non querer formar parte desta base por outra causa soliciten a baixa da mesma ao noso correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es para poder ofrecer a información o máis actualizada posible. No caso de querer facer algún cambio na solicitude tamén deben indicar que se trata dunha modificación.

Unha vez cuberto o modelo de solicitude, este debe imprimirse para poder gardar os datos escritos. A impresión pode facerse cunha impresora virtual que xerará un ficheiro en formato PDF. Esta impresora virtual pode descargarse no enderezo http://pdfcreator.es/

SE QUERES VER AS LISTAS PINCHA EN "LER MÁIS"

Ler máis »
02/08/2017 - Comisións de Servizo
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DESTINOS PROVISIONAIS CURSO 2017/18, MESTRES

Adxudicación definitiva de destinos provisionais para o próximo curso académico 2017/2018 do persoal do corpo de mestres.

A partir do día seguinte a publicación da adxudicación definitiva no portal educativo ábrese o prazo para solicitar os intercambios provisionais de prazas e recordámoslle que o modelo oficial de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), segundo o establecido na Orde do 17 de xuño de 2017 (DOG nº. 124, do 30 de xuño)

SE QUERES VER AS LISTAS PINCHA EN "LER MÁIS"

Ler máis »
01/08/2017 - Comisións de Servizo
RELACIÓN DEFINITIVA DE ASESORÍAS E PRAZAS DESERTAS DA REDE DE FORMACIÓN 2017

Publicada a Relación definitiva da asignación de asesorías e prazas desertas da rede de formación 2017.

SE QUERES CONSULTAR AS LISTAS PINCHA EN "LER MÁIS"

 

Ler máis »
01/08/2017 - Comisións de Servizo
PUBLICADA RESOLUCIÓN PROVISIONAL ADXUDICACIÓN DESTINOS PROVISIONAI SECUNDARIA

Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais  para o curso académico 2017/18, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concellería, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS E RENUNCIAS:

O prazo de reclamacións e renuncias comeza o día 1 de agosto de 2017 e remata o día 2 de setembro, ambos incluídos.
As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Dirección Xeral de Centros e  Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela , ademais de por vía ordinaria, por  correo electrónico a:   persoal.secundaria@edu.xunta.es

SE QUERES CONSULTAR AS LISTAS PINCHA EN "LER MÁIS"

Ler máis »
28/07/2017 - Comisións de Servizo
PUBLICADA RESOLUCIÓN PROVISIONAL ADXUDICACIÓN DESTINOS PROVISIONAIS MESTRES

Publicada a Resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2017/2018 do persoal docente do corpo de mestres

O prazo de reclamacións e renuncias será de tres días naturais, polo tanto remata o luns 31 de xullo e deberán enviarse, ademais de pola vía ordinaria, ao correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es.

Se queres consultar as listas pincha en "LER MÁIS".

Ler máis »
27/07/2017 - Comisións de Servizo
RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCILIA MESTRES

Orde do 9 de xuño de 2017 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes que imparte docencia en centros dependentes esta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e aboral (Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño de 2017, corrección de erros do 26 de xuño).

PINCHA EN "LERMÁIS"

Ler máis »
27/07/2017 - Comisións de Servizo
A ADXUDICACIÓN DO CAP DE MESTRES POSIBLEMENTE REMATARÁ MAÑÁ

A adxudicación do CADP de mestres poliblemente se publicará mañá e o luns remataría o prazo de reclamacións.
Hoxe publícase a resolución provisional de licenzas por Formación. A resolución definitiva non sairá ata setembro.

25/07/2017 - Comisións de Servizo
RETRASO NA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CADP MESTRES

A FeSP-UGT informa de que a Resolución Provisional do CADP do corpo de mestres retrasarase ata mañá por causa das emendas das concilia

21/07/2017 - Comisións de Servizo
CONCILIA: REVISIÓN DE SOLICITUDES

Despois da petición conxunta das OOSS FeSP-UGT, CCOO e ANPE na comisión de seguimento do acordo de interinos do día de hoxe, chégase ao acordo de permitir a revisión da solicitude de CONCILIA nos casos de exclusión por:

- non cumprir os requisitos da convocatoria

- non constar a instancia

A Administración achegará aos afectados un mail explicativo.

OLLO COS PRAZOS!

19/06/2017 - Comisións de Servizo
ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE CONCILIA 2017: Comisón por coidado de fillos

A partir de mañá hai un prazo de 15 días naturais para facer a solicitude.

Documentos acreditativos a acompañar na instancia:

- Libro de familia.

- Certificado de empadroamento.

- Declaración responsable de non convivir con outra persoa (no caso de núcleo familiar con un solo proxenitor)

Ler máis »
30/05/2017 - Comisións de Servizo
AS COMISIÓNS DE CONCILIA TARDARÁN ENTRE 15 E 20 DÍAS EN SAIR PUBLICADAS NO DOG

A nova orde que regulará a comisión por conciliación familiar tardará entre 15 e 20 días en sair publicada no DOG; xa que hai retrasos nas publicacións e a consellería está a facer modificacións na redación por solicitude de Igualdade e de Política Lingüística.

Estase a estudar a posibilidade de que as persoas en situación de violencia de xénero podan acollerse a estas comisións.

Ler máis »
12/04/2017 - Comisións de Servizo
COMISIÓN DE SERVIZOS

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2017/2018

O primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2017 ao 30 de abril de 2017, ambos inclusive.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21758

Ler máis »
09/05/2016 - Comisións de Servizo
Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2016)

Primeiro prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral: do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016

Ler máis »
09/05/2016 - Comisións de Servizo
Comisións de servizos por motivos de saúde (2016)

Segundo prazo de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde: do 10 de maio de 2016 ao 24 de maio de 2016

Ler máis »
22/06/2015 - Comisións de Servizo
CADP: ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS PARA PES,PT,EOI

ORDE do 9 de xuño de 2015 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2015/16, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Prazo para cubrir a instancia na web:  Para todo o profesorado desprazado e en expectativa de destino, profesorado en prácticas e pendente de nomeamento de funcionario de carreira, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Ler máis »
01/06/2015 - Comisións de Servizo
Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria...

Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2015/2016

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

PRAZO DE RECLAMACIÓN:

· O prazo de reclamacións comeza o día 1 de xuño de 2015 e remata o día 8 de xuño de 2015, ambos días incluídos

· As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U  da correspondente provincia segundo consta na referida Resolución.

 

Ler máis »
FETE-UGT Galicia - 2014
Páxinas web Galicia