Un traballador ou traballadora, polo motivo que sexa, pode decidir adiantar de forma voluntaria a súa idade de xubilación. Pero debe saber que para iso debe cumprir unhas determinadas condicións e que ademais verá recortada a súa pensión.
O límite máximo de percepción das pensións públicas, tanto das que se causen en 2018 como das que estivesen xa causadas ao 31 de decembro de 2017, ben se perciban soas ou en concorrencia con outras, será durante 2018: 2.580,13 euros mensuais, sen prexuízo das pagas extraordinarias que puidesen corresponder ao titular, cuxa contía está afectada, tamén, polo citado límite. 36.121,82 euros anuais.
Advertencia importante para as mulleres:
- As mulleres que tivesen ou adoptasen fillos non terían dereito baixo esta modalidade de xubilación ao complemento da pensión por maternidade.